La gazza ladra
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| La gazza ladra A pega ladroa |
|
|---|---|
Gioacchino Rossini |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Giovanni Gherardini |
| Fontes literarias | La pie voleuse (1815), obra de d'Aubigny e Caigniez. |
| Estrea | 31 de maio de 1817 |
| Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
| Lugar da estrea | Milán |
| Duración | 3 horas |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Localización da partitura | Archivio di Casa Ricordi, Milán |
| Personaxes | |
|
véxase Personaxes |
|
La gazza ladra (en galego A pega ladroa) é unha ópera semiseria en dous actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en italiano de Giovanni Gherardini e Louis-Charles Caigniez. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 31 de maio de 1817. A parte máis coñecida desta ópera é a súa obertura, na que destaca o uso de caixas.
Rossini foi famoso pola súa rapidez ao escribir, e La gazza ladra non foi unha excepción. Dise que o produtor tivo que pechar a Rossini nunha habitación o día anterior á estrea para que compuxera a obertura. Máis tarde, Rossini lanzou papeis a través dunha fiestra aos copistas, quen completaron as partes orquestrais.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, nas estatísticas de Operabase aparece con só 6 representacións no período 2005-2010.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 31 de maio de 1817 Director: Alessandro Rolla |
|---|---|---|
| Fabrizio Vingradito (rico hacendado) | baixo | Vincenzo Botticelli |
| Lucia (dona de Frabrizio) | mezzosoprano | Marietta Castiglioni |
| Ninetta (sirvienta de Frabrizio) | soprano | Teresa Belloc-Giorgi |
| Giannetto (soldado, fillo de Fabrizio) | tenor | Savino Monelli |
| Fernando Villabella (soldado, pai de Ninetta) | barítono | Filippo Galli |
| Gottardo (o alcalde) | baixo | Antonio Ambrosi |
| Pippo (criado de Fabrizio) | contralto | Teresa Gallianis |
| Giorgio (axudante de Gottardo) | baixo | Paolo Rosignoli |
| Isacco (un vendedor ambulante) | tenor | Francesco Biscottini |
| Antonio (un carceleiro) | tenor | Francesco Biscottini |
| Ernesto (soldado, amigo de Fernando) | baixo | Alessandro De Angeli |