Richard Strauss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Strauss.

Richard Strauss, nado en Múnic o 11 de xuño de 1864 e finado en Garmisch-Partenkirchen, Baviera, o 8 de setembro de 1949, foi un compositor alemán.

Fíxose moi famoso cando era mozo. Os seus poemas sinfónicos foron interpretados por orquestras de toda Europa. Despois de 1900 pasou a maior parte do tempo escribindo óperas. A súa ópera Der Rosenkavalier (O Cabaleiro da Rosa), escrita en 1910, é moi popular. Strauss foi o último gran compositor que escribiu nun estilo romántico. Gustáballe a música de Wagner, que foi unha gran influencia na súa obra, pero tamén lle gustaba Mozart e a súa obra tamén mostra a elegancia e a graza da música de Wolfgang Amadeus. Strauss foi un bo director de orquestra e moitas veces dirixiu a súa propia música.

Non está emparentado co austríaco Johann Strauss, famoso polos seus valses.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Strauss