La Bohème

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Bohème
A bohemia
Boheme-poster1.jpg
Cartel orixinal de 1896 La bohème por Adolf Hohenstein.
Forma Ópera
Actos e escenas 4 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Luigi Illica e Giuseppe Giacosa
Fontes literarias Henri Murger: Scènes de la vie de bohème (1845-49)
Estrea 1 de febreiro de 1896
Teatro da estrea Teatro Regio
Lugar da estrea Turín
Duración 1 horas 45 minutos
Música
Compositor Giacomo Puccini
Personaxes

Rodolfo (tenor lírico ou lírico-spinto)
Marcello (barítono)
Colline (baixo)
Benoît (baixo)
Mimí (soprano lírica)
Museta (soprano lixeira)
Schaunard (barítono baixo)
Alcindoro (baixo)
Estudantes, militares, nenos, vendedores, xente.[1]
Parpignol (tenor)[2]

La Bohème é a ópera que consagrou a Giacomo Puccini como gran compositor lírico. Reflicte as súas vivencias durante os anos de estudante no conservatorio de Milán, onde compartiu habitación con Pietro Mascagni. O libreto baséase na novela por entregas, Escenas da vida bohemia de Henry Murger, publicada no periódico O Corsario ó longo de cinco años (1845 - 1849). Os que axustaron a novela para face-lo libreto foron Luigi Illica e Giuseppe Giacosa.

Estreouse no Teatro Regio de Turín o 1 de febreiro de 1896.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Rodolfo, poeta, amante de Mimí (tenor)
  • Marcelo, pintor, amante de Musetta (barítono)
  • Shaunard, músico (barítono)
  • Colline, filósofo (baixo)
  • Mimi, modista, amante de Rodolfo (soprano)
  • Musetta, amante de Marcelo (soprano)
  • Alcindoro, vello protector de Musetta (baixo)
  • Benoît, caseiro dos bohemios (baixo)

Sinopse[editar | editar a fonte]

Acto I[editar | editar a fonte]

Noiteboa, na mansarda dos bohemios en París, Marcello pinta e o poeta Rodolfo lamenta non ter inspiración. Vai frío e, como non teñen leña, queiman os manuscritos do drama que está a escribir Rodolfo. Colline, el filósofo, entra aterecido e enfado por non dar empeñado uns libros para pagar a renda. Schaunard, o músico, chega con comida, viño e cartos que obtivo de coidar o papagaio dun cabaleiro inglés. Todos queren comer, pero Schaunard advirte que hai que gardar para o futuro, e só lles deixa o viño. Aparece o caseiro Benoît para cobrar a renda, os inquilinos camélano e conseguen que recoñeza que o viron nun antro; cando averiguan que está casado, os bohemios reaxen con finxida indignación moral e o caseiro marcha sen cobrar. Entusiasmados, deciden baixar á rúa para se divertiren; Rodolfo afirma que os seguirá despois. Daquela alguén bate na porta: é Mimí, a quen se lle apagou a candea na escaleira; Rodolfo recíbea con cortesía e, cando lle vai acender a candea, tamén apaga a del; Mimí descobre que perdeu a chave do seu cuarto e os dous póñense a buscala ás escuras; cando a atopa, Rodolfo gárdaa disimuladamente no peto e seguen na procura até as mans dos dous bateren, o que serve de pretexto para se presentaren e contaren a historia das súas respectivas vidas. Rodolfo canta Che gelida manina e Mimi resposta (Sì, mi chiamano Mimi). As declaracións de amor son interrompidas polas voces dos amigos que reclaman a Rodolfo desde a rúa; el, para que non entren, dilles que non está só, e eles entenden que está a traballar coa inspiración. Finalmente, Rodolfo propón a Mimí saíren xuntos á rúa, cantando o seu amor no dúo "O soave fanciulla".

Acto II[editar | editar a fonte]

As rúas do Barrio Latino están cheas de xente e vendedores ambulantes. Os catro amigos e Mimí sentan no café Momus para cear. Daquela aparece Musetta, antiga amante do pintor Marcello, acompañada do seu amante, o decrépito Alcindoro; entre burlas e celos, Musetta consegue acordar outra vez o amor de Marcello cantando a sensual (Quando m'en vò); tras finxir que un zapato lle manca o pé para que Alcindoro lle vaia á procura doutro par, Musetta aproveita para se reunir co seu amado Marcello e pasar a conta da consumición dos bohemios a quen con ela estaba. A multitude mobilízase para ver o desfile militar, ocasión que aproveitan Marcello e Colline para levaren a Mussetta en bolandas e fuxiren entre os risos cómplices dos asistentes. Cando xa marcharon, chega Alcindoro cos zapatos e ten que pagar a conta.

Acto III[editar | editar a fonte]

A alfándega de Enfer baixo a neve, pola que entran na cidade varrendeiros e mulleres para o mercado. Mimí, a tusir e visiblemente enferma, saca dunha fonda a Marcello para pedirlle axuda (O buon Marcello, aiuto!) e contarlle que Rodolfo marchou da casa a véspera; Marcello resposta que Rodolfo está na fonda a durmir. Rodolfo, acorda e sae fóra á procura de Marcello, sen ver a Mimí, que se deu agachado a tempo. Rodolfo explica a Marcello os motivos polos que abandonou a Mimí: empeza pretextando que por ser moi compracente con outros homes, pero a seguir confesa que ela está gravemente enferma, e que nas condicións en que viven non durará moito tempo; a dor de vela doente (Mimí e tanto malata!) e o remorso por non lle poder ofrecer unha vida mellor levárono a finxir que non a amaba para que ela o esquecese e buscase un home mellor. Marcello, sabedor de que Mimí está á escoita, tenta facer que Rodolfo cale, pero Mimí xa o escoitou todo cando dá en tusir, delatándose. Marcello déixaos para ir tras de Musetta, coa que discute por celos, e Mimí e Rodolfo acaban declarándose novamente o seu amor e acordando seguiren xuntos o resto do inverno, até abril, cando cheguen as flores e os días de sol.

Acto IV[editar | editar a fonte]

Novamente na mansarda, Marcello e Rodolfo traballan e lamentan a perda das súas respectivas namoradas (o dúo: O Mimì!, Tu più non torni! ); entran Schaunard e Colline cunha codia de pan e un arenque, e os catro parodian unha cea elegante, cantando e bailando. Entra Musetta sobrecollida, anunciando a Mimí que, desfalecida, apenas dá subido as escaleiras; todos a axudan, e Rodolfo, desesperado, acomoda a enferma nun leito. Preocupados, Musetta e Marcello saen para vender as xoias dela e traer o médico e medicinas; Colline e Schaunard van vender o abrigo do primeiro, que se despide del (Vecchia zimarra, senti). Unha vez só, Rodolfo e Mimí lembran os seus días de felicidade no dúo Sono andati?. Regresan todos e rodean a moribunda, que gradece a Musetta o manguito para quentar as mans; Musetta reza, e Mimí, en que os outros o perciban inmediantamente, morre. O último en decatarse será Rodolfo, que cando o comprende, berra desesperado: "Mimí...! Mimí...!".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1. 
  2. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: