Il viaggio a Reims
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Il viaggio a Reims A viaxe a Reims |
|
|---|---|
Carlos X de Francia por François Gérard. |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Luigi Balocchi: Il viaggio a Reims ossia L’albergo del Giulio d’oro |
| Fontes literarias | Baseado en parte en Corinne, ou L'Italie por madame de Staël |
| Estrea | 19 de xuño de 1825 |
| Teatro da estrea | Théâtre-Italien |
| Lugar da estrea | París |
| Duración | 2 horas 15 minutos |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Personaxes | |
|
Véxase personaxes |
|
Il viaggio a Reims é unha ópera en dous actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en italiano de Luigi Balocchi, baseado en parte en Corinne, ou L'Italie de Madame de Staël. O seu título completo é Il viaggio a Reims, ossia L'albergo del giglio d'oro (ou en galego, A viaxe a Reims, ou o Hotel da flor de lis de ouro). Foi estreada no Va ser estreada no Théâtre-Italien de París, o 19 de xuño de 1825 con Giuditta Pasta como Corinna e as mellores voces da época, foi a última ópera de Rossini en italiano (tódalas súas obras posteriores foron en francés) e estreouse co título Le voyage à Reims, ou l'Hôtel du Lys-d'Or.
Foi escrita para a celebración da coroación do rei Carlos X de Francia en 1825, a obra foi aclamada polos críticos como unha das mellores composicións de Rossini. É unha ópera esixente, con 14 solistas (tres sopranos, unha contralto, dous tenores, catro barítonos, e catro baixos), e é por eso polo que non se representa con frecuencia.
Il viaggio a Reims non ten opertura.[1] O que se chama obertura, deriva dun conxunto de danzas en Le siège de Corinthe (1826), unha das que Rossini reformara a partir das danzas no final de Il viaggio a Reims,[2] é unha invención do século XX ou una atribución errónea. En 1938 publicouse en Milán, nunha revisión de Giuseppe Piccioli,[3] que foi estreada no Teatro alla Scala o 5 de novembro de 1938, dirixida por Richard Strauss.[1] Máis tarde foi gravada repetidamente como a suposta obertura de Il viaggio a Reims, ata que finalmente a partitura orixinal da ópera se puido reconstruír.
O compositor máis tarde reutilizou unha boa parte da música para Le comte Ory.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto o 19 de xuño de 1825 Director: Gioacchino Rossini |
|---|---|---|
| Corinna (poetisa) | soprano | Giuditta Pasta |
| Melibea (marquesa polonesa) | mezzosoprano | Adelaide Schiassetti |
| Condesa de Folleville (aristócrata viúva) | soprano | Laure Cinti-Damoreau |
| Sra Cortese (propietaria do balneario) | soprano | Ester Mombelli |
| Belfiore (oficial do exército francés) | tenor | Domenico Donzelli |
| Conde de Libenskof (aristócrata ruso) | tenor | Marco Bordogni |
| Barón Trombonok (aristócrata alemán) | baixo | Vincenzo Graziani |
| Sydney (enamorado de Corinna) | baixo | Carlo Zucchelli |
| Don Profundo (anticuario italiano) | baixo | Felice Pellegrini |
| Don Álvaro (namorado de Melibea) | baixo | Nicolas Levasseur |
| Don Prudencio (médico del balneario) | baixo | Luigi Profeti |
| Don Luigino (curmán de Folleville) | barítono | Piero Scudo |
| Delia (amiga de Corinna) | soprano | María Amigo |
| Maddalena (ama de chaves do balneario) | mezzosoprano | Caterina Rossi |
| Modestina (doncela de Folleville) | mezzosoprano | Marietta Dotti |
| Zeferino (un carteiro) | tenor | Giovanola |
| Antonio (criado do balneario) | barítono | Auletta |
| Gelsomino (camareiro do balneario) | tenor | Trévaux |
| Empregados do balneario, turistas, etc. | ||
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Roberto Maietta, Per un catalogo del “Fondo Giuseppe Piccioli”: inquadramento delle opere e catalogo delle edizioni, tese para o grao trienal en musicoloxía, Universidade de Cremona, Faculdade de Musicoloxía, ano académico 2009-2010: Catalogo delle opere edite del “Fondo Giuseppe Piccioli”, p. 22, nota 5 (publicada na Biblioteca online da Facultade de Musicoloxía da Universidade de Pavía). A fonte declarada de Maietta é o prefacio (Prefazione) á edición crítica da ópera, editada por Janet J. Johnson: Il viaggio a Reims, ossia, L'albergo del Giglio d'oro, dramma giocoso in un atto di Luigi Balocchi, musica di Gioachino Rossini, Pesaro, Fondazione Rossini, 1999, I, p. xxxv
- ↑ Janet Johnson: A Lost Masterpiece Recovered, p.37-38 de las notas a la gravación de 1984 DG.
- ↑ Il viaggio a Reims. Sinfonia / Gioacchino Rossini, revisione di Giuseppe Piccioli — Partitura — Milan: Carisch, 1938