Mosè in Egitto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosè in Egitto
Moisés en Exipto
Forma Azione sacro-tragica
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Andrea Leone Tottola
Fontes literarias Francesco Ringhieri: L’Osiride (1747)
Estrea 5 de marzo de 1818
Teatro da estrea Teatro San Carlo
Lugar da estrea Nápoles
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Perdida
Personaxes

Faraone (baixo)
Amaltea (soprano)
Osiride (tenor)
Elcia (soprano)
Mambre (tenor)
Mosè (baixo)
Aronne (tenor)
Amenofi (mezzosoprano)

Mosè in Egitto (en galego, Moisés en Exipto) é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola, baseado nunha obra de Francesco Ringhieri, L'Osiride, de 1760.[1] Foi estreada o 5 de marzo de 1818 no recentemente reconstruído Teatro San Carlo de Nápoles.

Mosè in Egitto é considerada unha azione tragico-sacra, o drama sagrado con algúns trazos do oratorio permitiu eludir proscripcións de interpretacións dramáticas seculares durante a Coresma. Rossini revisou a ópera para Nápoles en 1819, cando introduciu a aria de oración de Moisés "Dal tuo stellato soglio", que se converteu nunha das pezas de ópera máis populares da época, inspirou unha serie de variacións para violín e piano a Niccolò Paganini, e sobrevive en forma de concerto. Rossini ampliou a obra en 1827, desta vez cun libreto en francés: Moïse et Pharaon, ou Le passage de la Mer Rouge (en galego Moisés e o Faraón, ou O cruce do Mar Vermello), en catro actos e cun ballet, que foi estreada en París o 26 de marzo dese mesmo ano.

Esta ópera rara vez é representada na actualidade, nas estatísticas de Operabase aparece con só 5 representacións no período 2005-2010.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 5 de marzo de 1818
(Director: -)
Faraón (rei de Exipto) baixo Raniero Remorini
Amaltea (súa dona) soprano Frederike Funck
Osiride (seu fillo, herdeiro ao trono) tenor Andrea Nozzari
Elcia (hebrea, a súa consorte segreda) soprano Isabella Colbran
Mambre (un sacerdote) tenor Gaetano Chizzola
Mosè baixo Michele Benedetti
Aronne tenor Giuseppe Ciccimarra
Amenofi (súa filla, irmá de Moisés) mezzosoprano Maria Manzi

Argumento[editar | editar a fonte]

Acto I[editar | editar a fonte]

Escenario da obra orixinal de 1827.

Exipto se envolve na súa penúltima praga: as tebras. O Faraón decide chamar a Moisés para poñer fin ao castigo. Deus fai que a luz volva a Exipto a través da vara de Moisés. Mentres tanto, Osiride expresa o seu pesar pola partida dos xudeus, entre eles a súa amada Elcia. Polo ordena a Mamre que revela ao povo exipcio contra o Faraón.

De feito, a xente reúnese no pazo para esixir que se revogue a licenza aos hebreos. Osiride dixo que a súa saída se cancelaba e calquera intento de escape sería afogado en sangue. Daquela Moisés, enfadado envía a choiva, a saraiba e os raios (a sétima praga foi posta aquí só para dar un efecto teatral ao final do acto).

Acto II[editar | editar a fonte]

O Faraón anuncia a súa decisión de deixar ceives aos xudeus, e dille a seu fillo que a princesa de Armenia está disposta a casar con el. Osiride prefire fuxir con Elcia. Aaron, sen embargo, os ve e de inmediato advirte a Moisés e á nai de Osiride, Amaltea, que se preocupa polos xudeus. Os dous mozos dubidan, mais cren que la decisión é a correcta.

Nese momento chega o Faraón, dicindo que, a causa do ataque dos madianitas e os filisteos, a saída se retrasa. Moisés, enfadado, ameaza coa morte de tódolos primoxénitos de Exipto, e é arrestado. Daquela Elcia revela o seu amor con Osiride, e pide ao Príncipe liberar ao seu pobo, e converterse en rei. Osiride négase a matar a Moisés, mais é alcanzado por un raio e morre.

Acto III[editar | editar a fonte]

Os xudeus están orando á beira do Mar Vermello. Chega a noticia de que o exército do Faraón se acerca. Moisés tranquiliza a todos, e ​​se abre unha fenda na auga. O Faraón vén, e ao seu paso, o mar volve pecharse de repente, acabando co exército.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini prevé a utilización de:

Da suonare sul palco:

Estrutura[editar | editar a fonte]

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione Ah, chi ne aita? (Osiride, Faraone, Amaltea)
  • 2 Scena e quintetto 'Eterno! Immenso! Incomprensibil Dio! (Mosè, Faraone, Amaltea, Osiride, Aronne)
  • 3 Duetto Ah, se puoi così lasciarmi (Osiride, Elcìa)
  • 4 Aria A rispettarmi apprenda (Faraone)
  • 5 Inno con cori All'etra, al ciel (Aronne, Amenofi)
  • 6 Duetto Tutto mi ride intorno! (Elcìa, Amenofi)
  • 7 Finale Che narri? (Mosè, Osiride, Mambre, Aronne, Amaltea, Elcìa, Amenofi, Faraone, Coro)

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 8 Duetto Parlar, spiegar non posso (Osiride, Faraone)
  • 9 Aria con coro La pace mia smarrita (Amaltea, Coro)
  • 10 Duetto Dove mi guidi? (Elcìa, Osiride)
  • 11 Quartetto Mi manca la voce (Amaltea, Osiride, Aronne, Elcìa)
  • 12 Aria Tu di ceppi (Mosè)
  • 13 Coro Se a mitigar tue cure
  • 14 Finale Porgi la destra amata (Elcìa, Osiride, Mosè, Aronne, Farone, Amenofi)

Acto III[editar | editar a fonte]

  • 15 Preghiera Dal tuo stellato soglio (Mosè, Amenofi, Aronne, Elcìa)
  • 16 Coro finale

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ringhieri

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: