Pagliacci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pagliacci
Pallasos
Pagliacci Original Score Cover.jpg
Portada da primeira edición de Pagliacci publicada por E. Sonzogno (Milán, 1892).
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista O compositor
Estrea 21 de maio de 1892
Teatro da estrea Teatro dal Verme
Lugar da estrea Milán
Duración 1 hora 15 minutos
Música
Compositor Gaetano Donizetti
Personaxes

Canio (tenor dramático)
Tonio (barítono)
Peppe (tenor lixeiro)
Nedda (soprano lírico-spinto)
Silvio (barítono lírico)
Campesiños[1]

Pagliacci (en galego, Pallasos) é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Ruggero Leoncavallo e libreto en italiano do propio compositor. A ópera relata a traxedia dun marido celoso nunha troupe da Commedia dell'arte. O seu nome é presentado, ás veces, de xeito incorreco como I Pagliacci. Foi estreada no Teatro dal Verme de Milán o 21 de maio de 1892 baixo a batuta de Arturo Toscanini.

Esta ópera, debido á súa curta duración, é representada e gravada xeralmente xunto con Cavalleria rusticana de Mascagni. Estas dúas óperas teñen en común que se centran na morte por celos amorosos. O prólogo de Pagliacci constitúe un verdadeiro manifesto do verismo musical, que pretendía converter á ópera nun abrupto "fragmento de vida" extraído da realidade social máis dura en contraposición aos excesos dos románticos. Este movemento, que procedía directamente do verismo literario italiano inspirado polo naturalismo francés de Émile Zola, afectou tamén á linguaxe musical, cunha continuidade narrativa asegurada pola orquestra e pola abolición das estruturas pechadas da ópera do decimonónica.

Pagliacci mostra o tráxico desenlace dun conflito amoroso. A acción -inspirada nun feito real que tivo que xulgar, como maxistrado, o pai de Leoncavallo- sitúase entre uns cómicos ambulantes que actúan nunha vila en Calabria, o día da Asunción da Virxe.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Personaxe na Commedia Tesitura Reparto na estrea, 21 de maio de 1892
(Director: Arturo Toscanini)
Canio, xefe da troupe Pagliaccio tenor Fiorello Giraud
Nedda, dona de Canio e namorada de Silvio Colombina, dona de Pagliaccio, namorada de Arlecchino soprano Adelina Stehle
Tonio, o bobo Taddeo barítono Victor Maurel
Beppe, actor Arlecchino, amante de Colombina tenor
Silvio, amante de Nedda barítono Mario Ancona
Coro de habitantes da vila

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "84-206-0284-1". El libro de la ópera (2.ª ed.). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: