La vida breve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La vida breve
A vida breve
GRX AlbaicinR 7667.JPG
O Albaicín (Granada), escenario da ópera.
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos e 4 cadros
Idioma orixinal do libreto Castelán (estreada en francés)
Libretista Carlos Fernández Shaw
Fontes literarias Baseado nun poema de Fernández Shaw
Estrea 1 de abril de 1913
Teatro da estrea Casino Municipal
Lugar da estrea Niza
Duración 64 minutos
Música
Compositor Manuel de Falla
Personaxes

Salud (soprano lírico-spinto)
Paco (tenor lírico)
A Avoa de Salud (mezzosoprano)
Sarvaor (baixo)
Carmela (mezzosoprano)
Manuel (tenor)
Un cantaor (barítono)
Vendedores, ferreiros, convidados, bailaríns[1]

La vida breve (en galego A vida breve) é unha ópera en dous actos de Manuel de Falla con libreto en castelán de Carlos Fernández Shaw. Foi estreada en francés (sobre unha adaptación de Paul Milliet) o 1 de abril de 1913 no Casino Municipal de Niza. O libretista, un prolífico autor de libretos de zarzuela, deulle a Falla un texto tipicamente andaluz e dramaticamente feble, sobre o cal Falla compuxo unha música na que se fai patente certa influencia del verismo e da estética típica da zarzuela castiza, mais cunha técnica orquestral e un brillo que fixeron desta obra a ópera en castelán máis representada.

Trátase dunha ópera breve, na cal os acontecementos dramáticos se precipitan rapidamente e onde o elemento popular, en forma de danzas e coplas, serve para dar un meirande contido musical, non aportando nada dende o punto de vista dramático - máis ben entorpecendo a acción. Porén, é xustamente nas danzas e nos elementos populares, onde se encontra o mellor da música. Só unha dirección escénica intelixente e imaxinativa pode salvar a La vida breve como peza teatral, dada a dificultade de narrar axeitadamente os acontecementos sen caer na confusión ou o tópico, nunha obra que segundo Federico Sopeña "a penas montada como ópera-ballet resiste".[2]

Os fragmentos máis célebres da ópera son as dúas danzas sinfónicas, que decotío se interpretan como pezas de concerto.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Rexistro Reparto na estrea, 1 de abril, 1913
(Director: Jacques Miranne)
Salud, xitana amante de Paco soprano Lillian Grenville
Paco, señorito tenor David Devriès
Salvador, tío de Salud baixo Édouard Cotreuil
A avoa de Salud mezzosoprano Renée Fanty
Carmela, moza de Paco mezzosoprano Mlle Gerday
Manuel, irmán de Carmela barítono Termany
Un cantaor barítono
Primeira vendedora contralto Daurelly
Segunda vendedora mezzosoprano A Bernard
vendedor baixo
Voz da fragua tenor Rouziery

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
  2. Federico Sopeña. Historia de la Música Española Contemporánea. Ediciones Rialp, 1976. ISBN 84-321-1873-7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía xeral[editar | editar a fonte]