Enrico Caruso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrico Caruso
Enrico Caruso(détail).jpg
Enrico Caruso.
Nome completo Errico Caruso (en napolitano)
Naceu 25 de febreiro de 1873
Orixe Nápoles, Italia
Morreu 2 de agosto de 1921 en Nápoles, Italia
Ocupación (s) cantante
Xénero ópera
Tempo en activo 1895-1920

Enrico Caruso, nado en Nápoles o 25 de febreiro de 1873 e finado o 2 de agosto de 1921, foi un tenor italiano, un dos máis famosos do mundo na historia da ópera.

Caruso foi tamén o cantante máis popular en calquera xénero durante o primeiros vinte anos do século XX e un dos pioneiros da música gravada.[Cómpre referencia] Cantou en moitas das salas de ópera máis importantes do mundo, incluíndo o Teatro San Carlo de Nápoles, La Scala de Milán, o Teatro Colón de Buenos Aires e o Covent Garden de Londres, aínda que é máis coñecido por ser o primeiro tenor do Metropolitan Opera en Nova York durante dezasete anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Enrico Caruso

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]