Castelo de Fontainebleau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°24′08″N 02°42′02″E / 48.40222°N 2.70056°E / 48.40222; 2.70056

Castelo de Fontainebleau, Francia: vista da fachada, a partir dos xardins.

O Royal Château de Fontainebleau é un dos maiores Châteaux Reais franceses. Está localizado na cidade de Fontainebleau, departamento de Seine-et-Marne, no norte de Francia.

O palacio reflicte, actualmente, o traballo de varios monarcas franceses, construído a partir dunha estrutura inicial de Francisco I. O edificio esténdese arredor dunha serie de patios.

A cidade de Fontainebleau creceu ao redor do que restaba do Bosque de Fontainebleau, un antigo parque de caza real.

Este pazo introduciu en Francia o Maneirismo italiano, tanto na decoración de interiores como nos xardíns, e transformouno ao facer a tralación a Francia. O Maneirismo francés na decoración de interiores do século XVI coñécese como "Estilo Fontainebleau": este combina escultura, traballos en metal, pintura, estuco e traballos en madeira. Exteriormente introduciu o parterre de xardín. O Estilo Fontainebleau combinou pinturas alegóricas en traballos de rebocador moldeados, onde o encadramento era tratado como se fose coiro ou papel, cortado enrolado en pergamiños con arabescos e grotescos.

Parte esquerda do Patio de Honra

Os ideais da beleza feminina en Fontainbleau son Maneiristas: unha pequena e graciosa cabeza nun pescozo longo, exaxeradamente longos torso e brazos, peitos pequenos e altos — case un regreso ás belezas do gótico tardío. Os novos traballos en Fontainebleau foron feitos en refinados e detallados gravados que circularon entre coñecedores e artistas.

A través dos gravados feitos pola "Escola de Fontainebleau", este novo estilo foi transmitido a outros centros do norte de Europa, especialmente Anveres, Alemaña e, máis tarde, tamén Londres.

Historia[editar | editar a fonte]

Interior
Vestiario da Raíña María Antonieta
Salon van de vaas.jpg

O vello castelo que se erguía neste lugar xa se usaba ao final do século XII polo Rei Luis VII, para quen Thomas Becket consagrou a capela. Fontainebleau foi unha das residencias favoritas de Filipe II e de Luís IX. O creador do actual edificio foi Francisco I, para quen o arquitecto Gilles le Breton erixiu a maior parte das construcións do Cour Ovale (Cortiña Oval), incluíndo a Porte Dorée, a súa entrada Sur. Este rei tamén convidou para Francia, Sebastiano Serlio e Leonardo da Vinci. A Galería de Francisco I, cos seus afrescos feitos en estuque por Rosso Fiorentino, foi construída entre 1522 e 1540, sendo a primeira gran galería decorada en ser construída en Francia. De un modo xeral, Fontainebleau introduciu o Renacemento en Francia. A Salle des Fêtes, no reinado de Henrique II, decorouse polos pintores Maneiristas italianos, Francesco Primaticcio e Niccollo dell Abbate. A "Ninfa de Fontainebleau", de Benvenuto Cellini, encomendada para o palacio, está no Louvre.

Fontainebleau visto desde o lago

Foi levada a cabo outra campaña de extensas construcións por Henrique II e Catarina de Médici, que contrataron os arquitectos Philibert Delorme e Jean Bullant.

Ao Fontainebleau de Francisco I e Henrique II, Henrique IV engadiulle o patio que leva o seu nome, e aínda o Cour des Princes, coa adxacente Galerie de Diane de Poitiers e a Galeríe des Cerfs, usada como biblioteca. Nestes proxectos adicionais desenvolveuse unha "segunda escola de decoradores de Fontainebleau", menos ambiciosa e orixinal que a primeira. Henrique IV perforou o bosque cun canal de 1200 m. (onde se pode pescar actualmente) e ordenou a plantación de piñeiros, olmos e árbores de froita. O seu xardineiro, Claude Mollet, entrenado no Château d'Anet, executou parterres. Tres séculos despois o palacio entrou en decadencia; durante a Revolución Francesa moito do mobiliario orixinal foi vendido, no decurso das vendas revolucionarias do contido de todos os palacios Reais, concibidas como unha forma de conseguir diñeiro para a nación e asegurar que os Borbóns non poderían volver aos seus confortos. Porén, unha década despois, o Emperador Napoleón Bonaparte, comezou a transformar o Château de Fontainebleau nun símbolo da súa grandeza, como unha alternativa ao baleiro Palacio de Versailles, coas súas connotacións Borbónicas. En Fontainebleau, [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] asinou a súa abdicación, co Tratado de Fontainebleau, despediuse da súa Vella Garda e foi para o exilio, en 1814. Con modificacións á estrutura do palacio, incluíndo a entrada de cantaría suficientemente larga para a súa carruaxe, Napoleón axudou a facer do palacio o lugar que os visitantes coñecen actualmente. Fontainebleau foi o escenario da Corte do Segundo Imperio, do seu sobriño Napoleón III.

Xardíns

Filipe IV, Henrique III e Luís XIII naceron neste palacio, e o primeiro destes reis tamén morreu aquí. Cristina da Suecia viviu en Fontainebleau durante varios anos, despois da súa abdicación en 1654. O 1685 Fontainebleau asistiu á sinatura do Edito de fontainebleau, quen revogou o Edito de Nantes (1598). Os hóspedes reais dos Reis Borbón instaláronse en Fontainebleau: Pedro I da Rusia e Cristiano VII da Dinamarca, e tamén, na época de Napoleón, o Papa Pio VII — en 1804 cando veu consagrar Napoleón como Emperador, e entre 1812 e 1814, cando foi o seu prisioneiro.

Actualmente, parte do palacio alberga as "Écoles d'Art Américaines", unha escola de arte, arquitectura e música para estudantes dos E.U.A.. Preservado nos campos está o jeu de paume (pista de tennis real) de Henrique IV. É a maior pista de tenis deste xénero no mundo, e unha das poucas de propiedade pública.[1]

O 1981, o Château de Fontainebleau foi cualificado como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo de Fontainebleau