Madama Butterfly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madama Butterfly
Hohenstein Madama Butterfly.jpg
Litografía de Adolf Hohenstein (1904).
Forma Traxedia xaponesa
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista G. Giacosa e L. Illica
Fontes literarias Madame Butterfly (1898), conto de J. L. Long que foi dramatizado por David Belasco, e Madame Chrysanthème (1887), novela de Pierre Loti.
Estrea 17 de febreiro de 1904
Teatro da estrea Teatro alla Scala
Lugar da estrea Milán
Duración 2 horas
Música
Compositor Giacomo Puccini
coro Participación destacable[1]
Personaxes

B. F. Pinkerton (tenor lírico-spinto)
Sharpless (barítono)
Cio-Cio-San (soprano lírico-spinto)
Suzuki (mezzosoprano)
Goro (tenor lixeiro)
Representante do imperio nipón (baixo)
O notario (barítono)
O bonzo (baixo)
O príncipe Yamadori (tenor lixeiro)
Mrs. Kate Pinkerton (mezzosoprano)
Amigos e parientes de Cio-Cio-San, criados[2]

Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini co libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti. Segundo un estudioso, a ópera baseouse en acontecementos que realmente ocorreron en Nagasaki a principios da década de 1890.[3] Captado pola intensidade da historia, Puccini decidiu orientar a súa inspiración á figura da infeliza geisha. Traballou intensamente, ata facer desta ópera unha obra mestra que lle pertencía íntimamente, como el mesmo recoñeceu.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea
17 de febreiro de 1904
(Director:
Cleofonte Campanini)[4]
Reparto de Brescia
28 de maio de 1904
(Director:
Cleofonte Campanini)[4]
Cio-Cio San (Madama Butterfly) soprano Rosina Storchio Solomiya Krushelnytska
Suzuki, súa doncella mezzosoprano Giuseppina Giaconia Giovanna Lucacevska
B. F. Pinkerton, tenente da mariña dos EE.UU. tenor Giovanni Zenatello Giovanni Zenatello
Sharpless, cónsul estadounidense en Nagasaki barítono Giuseppe De Luca Virgilio Bellatti
Goro, un casamentero tenor Gaetano Pini-Corsi Gaetano Pini-Corsi
Príncipe Yamadori tenor[5] Emilio Venturini
O Bonzo, tío de Cio-Cio San baixo Paolo Wulmann[6]
Yakuside, tío de Cio-Cio San baixo Antonio Volpini[6]
O comisionado imperial baixo Viale
O rexistrador oficial baixo Gennari
Nai de Cio-Cio San mezzosoprano Tina Alasia
A tía soprano Ghissoni
A curmá soprano Palmira Maggi
Kate Pinkerton mezzosoprano Manfredi
Dolore ("Dolor"), fillo de Cio-Cio San papel mudo
Parientes, amigos e servintes de Cio-Cio San

Argumento[editar | editar a fonte]

Acto primeiro[editar | editar a fonte]

En 1904, un oficial da Mariña dos EUA, Pinkerton, aluga unha casa nun outeiro en Nagasaki, no Xapón para el e a súa futura muller de 15 anos, "Butterfly" aínda que o seu verdadeiro nome é Ciocio-san, (Cio-Cio, pronunciado "chocho" remítese á palabra xaponesa para "bolboreta" é chocho 蝶 蝶). Para el, o casamento é de conveniencia, xa que ten a intención de deixala tan pronto atope unha boa esposa estadounidense, xa que as leis do divorcio xaponeses son moi frouxas. O casamento terá lugar na casa e Butterfly ten tantas ganas de casar cun americano que xa antes se convertera ó cristianismo. Tras a cerimonia de matrimonio, o tío dela que non fora convidado, un Bonzo, que descubriu a súa conversión, vén para a casa, amaldizóaa e ordena saír a todos os invitados, cousa que fan mentres renuncian a ela. Pinkerton e Butterfly cantar un dueto de amor e prepararse para pasar a súa primeira noite xuntos.

Acto segundo[editar | editar a fonte]

Tres anos máis tarde, Butterfly aínda está esperando a que volva Pinkerton, pois el deixáraa pouco despois da voda. A súa criada Suzuki está intentando convencela de que el non vai volver, pero ela non lle fai caso. Goro, o alcaiote que arranxou o seu matrimonio, segue tratando casa-la de novo, pero ela tampouco o escoita. O cónsul americano, Sharpless, vén para a casa cunha carta que recibiu de Pinkerton en que lle pide que lle dea a nova a Butterfly de que vai regresar a Xapón, pero non pode rematar de falar porque Butterfly se pon moi contenta ao saber que Pinkerton está de volta. Sharpless pregúntalle a Butterfly que faría se Pinkerton non volvese, ante o cal ela descobre que deu a luz ao fillo de Pinkerton despois de deixala e pídele a Sharpless que llo diga.

Dende a casa do outeiro, Butterfly ve chegar o barco de Pinkerton ao porto. Ela e Suzuki prepáran a súa chegada e despois agardan por el. Suzuki e o neno quedan durmidas, pero Butterfly queda esperta toda a noite na súa espera.

Acto terceiro[editar | editar a fonte]

Suzuki esperta pola mañá e Butterfly finalmente adormece. Sharpless e Pinkerton chegan á casa xunto coa nova esposa americana de Pinkerton, Kate, e viñeron porque Kate aceptou criar o fillo de Butterfly. Pero cando Pinkerton ve como Butterfly decorou a casa para o seu retorno, entende que cometeu un gran erro. Admite que é un cobarde e que non pode afrontala, deixándolles a Suzuki, Sharpless e Kate a tarefa de darlle a noticia a Butterfly. Aceptando en renunciar ó seu fillo se Pinkerton ven vela, rézalles despois ás estatuas dos seus deuses ancestrais, dille adeus ao seu fillo, véndalle os ollos, coloca unha pequena bandeira americana nas súas mans e ocúltase detrás dunha pantalla, cortando a súa propia gorxa co coitelo de haraquiri de seu pai. Pinkerton corre dentro pero xa é tarde.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Puccini require o uso de:

Música en escena:

Ter en conta que a campá no escenario é tocada por Suzuki durante a oración "E Izaghi ed Izanami" ao inicio do segundo acto.

A viola d'amore serve para soster discretamente a entonación do coro (que nesta ópera exclúe as voces graves masculinas) durante o famoso coro "coro a bocca chiusa".

Os asobíos de paxaros son utilizados xeralmente mediante instrumentos especiais como foles provistos de silbatos.

Árias célebres[editar | editar a fonte]

  • Dovunque al mondo, romanza de Pinkerton (primeiro acto)
  • Quanto cielo! Quanto mar!, entrada de Butterfly co coro feminino (primeiro acto)
  • Viene la sera, duetto entre Butterfly e Pinkerton (primeiro acto)
  • Vogliatemi bene, un bene piccolino, duetto entre Butterfly e Pinkerton (primeiro acto)
  • Un bel dì vedremo, romanza de Butterfly (segundo acto)
  • Che tua madre dovrà prenderti in braccio, romanza de Butterfly (segundo acto)
  • Scuoti quella fronda di ciliegio dueto entre Butterfly e Suzuki (segundo acto)
  • Coro a bocca chiusa (segundo acto)
  • Intermezzo sinfonico (entre o segundo e o terceiro acto)
  • Addio fiorito asil, romanza de Pinkerton (terceiro acto - ausente na primeira versión)
  • O a me sceso dal trono, aria de Butterfly (terceiro acto)

Gravacións[editar | editar a fonte]

Dende a estrea da ópera en 1904 realizáronse numerosas gravacións tanto en audio como en vídeo con algunhas das grandes voces, directores e orquestras da historia da ópera.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Cinematográficas[editar | editar a fonte]

Anna May Wong sostén un neno no filme de 1922 The Toll of the Sea

Teatrais[editar | editar a fonte]

  • En 1974 o director e dramaturgo Ruggero Rimini escribiu o drama La Storia di Madama Butterfly - Un bel di' vedremo, posto en escena ao ano seguinte coa Compagnia Il Centro di Lucca; escena de Lele Luzzati, vestiario de Santuzza Cali'. Máis de vinte anos despois, en 1998, a Compagnia stabile del Dramma Italiano di Fiume (Croacia) puxo en escena o drama baixo a dirección de Pere Selem, a escena de Raffaele Del Savio e o vestiario de Dora Argento.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A tonada da aria Un bel dí vedremo foi empregada para un anuncio de televisión do teléfono móbil Secret, de LG.[10]
  • Coas ganancias producidas, Puccini mercou en 1912 un iate ao que chamou Cio-Cio-San.
  • A primeira soprano xaponesa en interpretar o rol de Cio-Cio San foi Tamaki Miura, interpretando o papel en varios teatros italianos entre 1920 e 1931.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roger Alier, Marc Heilbron y Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
  2. El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
  3. The Puccini Companion, Lieutenant F. B. Pinkerton: Problems in the Genesis and Performance of Madama Butterfly. ISBN 9780393029307.
  4. 4,0 4,1 Amadeus Almanac (en italiano)
  5. O creador do rol, Emilio Venturini, era un tenor. A partitura estadounidense de Ricordi de dous actos para 1905, accesible na Universidade de Indiana, sinala que é un papel de barítono, mais a música está en clave de sol. Ten tal tesitura e voz que este papel do príncipe Yamadori téñeno interpretado ás veces barítonos.
  6. 6,0 6,1 Puccini Role Creators
  7. Noticia de Madame Butterfly (1915) en Afi.com
  8. Ficha da película Harakiri (1919) no sitio IMDB
  9. Noticia de Madame Butterfly (1932) en Afi.com
  10. Anuncio do LG Secret

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: