Anna Bolena (Donizetti)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna Bolena
Ana Bolena
Anne boleyn.jpg
Retrato de Ana Bolena.
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Felice Romani
Fontes literarias Henri VIII de Marie-Joseph Chénier e Anna Bolena de Alessandro Ercole conde Pepoli
Estrea 26 de decembro de 1830
Teatro da estrea Teatro Carcano
Lugar da estrea Milán
Duración 3 horas 15 minutos[1]
Música
Compositor Gaetano Donizetti
Personaxes

Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.

O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son de cotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 26 de decembro de 1830
(Director: - )
Anna Bolena (Ana Bolena) soprano Giuditta Pasta
Enrico (Henrique VIII) baixo Filippo Galli
Giovanna Seymour (Xoana Seymour), dama de compañía de Anna mezzosoprano Elisa Orlandi
Lord Rochefort (Xurxo Bolena), irmán de Anna baixo Lorenzo Biondi
Lord Percy tenor Giovanni Battista Rubini
Smeton (Mark Smeaton), músico contralto Henriette Laroche
Hervey, oficial da corte tenor Antonio Crippa
Cortesáns, soldados, cazadores

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala mezzosoprano.
  3. Guía visual de la Ópera, Espasa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: