Lucia di Lammermoor
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Lucia di Lammermoor Lucía de Lammermoor |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos e 7 escenas |
| Italiano | |
| Libretista | Salvatore Cammarano |
| Fontes literarias | The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott |
| Estrea | 26 de setembro de 1835 |
| Teatro da estrea | Teatro di San Carlo |
| Lugar da estrea | Nápoles |
| Duración | 2 horas 30 minutos[1] |
| Música | |
| Compositor | Gaetano Donizetti |
| Personaxes | |
|
Lucía Ashton (soprano lixeira ou lírica) |
|
Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.[3] Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na atualidade.
A acción transcurre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactadou a voda da xove cun noble rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha prueva de infidelidad, Lord Enrico consigue que se celebre a voda, xusto no momento no que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala na cama nupcial ao seu home.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 26 de setembro de 1835 (Director: – ) |
|---|---|---|
| Lucia | soprano de coloratura | Fanny Tacchinardi Persiani |
| Lord Enrico Ashton, Señor de Lammermoor; irmán de Lucia | barítono | Domenico Cosselli |
| Sir Edgardo de Ravenswood | tenor | Gilbert Louis Duprez |
| Lord Arturo Bucklaw, noivo de Lucia | tenor | Balestrieri |
| Raimondo Bidebent, un capelán calvinista | baixo | Carlo Ottolini Porto |
| Alisa, doncella de Lucia | mezzosoprano | Teresa Zappucci |
| Normanno, cazador; un criado de Enrico | tenor | Anafesto Rossi |
| Criados e servintes, convidados á voda | ||
Notas [editar]
- ↑ Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ A trama da novela orixinal está baseada nun incidente real que tivo lugar en 1669 na zona das colinas Lammermuir das Terras Baixas Escocesas. A familia verdadeiramente implicada foron os Dalrymple. Mentres que o libreto conserva a intriga básica de Scott, tamén contén trocos moi importantes no que se refire ás personaxes e aos acontecementos. Na novela de Scott, é súa nai, Lady Ashton, e non Enrico, queen é a vilana e malvada perpetradora de toda a intriga. Tamén, Laird of Bucklaw foi só ferido por Lucia logo da súa desafortunada vida, e máis tarde se recuperou, marchou ao extranxeiro e sobreviviunos a todos. Na ópera, o descenso de Lucia á tolemia é máis rápida, dramática e moi espectacular, mentres que no libro é un pouco máis misteriosa e ambigua. Tamén, na novela, a última charla de Edgardo e Lucia, e a súa despedida (supervisada pola súa nai) é moito menos melodramática e máis calmada, ainda que o efecto final é igualmente devastador para ambos. Ao final da novela, o Señor de Ravenswood desaparece (o seu corpo nunca se atopa) e é presumiblemente morto de algún xeito nun accidente camiño do seu duelo co irmán maior de Lucia; polo tanto, non comete un suicidio espectacular de estilo operístico cun stiletto ao coñecer a morte de Lucia.