Simon Boccanegra
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Simon Boccanegra Simón Boccanegra |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos cun prólogo |
| Italiano | |
| Libretista | F.M.Piave e posteriormente A. Boito |
| Fontes literarias | Baseado no drama Simón Bocanegra, de Antonio García Gutiérrez (1843) |
| Estrea | 24 de marzo de 1857 24 de marzo de 1881 (2ª versión)[1] |
| Teatro da estrea | La Fenice Teatro alla Scala (2ª versión) |
| Lugar da estrea | Venecia Milán (2ª versión) |
| Duración | 2 horas 15 minutos[2] |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Personaxes | |
Simon Boccanegra é unha ópera cun prólogo e tres actos, con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, Giuseppe Montanelli e Arrigo Boito (responsable da revisión), baseado nunha obra teatral homónima de Antonio García Gutiérrez. A versión orixinal foi estreada en Teatro La Fenice de Venecia o 12 de marzo de 1857. Debido ás dificultades coa trama orixinal, presentouse unha versión revisada, con trocos de Arrigo Boito, no Teatro alla Scala de Milán o 24 de marzo de 1881. Esta é a versión, coa súa escena da Cámara do Consello como final do Acto I, que normalmente se representa na actualidade.
Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 70 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 28.ª en Italia e a decimoterceira de Verdi, con 56 representacións.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea 12 de marzo de 1857[4] (Director: — ) |
Versión revisada Reparto na estrea 24 de marzo de 1881[4] (Director: Franco Faccio)[5] |
|---|---|---|---|
| Simon Boccanegra, un corsario, máis tarde primeiro dogo de Xénova | barítono | Leone Giraldoni | Victor Maurel |
| Maria Boccanegra, súa filla, coñecida como Amelia Grimaldi | soprano | Luigia Bendazzi | Anna d'Angeri |
| Jacopo Fiesco, un noble xenovés, coñecido como Andrea Grimaldi | baixo | Giuseppe Echeverria | Edouard de Reszke |
| Gabriele Adorno, un cabaleiro xenovés | tenor | Carlo Negrini | Francesco Tamagno |
| Paolo Albiani, un xoieiro e o cortesán favorito do dogo | barítono | Giacomo Vercellini | Federico Salvati |
| Pietro, un líder popular xenovés e cortesán | baixo | Andrea Bellini | Giovanni Bianco |
| Capitán dos arqueiros | tenor | Angelo Fiorentini | |
| Doncella de Amelia | mezzosoprano | Fernanda Capelli | |
| Soldados, mariñeiros, pobo, senadores, a corte do Dogo, prisioneiros – Coro | |||
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||