Enrique Granados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Granados
Granados.jpg
Nome completo Enrique Granados Campiña
Nado o 27 de xullo de 1867
Lleida Cataluña Cataluña
Morto o 24 de marzo de 1916
Canal da Mancha
Orixe catalán
Instrumento(s) piano,

Enrique Granados Campiña, nado o 27 de xullo de 1867 en Lleida e finado no Canal da Mancha o 24 de marzo de 1916, foi un compositor e pianista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou piano con Joan Baptista Pujol e composición con Felipe Pedrell en Barcelona. En 1883, con 16 anos, presentouse como pianista virtuoso tocando a Sonata nº2 de Schumann.

En 1887 viaxou a Francia, onde coñeceu a Debussy, Ravel e Saint-Saëns en París. O seu primeiro éxito como compositor foi a ópera "Maria del Carmen" (1898).

En setembro de 1909 viaxou a Galicia, actuando o día 5 no salón principal da Exposición Rexional de Santiago de Compostela, interpretando pezas de Liszt, Beethoven e Chopin. Ao día seguinte, actuou na Coruña acompañado polo violinista Juan Manén.

A súa maior obra é a suíte para piano "Goyescas" (1911), que ten unha forte influencia de Liszt e que fai referencia a algúns cadros de Goya. Esta suite para piano foi posteriormente adaptada para a ópera polo propio Granados e que foi presentada en Nova York

A súa morte ocorreu en condicións tráxicas mentres cruzaba o Canal da Mancha xunto coa súa dona na nave Sussex ao ser torpedeada pola armada alemá durante a Primeira Guerra Mundial, morrendo ámbolos dous afogados nas augas do Canal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]