I Capuleti e i Montecchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
I Capuleti e i Montecchi
Os Capuleto e os Mentesco
DickseeRomeoandJuliet.jpg
Romeo e Xulieta no balcón nun cadro de Dicksee.
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Felice Romani
Fontes literarias Baseado na novela de Matteo Bandello do século XVI e na obra de Luigi Scola de 1818[1]
Estrea 11 de marzo de 1830
Teatro da estrea La Fenice
Lugar da estrea Venecia
Duración 2 horas 15 minutos[2]
Música
Compositor Vincenzo Bellini
Localización da partitura Museo Belliniano, Catania
Personaxes

Capellio (baixo)
Julieta (soprano)
Romeo (mezzosoprano)
Tebaldo (tenor)
Lorenzo (barítono)[3]

I Capuleti e i Montecchi (en galego Os Montesco e os Capuleto) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani a partir dunha novela de Matteo Bandello e o libreto de Giulietta e Romeo de Nicola Vaccai. A ópera foi estreada no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 11 de marzo de 1830.[4][5]

Esta ópera contén un esiixente papel travestido para a mezzosoprano, como o demostra Se Romeo t'uccise un figlio. A romanza de Giulietta O quante volte expresa o seu amor por Romeo e o seu dilema. A ópera foi composta en seis semanas e tanto o libretista como o compositor empregaron material anterior.[6]

É unha ópera á altura de La sonnambula que cecais non se prodigou tanto nos escenarios e nas discográficas por mor da dificultade para os cantantes, non só para o dúo protagonista.

Historia[editar | editar a fonte]

Composición[editar | editar a fonte]

Moitas persoas pensan que a ópera está baseada na traxedia de Romeo e Xulieta de Shakespeare, mais as diferenzas son moi notables, e os historiadores afirman que só algunhas das súas traxedias chegaran a Italia na época na que foi escrita e que nin Bellini nin Romani coñecían a obra. Está baseada en fontes italianas orixinais que datan do século XVI, incluíndo unha historia curta de Matteo Bandello, da colección Le novelle de 1554, seguramente a través de Belleforest e Pierre Boaistuau. Romani reescribiu para Bellini o libreto de Giulietta e Romeo que fóra escrito orixinalmente para Vaccai, que bebía da obra Giulietta e Romeo de 1818 por Luigi Scevola, e que tamén musicara E. Torriani. A escena da tumba da ópera de Vaccai ás veces representouse coa ópera de Bellini. O tema era moi popular en Italia: houbo libretos máis antigos de Luzzi para Marescalchi (1785, Venecia), Foppa para Zingarelli (1796, Milán) e Buonaiuti para P. C. Guglielmi (1810, Londres). O primeiro libreto en italiano expresamente baseado na obra de Shakespeare foi o de M. M. Marcello, para Romeo e Giulietta de Marchetti (1865, Trieste).

Estando en Venecia para preparar a estrea local de Il pirata con Giuditta Grisi como Imogene, convenceron a Bellini para que escribira a ópera para a tempada de carnaval de 1830 logo de que o Gran Teatro La Fenice (Venecia) fóra rexeitado por Giovanni Pacini. Bellini só dispuxo de mes e medio para escribila (comezou o 20 de xaneiro), polo que tanto el como o libretista empregaron material anterior.[6] Escribiu o papel de Romeo para Grisi (cuxa presenza, xunto cunha compañía relativamente feble en homes, puido ter convencido para a elección do tema); raramente baixa de "do". Giulietta foi cantada por Maria Caradori-Allan, Tebaldo por Lorenzo Bonfigli e Lorenzo por Ranieri Pocchini Cavalieri. Bellini pretendera que o papel de Lorenzo fora para un baixo, mais no acto primeiro da partitura autógrafa traspuxo o papel para tenor, e no acto segundo o papel está escrito enteiro en clave de tenor. Aínda que estes trocos posiblemente se fixeron para Senigallia (verán de 1830), Cavalieri, o cantante da estreno, parce ter sido un tenor. As partituras publicadas e a meirande parte das representacións asignan hoxe o papel a un baixo.

Bellini conseguiu escribir a ópera en tan pouco tempo apropiándose en boa medida de música previamente escrita para a súa fracasada ópera Zaira: explicou que "Zaira, silbada en Parma, foi vingada por I Capuleti". "Oh quante volte" de Xulieta no acto I usa a romanza de Nelly "Dopo l’oscuro nembo" de Adelson e Salvini (1825, Nápoles).

Representacións[editar | editar a fonte]

A primeira representación de I Capuleti e i Montecchi tivo lugar o 11 de marzo de 1830.[7][8][9]

Bellini preparou unha versión para o Teatro alla Scala de Milán (26 de decembro de 1830), baixando a parte de Xulieta para a mezzosoprano Amalia Schütz-Oldosi. Os libretos máis antigos dividen a ópera en catro partes. En Boloña en 1832 María Malibrán remprazou a última parte coa escena da tumba do acto final da ópera de Nicola Vaccai, unha tradición seguida polos Romeos contralto como Alboni (a escena de Vaccai está incluída como un apéndice na partitura vocal de Ricordi). Esta versión se representou en París e Londres con Pasta como Romeo en 1833, mais en Florencia ao ano seguinte Giuseppina Ronzi de Begnis restaurou o final de Bellini. A interpretación de Wilhelmine Schröder-Devrient como Romeo en Leipzig (1834) e Magdeburg (1835) creou unha profunda impresión no xove Wagner.

I Capuleti e i Montecchi foi repuesta en 1935, con motivo do centenario da morte de Bellini, en Catania e en 1954 en Palermo, con Giulietta Simionato como Romeo e Rosanna Carteri como Giulietta. En 1966 Claudio Abbado preparou unha versión para La Scala na que un tenor cantou Romeo, Jaime Aragall; o reparto incluiu a Renata Scotto e Margherita Rinaldi alternando no papel de Xulieta e Luciano Pavarotti como Tebaldo. Esta versión foi tamén interpretada en Ámsterdan, Roma e Filadelfia e no Festival de Edimburgo de 1967 mais non se representou máis.

Esta ópera non é moi representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con 29 representacións no período 2005-2010, sendo a cuarta ópera de Bellini e a 43ª en Italia.[10]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 11 de marzo de 1930
(Director: )
Romeo mezzosoprano Giuditta Grisi
Giulietta soprano Rosalbina Carradori Allan
Tebaldo tenor Lorenzo Bonfigli
Lorenzo baixo Ranieri Pocchini
Capellio baixo Gaetano Antoldi
Adele soprano Marietta Sacchi

Argumento [11][editar | editar a fonte]

Data: século XIII
Lugar: ao redor do pazo de Capellio (Capuleto) en Verona

A historia de romeo e Xulieta, coñecida grazas a Shakespeare, ten unha orixe italiana anterior. Nesta versión da historia os Capuleto e os Montesco son faccións políticas rivales (güelfa e xibelina respectivamente). Capellio é o pai de Giulietta (Xulieta) e o líder dos Capuleto. Giulietta está prometida a Tebaldo, sen embargo, xa se atopou con Romeo, o líder dos Montesco, e namorou del. Esto é un segredo para todos salvo Lorenzo, o seu médico e confidente. Para complicar máis as cousas, Romeo matou sen darse de conta ao fillo de Capellio (o irmán de Giulietta) nunha batalla.

Acto I[editar | editar a fonte]

Escena 1: O pazo

Capellio e Tebaldo diríxense aos seus seguidores advertíndolles que rexeitaron unha oferta de paz dun enviado de Romeo. Tebaldo vingará a morte do fillo de Capellio para celebrar o seu matrimonio con Giulietta ('È serbata a questo acciaro').

Romeo entra disfrazado como un enviado dos Montesco, ofrecendo a paz garantizada por un matrimonio entre Romeo e Giulietta. Capellio rexeita toda idea de paz. Romeo acepta o seu reto de guerra ('La tremenda ultrice spada').

Escena 2: Habitación de Giulietta

Lorenzo arregla que Romeo vaia vela por unha porta segreda. Romeo tenta convencer a Giulietta para que marche con el, mais ela resístese no nome da familia e a honra, declarando que prefire morrer co corazón roto.

Escena 3: Outra parte do pazo

Os Capuleto están celebrando o próximo matrimonio. Recoñecido por Lorenzo, Romeo está disfrazado esperando o apoio dos seus soldados para impedir a voda. No tumulto que segue ao ataque armado de los Montesco, Giulietta ve a Romeo e nóvamente el lle pide, sen éxito, que escape. Capellio e Tebaldo os descubren, crendo que Romeo é o enviado dos Montesco. Giulietta tenta protexelo, mais el dilles orgullosamente o seu nome. Os Montesco entran a protexelo e os amantes fican separados polas dúas faccións.

Acto II[editar | editar a fonte]

Escena 1: Outra parte do pazo

Giulietta espera novas da lucha. Lorenzo dille que Romeo vive, pero que pronto a levarán ao castelo de Tebaldo. Convéncea para que tome unha pócima pola que parecerá estar morta, e organizarao todo para que tanto el como Romeo estean presentes cando desperte. Capellio vai ordenarlle que vaia con Tebaldo ao mencer. Roga a seu pai que a perdone antes de morrer ('Ah! non poss'io partire'). Capellio alármase, e sospeita que Lorenzo está implicado, polo que fai que lo vixíen.

Escena 2: Os subterráneos do pazo

Romeo espera impaciente a Lorenzo. Entra Tebaldo e teñen un acalorado dúo ('Stolto! a un sol mio grido'). Loitan, mais vense interrompidos por un funeral ('Pace alla tua bell'anima'), é o de Giulietta. Cada un dos rivais, cheos de remordemento, pide ao otro que lle dea morte.

Escena 3: As tumbas dos Capuleto

Romeo entra e os seus compañeiros abren a tumba de Giulietta. Romeo despidese dela ('Deh! tu, bell'anima') e toma un veleno. Giulietta esperta e atopa a Romeo sorprendido pola súa morte simulada e ignorante do plan de Lorenzo. Romeo morre e Giulietta, incapaz de vivir sen el, morre sobre o seu corpo. Os Capuleto e os Montesco acusan a Capellio da traxedia.

Orquestración [12][editar | editar a fonte]

O manuscrito da Biblioteca do R. Conservatorio di Musica di Napoli prevé a utilización de:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Ouverture

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione. Coro e Recitativo
    • Coro - Aggiorna appena
    • Recitativo - O di Capellio generosi amici
  • 2 Cavatina. Terzetto e Coro - È serbata a questo acciaro (Tebaldo, Capellio, Lorenzo)
  • 3 Recitativo. Cavatina e Coro
    • Recitativo - Ma già vêr noi s’avvia
    • Cavatina e Coro - Se Romeo t’uccise un figlio (Romeo)
  • 4 Scena e Romanza
    • Scena - Eccomi in lieta vesta
    • Romanza - Oh! quante volte, oh! quante (Giulietta)
  • 5 Recitativo e Duetto - Propizia è l’ora
  • 6 Duetto - Sì, fuggire (Romeo, Giulietta)
  • 7 Coro e Recitativo
    • Coro - Lieta notte, avventurosa
    • Recitativo - Deh! per pietà t’arresta
  • 8 Quartetto e Finale - Qual tumulto!

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 9 Scena e Aria con Coro
    • Scena - Né alcun ritorna! (Giulietta)
    • Aria con Coro - Morte io non temo, il sai (Giulietta)
  • 10 Scena e Duetto
    • Scena - Deserto è il loco
    • Duetto - Stolto! ad un sol mio grido (Tebaldo, Romeo)
  • 11 Coro, Gran Scena, Cavatina e Duetto finale
    • Coro - Siam giunti
    • Cavatina - Deh! tu bell’anima (Romeo)
    • Duetto - Ah! crudel! che mai facesti! (Giulietta, Romeo)

Arias célebres[editar | editar a fonte]

  • È serbata a questo acciaro, cavatina de Tebaldo (acto I)
  • Se Romeo t'uccise un figlio, cavatina de Romeo (acto I)
  • Oh! quante volte, oh quante!, romanza de Giulietta (acto I)
  • Se ogni speme è a noi rapita, stretta do finale (acto I)
  • Deh tu, deh tu bell'anima!, romanza de Romeo (acto II)

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Reparto
(Romeo, Giulietta, Tebaldo, Capellio, Lorenzo)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[13]
1958 Fiorenza Cossotto,
Antonietta Pastori,
Renato Gavarini,
Vittorio Tatozzi,
Ivo Vinco
Lorin Maazel,
Orquestra e Coro da RAI, Roma
(Gravación en directo o 23 de outubro)
Audio CD: Myto
Cat: 00166
1966 Giacomo Aragall,
Margherita Rinaldi,
Luciano Pavarotti,
Nicola Zaccaria,
Walter Monachesi
Claudio Abbado
1975 Janet Baker,
Beverly Sills,
Nicolai Gedda,
Robert Lloyd,
Raimund Herincx
Giuseppe Patané,
Philharmonia Orchestra e John Aldis Choir
Audio CD: EMI
Cat: 5 86055-2
1984 Agnes Baltsa,
Edita Gruberova,
Dano Raffanti,
Gwynne Howell,
John Tomlinson
Riccardo Muti,
Royal Opera House, Orquestra e Coro do Covent Garden
Audio CD: EMI
Cat: 5 09144
1997 Vesselina Kasarova,
Eva Mei,
Ramón Vargas,
Umberto Chiummo,
Simone Alberghini
Roberto Abbado,
Orquestra e Coro da Radio de München
Audio CD: RCA Victor
Cat: 09026 68899-2
1998 Jennifer Larmore,
Hei-Kyung Hong,
Paul Groves,
Raymond Aceto,
Robert Lloyd
Donald Runnicles,
Scottish Chamber Orchestra e Coro
Audio CD: Teldec
Cat: 3984-21472-2
2005 Clara Polito,
Patrizia Ciofi,
Danilo Formaggio,
Federico Sacchi,
Nicolo Amodio
Luciano Acocella,
Orchestra Internazionale d'Italia
Audio CD: Dynamic
CDS 504/1-2;
DVD: Dynamic
33504
2008 Elīna Garanča,
Anna Netrebko,
Joseph Calleja,
Tiziano Bracci,
Robert Gleadow
Fabio Luisi,
Wiener Philharmoniker and the Wiener Singakademie
Audio CD: Deutsche Grammophon
Cat: 477 8031

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). pp. 144. ISBN 978-84-670-2605-4.
  2. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  3. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  4. "BELLINI: I Capuleti e i Montecchi" (en inglés). 7 de abril de 2006. http://www.operatoday.com/content/2006/04/bellini_i_capul_1.php.
  5. Anderson, Keith (2002). La Ópera de la A a la Z. HNH International Ltd.. pp. 658. ISBN 1-84379-034-3.
  6. 6,0 6,1 Anderson, Keith La ópera de la A a la Z en Naxos, HNH International Ltd. 2002 ISBN 1-84379-034-3
  7. Historia da representación de Operatoday
  8. Argumento de operajaponica
  9. Roddy Swanston,"Review: I Capuleti e I Montecchi, English National Opera, The Barbican, 8-10 de outubro de 2003", Online Review London
  10. Óperas de Bellini en Operabase
  11. Esta sección está baseada na sinopses de Simon Holledge publicada en Opera japonica e que aparece aquí con permiso.
  12. Manuscrito da Biblioteca do R. Conservatorio di Musica di Napoli
  13. Gravacións de I Capuleti e i Montecchi en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Edizione critica a cura di Claudio Toscani, Milán, Ricordi 2003.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]