Lingua castelá
| Español / Castelán | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Arxentina, Belice, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, O Salvador, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai, Venezuela e Xibraltar. Minorías: Andorra, Canadá, Estados Unidos, Filipinas, Marrocos e Sáhara Occidental |
|
| Total de falantes: | 333 millóns (primeira lingua) 92 millóns (segunda lingua) | |
| Posición: | 3 | |
| Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Ibero-occidental Español / Castelán |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | España, Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Unión Europea, Uruguai e Venezuela. | |
| Regulado por: | Asociación de Academias da Lingua Española | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | es | |
| ISO 639-2: | spa | |
| SIL: | SPN | |
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a terceira lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e do inglés.
Índice |
[editar] Nomes
Esta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego, catalán, éuscaro, asturiano, occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio do condado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).
[editar] Historia
O nacemento da lingua castelá pode situarse na época da Reconquista, en terras de Cantabria. Ó longo de toda a Idade Media, estendeuse por España ó mesmo tempo que o reino de Castela ía arrebatando terreos a Al-Andalus. E moi parecido a o que se falba na Hespaña visigótica antes da desastrosa lid de Guadalete.
A posterior política centralizadora dos reis da España unificada (dende os Reis Católicos) levouna a converterse, durante moitos anos, na lingua de prestixio en todo o territorio do Estado, tanto na metrópole como nas colonias en América, Filipinas, etc.
Na actualidade, atópase estendida pola meirande parte do territorio de España e América Central e do Sur (agás Brasil e outros estados como Surinam, Güiana, Güiana Francesa, etc.). Conta con importantes comunidades de falantes en Estados Unidos e moitos outros lugares do mundo.
[editar] Variantes e lingua estándar
Debido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión. A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática.
Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, emprégase tú para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); en Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres).
Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas.
[editar] Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas
- perda do F- inicial latino;
- enxordecemento do sistema de sibilantes;
- ditongamento das vogais breves medias latinas;
- artigo masculino antianalóxico el;
- orde de constituíntes SVO (suxeito-verbo-complementos);
- existencia dunha consoante fricativa interdental xorda.
[editar] Táboa de vocabulario
Esta táboa presenta unha comparativa do castelán con outras linguas romances.
| Latín vulgar | Francés | Italiano | Castelán | Occitano (Linguadociano) | Catalán (Central) | Galego | Romanés |
| clave(m) | clef | chiave | llave | clau | clau | chave | cheie |
| nocte(m) | nuit | notte | noche | nuèit/nuèch | nit | noite | noapte |
| cantare | chanter | cantare | cantar | cantar | cantar | cantar | a cânta |
| capra(m) | chèvre | capra | cabra | cabra | cabra | cabra | capră |
| lingua(m) | langue | lingua | lengua | lenga | llengua | lingua | limbă |
| platea(m) | place | piazza | plaza | plaça | plaça | praza | piaţă |
| ponte(m) | pont | ponte | puente | pònt | pont | ponte | pod |
| ecclesia(m) | église | chiesa | iglesia | glèisa | església | igrexa | --- |
| hospitale(m) | hôpital | ospedale | hospital | espital | hospital | hospital | spital |
| caseu(m) | formaticu(m) | fromage | formaggio | queso | formatge | formatge | queixo | --- |
| Linguas oficiais da Unión Europea | ||
|---|---|---|
| Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco |
||
| Fonte: Sitio da Unión Europea | ||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||