Il barbiere di Siviglia
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Il barbiere di Siviglia O barbeiro de Sevilla |
|
|---|---|
Cartel da estrea. |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Cesare Sterbini |
| Fontes literarias | baseado na obra de Beaumarchais, Le Barbier de Séville ou la Précaution inutile (1775) e o libreto de Giuseppe Petrosellini para a ópera de Giovanni de 1782.[1] |
| Estrea | 20 de febreiro de 1816 |
| Teatro da estrea | Teatro Argentina |
| Lugar da estrea | Roma |
| Duración | 2 horas 45 minutos |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Personaxes | |
|
Figaro (barítono) |
|
Il barbiere di Siviglia (en galego O barbeiro de Sevilla) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini, baseado á súa vez na comedia de Pierre Beaumarchais Le Barbier de Séville (1775). A estrea co título Almaviva, ossia l'inutile precauzione tivo lugar no Teatro Argentina de Roma o 20 de febreiro de 1816 baixo a dirección do propio compositor. Foi unha das primeiras óperas italianas que se representou nos Estados Unidos, estreándose alí no Park Theater de Nova York o 29 de novembro de 1825.[2] Il barbiere de Rossini demostrou ser unha das grandes obras mestras da comedia dentro da música, e foi descrita como a ópera buffa de tódalas óperas buffas. Mesmo logo de douscentos anos, a súa popularidade na escena da ópera moderna atestigua a súa grandeza.[3]
A acción sitúase en Sevilla (España), a finais do século XVII, cando as prerrogativas da nobleza e o oscurantismo do Antigo Réxime comezan a dar paso á Ilustración, apuntando xa o xérmolo da revolución burguesa. Rosina, unha rapaza bela e horfa vese privada da súa liberdade. O seu titor tena pechada na casa e só a deixa saír á misa, coa esperanza de casar algún día. Ela sen embargo, está namorada dun xove conde que fará todo o que estea nas súas mans para acostarse e casarse con ela. Grazas á axuda do barbeiro Figaro, o mesmo que inspirou Le nozze di Figaro]] (célebre ópera de Wolfgang Amadeus Mozart). A ópera de Rossini segue a primera das obras da triloxía de Figaro de Beaumarchais, mentres que a ópera de Mozart, composta 30 anos antes (en 1786), baséase na segunda parte da triloxía do dramaturgo francés. A versión orixinal foi estreada por Beaumarchais na Comédie Française do Pazo das Tulleries de París en 1775.[4]
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto o 20 de febreiro de 1816 Director: Gioacchino Rossini |
|---|---|---|
| Figaro (barbeiro) | barítono | Luigi Zamboni |
| Don Bartolo (médico, titor de Rosina) | baixo buffo | Bartolomeo Botticelli |
| Rosina (xove horfa) | mezzosoprano | Geltrude Righetti |
| Conde de Almaviva (noble) | tenor | Manuel García |
| Fiorello (criado de Almaviva) | baixo | Paolo Biagelli |
| Don Basilio (profesor de música) | baixo | Zenobio Vitarelli |
| Berta (sirvienta de Don Bartolo) | mezzosoprano | Elisabetta Loiselet |
Notas [editar]
- ↑ Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ Henry Edward Krehbiel, "Chapter 1", A Book of Operas: Their Histories, Their Plots and Their Music, Nova Iorque, The Macmillan Company, 1909, de googlebooks
- ↑ Fisher, Burton D. The Barber of Seville (Opera Classics Library Series). Grand Rapids: Opera Journeys, 2005.
- ↑ Història de l'òpera a la web de l'Arena de Verona