Beatrice di Tenda
| Beatrice di Tenda | |
|---|---|
| Forma | Ópera seria |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Felice Romani |
| Fontes literarias | Carlo Tedaldi Fores: Beatrice Tenda (1825) |
| Estrea | 16 de marzo de 1833 |
| Teatro da estrea | La Fenice |
| Lugar da estrea | Venecia |
| Música | |
| Compositor | Vincenzo Bellini |
| Personaxes | |
Beatrice di Tenda é unha ópera seria con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani baseado na novela homónima de Carlo Tedaldi Fores. Foi a penúltima ópera composta por Bellini, entre Norma (1831) e I puritani (1835) estrea tivo lugar no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 16 de marzo de 1833.
Índice |
Historia [editar]
A penúltima ópera de Bellini tivo unha xénese conflitiva, xa que o compositor elixiu o tema en discusións con Giuditta Pasta logo de que viran o ballet en Milán, en contra do mellor criterio de Romani e a pesar das similitudes coa ópera Anna Bolena de Donizetti. A composición foi problemática, foi composta en moi pouco tempo entre xaneiro e marzo de 1833, ata o punto de que o finale non se rematou a tempo para a estrea polo retraso co que Romani entregou a segunda parte do libreto, polo que a aria final de Beatrice foi tomada de Bianca e Fernando, negándose o compositor a completar o duetto entre Beatrice e Agnese, cuxos os bosquexos orixinais de Bellini do antigo duetto entre Beatrice e Agnese foron realizados por Vittorio Gui para unha serie de reposicións a finais dos anos 1960. O descontento de Romani co tema, e a exasperación con Bellini, obrigárono a inserir unha desculpa no libreto impreso, o que conduciu a unha disputa co compositor e o punto e final á súa fructífera relación profesional. Posteriormente, tras I puritani (feita en colaboración con Carlo Pepoli), Bellini recuperou o contacto con Romani, mais o proxecto dunha nova asociación viuse truncado pola repentina morte do compositor.
Bellini sentiu que contrarrestara o horror da historia coa súa fermosa música e que Beatrice "non era indigna das súas irmás".
A súa estrea tivo lugar o 16 de marzo de 1833 no Gran Teatro La Fenice de Venecia con Giuditta Pasta no papel principal. A estrea non tivo moito éxito malia ser a mellor actuación de Pasta no papel titular, que superou a hostilidade do público cara a obra. Nos anos seguintes, a ópera foi quen de impoñerse, entrando no repertorio dos teatros italianos, mais pouco a pouco as súas representacións foron diminuíndo, entre outras razóns polo gusto cambiante do público, ata que a principios do século XX era unha ópera prácticamente esquecida (hai noticias dunha representación en Catania en 1935 con Giannina Arangi-Lombardi no papel principal).
A ópera foi redescuberta en 1961 pola American Opera Society con Joan Sutherland, Enzo Sordello, Marilyn Horne e Richard Cassilly baixo a batuta de Nicola Rescigno, e ese mesmo ano representouse no Teatro alla Scala de Milán con Sutherland e Raina Kabaivanska, e a dirección de Antonino Votto. Dende aquela o papel principal foi interpretado por boa parte das grandes sopranos, entre as que cómpre salientar a Leyla Gencer, Mirella Freni, June Anderson, Edita Gruberová e Mariella Devia.
Esta ópera represéntase moi pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto 707 das óperas máis representadas, ocupando o posto 153 en Italia e sendo a 4ª ópera máis representada do compositor.[1]
Perxonaxes [editar]
| Personaxe[2] | Tesitura | Reparto na estrea, 16 de marzo de 1833 (Director: - ) |
|---|---|---|
| Beatrice di Tenda, dona de Filippo | soprano | Giuditta Pasta |
| Filippo Maria Visconti, Duque de Milán | barítono | Orazio Cartegenova |
| Agnese del Maino, namorada de Orombello | mezzosoprano | Anna del Serre |
| Orombello, señor de Ventimiglia | tenor | Alberico Curioni |
| Anichino, amigo leal de Orombello | tenor | Alessandro Giacchini |
| Rizzardo del Maino, irmán de Agnese | tenor |
Argumento [editar]
A ópera narra un episodio da vida de Beatrice Lascaris, viúva de Facino Cane, casada en segundas nupcias con Filippo Maria Visconti, no Milán del século XV. Filippo cansárase da súa dona Beatrice; ela lamenta o seu impetuoso matrimonio con el logo da morte do seu primeiro home, un matrimonio que a someteu a ela e ao seu povo ao poder tiránico do duque.
Acto I [editar]
Filippo acude a un baile no castelo Binasco (Italia), ensombrecido como é habitual polo siniestro Rizzardo. Está cansado de todo o mundo que rinde ocediencia á súa dona. Os seus cortesáns dinlle cánto simpatizan con el, e suxire que os serintes de Beatrice están a conspirar contra el.
Óese una fermosa música de arpa. Agnese, o actual obxecto de desexo de Filippo, canta na distancia que a vida está baleira sen amor. Filippo faixe eco dos seus pensamentos e afirma cánto a ama; ela non ten igual. Os seus cortesáns simpatizan con el nóvamente e anímano a aproveitar o momento. Agnese desaparece e marchan todos. Logo reaparece Agnese, desta volta cantando por Orombello. Misteriosamente, ela desexa que o seu corazón o guíe ata os seus brazos e o obxecto do seu desexo aparece. Orombello di que el non sabe ónde está ou por qué está alí. Reconfortado por Agnese, comeza a relaxarse e está conforme en que el está profundamente namorado e, cando lle preguntan por unha carta, móstralle a ela a que el porta. A carta á que se refire é unha das moitas que el ten escrito a Beatrice e non a que Agnese lle enviou.
Beatrice entra nun dos seus lugares segretos coas súas damas. É feliz, mais axiña perde o seu aplomo e laise pola equivocación de casar co duque Filippo. Cando todos van marchar, Filippo os ve ao lonxe e, crendo que ela o está eludindo, esixe que ela volva. Os dous acúsanse e rifan entre eles, con Filippo presentando algúns papeis roubados do apartamento de Beatrice.
Noutra escena, os soldados de Filippo discuten sobre o seu silencio. Beatrice entra levando un retrato do seu amado esposo defunto, Facino. Ela laméntase de que todos a abandonaron cando entra Orombello afirmando que el non o fixo. Acalorádamente, fálalle dos seus plans de reunir tropas e axudar a liberala. Ela dille que non é moi experto en asuntos de seguridade. Asombrado, Orombello protesta o seu amor e, mesmo cando llo rogan, non deixarán súa presenza; en lugar delo, axeónllase fronte a ela, momento no que Agnese e Filippo entran e os acusan de ter un lío. Todo o mundo se une agora con acusación, contra acusación, ataque e defensa. Filippo fai que arresten á parella para xulgalos por adulterio.
Acto II [editar]
Os cortesáns coñecen a terrible tortura que ten sido aplicada a Orombello. Logo, a corte é reunida e Filippo presenta o caso para a acusación. Traen a Beatrice a rastras, e ela protesta porque o tribunal carece de xurisdición. Logo levan a Orombello e, tras buscar desesperadamente o perdón de Beatrice, proclama a súa inocencia. Beatrice recupera a súa vontade de vivir e algo na súa fala conmove o corazón de Filippo. Anuncia que a sentencia debe demorarse. O tribunal indica que a tortura debe continuar ata que se diga a verdade. Nóvamente, Filippo cambia de idea e, apoiando a decisión do tribunal, considera que é precisa máis tortura. O tribunal disólvese.
Filippo e Agnese, cheos de remordementos, quedan a soas e Agnese, percatándose de que as cousas teñen ido máis lonxe do que ela esperaba, roga a Filippo que retire os cargos; mais Filippo, non desexando parecer feble, rexeita a idea.
Filippo agora pasa por diversos tormentos e está obviamente namorado aínda de Beatrice. Xusto cando decidira retirar os cargos, chegan os homes que aínda son leais ao defunto condotiero Facino, para invadir o castelo. Como resultado, Filippo asina a sentencia de morte, e tenta xustificarse ante o pobo, culpando a Beatrice.
Características xerais [editar]
La figura di Beatrice di Tenda appartiene alla schiera delle eroine romantiche che, per motivi sentimentali o politici, scontano un'ingiusta pena. La sua purezza d'animo è esaltata dal perdono finale e la sua tragica vicenda non sfocia nella follia bensì nella consapevolezza ed accettazione del proprio destino.
Beatrice di Tenda é a única ópera histórica do catálogo de Bellini. Con ela posíblemente tentou rivalizar co seu rival Donizetti no xénero que lle reportara grande éxito con óperas como Anna Bolena ou Maria Stuarda. Sen embargo, as intrigas da corte non inspiraron moito ao compositor, que fora quen de dar forma perfecta coa música sublime de Norma e que semella incómodo ao retratar a figura siniestra do duque Filippo.
Sen embargo, a ópera contén páxinas interesantes, que denotan o inicio da busca que dous anos máis tarde o levou a repensar a forma convencional da ópera italiana en I puritani. Particularmente exitosos foron os dous grandes ensembles, ao final do primeiro acto e á metade do segundo, onde a forma canónica se estifa , combinando cun dinamismo dramático que adianta o teatro verdiano
A obertura fai uso da oración de Beatrice ante a tumba do seu primeiro esposo Deh! se mi amasti un giorno, antes so seu encontro con Orombello e a aparición do seu segundo esposo, Visconti.
A figura de Beatrice di Tenda pertence ao grupo de heroínas románticas que, por motivos sentimentais ou políticos, sufriron unha pena inxusta. A protagonista, lonxe de caer na loucura acepta o seu destino.
O coro ten un papel mesmo máis importante que nas óperas anteriores de Bellini, non só comentando a acción, senón aconsellando e consolando aos protagonistas, na verdadeira tradición da traxedia grega.
Arias célebres [editar]
- Ah! non pensar che pieno, romanza de Agnese (acto I)
- Qui di ribelli sudditi, duetto de Filippo e Beatrice (acto I)
- Ah, se m'amasti un giorno, arioso de Beatrice (acto I)
- Al tuo fallo ammenda festi, concertato (acto II)
- Angiol di pace all'anima, terzetto de Orombello, Beatrice e Agnese (acto II)
- Ah! se un'urna è a me concessa, aria de Beatrice (acto II)
Gravacións [editar]
| Ano | Reparto (Beatrice, Orombello, Agnese, Filippo) |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Label[3] |
|---|---|---|---|
| 1966 | Joan Sutherland, Luciano Pavarotti, Josephine Veasey, Cornelius Opthof |
Richard Bonynge, London Symphony Orchestra, Ambrosian Opera Chorus |
Audio CD: Decca Cat: 433 706-2 |
| 1986 | Mariana Nicolesco, Vincenzo La Scola, Stefania Toczyska, Piero Cappuccilli |
Alberto Zedda, Orquestra de Monte Carlo e Coro Filharmónico de Praga |
Audio CD: Sony Cat: SM3K 64539 |
| 1987 | June Anderson, Armando Ariostini, Elena Zilio, Armando Ariostini |
Gianfranco Masini, Orquestra e coro do Gran Teatro La Fenice (gravación en directo) |
Audio CD: Opera d'Oro Cat: OPD-1174 |
| 1992 | Lucia Aliberti, Martin Thompson, Camille Capasso, Paolo Gavenelli |
Fabio Luisi, Orquestra e coro da Deutsche Oper Berlin |
Audio CD: Berlin Classics Cat: 0010422BC |
| 1992 | Edita Gruberova, Don Bernardini, Vesselina Kasarova, Igor Mozorov |
Pinchas Steinberg ORF Symphony Orchestra, Coro de nenos de Viena |
Audio CD: Nightingale Classics Cat: NC 070560-2 |
| 2002 | Edita Gruberova, Raúl Hernández, Stefania Kaluza, Michael Volle |
Marcello Viotti Orquestra e coro da Opernhaus Zürich |
DVD: TDK Cat: DVOPBDT |
Curiosidades [editar]
- Beatrice di Tenda foi a única das óperas de Bellini que foi publicada completa en vida do compositor.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Nicholas Kenyon, Amanda Holden (1993) (en inglés). The Viking Opera Guide. Viking. pp. 1305. ISBN 0-670-81292-7.
- Osborne, Charles (1994) (en inglés). The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini. Portland, Oregon: Amadeus Press. ISBN 0-931340-71-3.
- Holden, Amanda (2001) (en inglés). The New Penguin Opera Guide. Nova York: Penguin Putnam. ISBN 0-14-029312-4.
Ligazóns externas [editar]
- Libreto da ópera (en italiano)
- Beatrice di Tenda en International Music Score Library Project (IMSLP)
|
|||||||