Maometto II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maometto II
Mehmed II
Mehmed II 1.jpg
Mehmed II, personaxe no que se basea a ópera.
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Cesare della Valle
Fontes literarias Anna Erizo (1820), de Cesare della Valle
Estrea 3 de decembro de 1820
Teatro da estrea Teatro San Carlo
Lugar da estrea Nápoles
Música
Compositor Gioachino Rossini
Personaxes

Maometto II (baixo)
Paolo Erisso (tenor)
Anna (soprano)
Calbo (mezzosoprano ou contralto)
Condulmiero (tenor)
Selimo (tenor)

Maometto II (en galego, Mehmed II) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare della Valle, ambientado nos anos 1470 durante a época da guerra entre os turcos e os venecianos. Della Valle baseou o libreto nunha obra anterior súa, Anna Erizo. O nome do papel titular, Maometto II, refírese ao sultán turco otomán histórico, o gran conquistador de Constantinopla Mehmed II, quen viviu entre 1432 e 1481. Foi estreada o 3 de decembro de 1820 no Teatro San Carlo de Nápoles.

Historia[editar | editar a fonte]

A ópera compúxose cando a carreira de Rossini comezouse a ralentizar a unha soa ópera por ano, e apareceu case un ano despois de Bianca e Falliero, aínda que lle sucedeu inmediatamente Matilde di Shabran.[1] Rossini comezou a compoñer a ópera en maio de 1820 para Nápoles, mais varios levantamentos políticos, que ameazaban o goberno do rei Fernando I, tiveron que estar o suficiente baixo control antes de permitir que continuara a actividade teatral e para que tivera lugar a primeira representación no Teatro San Carlo de Nápoles o 3 de decembro de 1820. Na estrea, o baixo Filippo Galli desempeñou o papel de Maometto II, Andrea Nozzari foi Paolo, Isabella Colbran súa filla Anna e Giuseppe Ciccimarra o noble Condulmiero.

Mentres que "(a ópera) non gustou moito aos napolitanos",[2] "foi ben recibida cando Rossini a revisou en Venecia no Gran Teatro La Fenice en decembro de 1822."[2] En 1823 e 1824, Maometto II foi presentada en Viena e Milán e logo en Lisboa en 1826, pero logo se esqueceu debido a que "unha gran parte da súa partitura (foi adaptada) a un novo libreto en francés"[2] e representada en París o 9 de outubro de 1826 como Le siège de Corinthe, as guerras dos anos 1820 entre os gregos e os turcos eran daquela máis tópicos que aqueles entre os turcos e os venecianos da orixinal.[3]

Como Maometto II, a ópera desapareceu e, aínda que hoxe en día se representa raramente, reviviu polo Festival Rossini en Pésaro en 1985.[2] A primeira representación nos Estados Unidos tivo lugar o 17 de setembro de 1988, cando foi presentada na ópera de San Francisco.[3] Non hai referencias a ningunh produción no Reino Unido.[2]

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 5 representacións no período 2005-2010.[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 3 de decembro de 1820
(Director: Nicola Festa)[5]
Maometto II (Mehmed II) baixo Filippo Galli
Paolo Erisso, xefe dos venecianos en Negroponte tenor Andrea Nozzari
Anna, súa filla soprano Isabella Colbran
Calbo, noble veneciano mezzosoprano ou contralto Adelaide Comelli
Condulmiero, noble veneciano tenor Giuseppe Ciccimarra
Selimo, noble musulmán tenor Gaetano Chizzola

Argumento[editar | editar a fonte]

Acto 1[editar | editar a fonte]

Bizancio acaba de caer en mans dos turcos, e as tropas de Maometto II (o Sultán Mehmed II) están sitiando aos venecianos na cidade de Negroponte (Chalkida). O xove Calbo empurra a Paolo Erisso na loita pola defensa da cidade, mentres Condulmiero quere ceder. A filla de Erisso, Anna, casará con Calbo, como é o desexo do seu pai. Ela está, sen embargo, nunha relación segreda cun noble descoñecido que coñeceu en Corinto. Os musulmáns rompen as defensas e Erisso e Calbo son feitos prisioneiros. Maometto chega e é recoñecido por Anna: el é o seu amante segredo. Erisso e Anna están horrorizados por esta repentina revelación. Anna ameaza con suicidarse se Maometto non libera a Erisso e Calbo, e, promételle unha vida de luxo, el accede.

Acto 2[editar | editar a fonte]

Maometto declara o seu amor por Anna e lle ofrece o trono, mais ela o rexeita. Maometto parte para preparar outro ataque á cidadela, mais deixa o seu selo imperial de autoridade con ela para garantizar a súa seguridade durante a súa ausencia. Anna únese a Erisso e Calbo, que están na clandestinidade. Erisso inicialmente rexeita á súa filla por confraternizar co inimigo, mais ela xúralle que nunca casará con el e entrégalle o selo de Maometto a Erisso, que lle permitirá a el e a Calbo saír do seu escondite. Erisso casa a Calbo con Anna diante da tumba de súa nai, e os dous homes parten ao combate contra Maometto. En pouco tempo, Anna se entera de que Maometto foi derrotado por Erisso e escapou, mais agora a súa vida está en perigo, xa que el prometeu vinganza. Ela se enfrenta a Maometto e os seus homes e, logo de revelar que lle deu o seu selo ao seu pai e casou con Calbo, apuñálase e morre na tumba da súa nai.

Estrutura (Nápoles, 1820)[editar | editar a fonte]

Acto 1[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione Al tuo cenno, Erisso (Coro, Erisso, Condulmiero, Calbo)
  • 2 Cavatina Ah che invan su questo ciglio (Anna)
  • 3 Terzettone Ohimè, qual fulmine! (Anna, Erisso, Calbo)
  • 4 Coro e cavatina Sorgete, in sì bel giorno (Maometto)
  • 5 Finale primo Giusto ciel, che strazio è questo! (Erisso, Calbo, Maometto, Selimo, Anna, Coro)

Acto 2[editar | editar a fonte]

  • 6 Coro di donne È follia sul fior degli anni
  • 7 Duetto Anna, tu piangi? (Anna, Maometto)
  • 8 Cavatina con coro All'invito generoso (Maometto)
  • 9 Scena ed aria Non temer, d'un basso affetto (Calbo)
  • 10 Terzetto In questi estremi istanti (Erisso, Calbo, Anna)
  • 11 Finale secondo Alfin compiuta è una metà dell'opra (Anna, Coro, Maometto)

Estrutura (Venecia, 1822)[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto 1[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione Al tuo cenno, Erisso (Coro, Erisso, Condulmiero, Calbo)
  • 2 Coro di donne Restate, amici
  • 3 Scena e quartetto con coro Ilarità! Per me? Speranza! (Anna, Erisso, Calbo, Condulmiero)
  • 4 Scena e terzettone Che sento, oh Dio! (Anna, Erisso, Calbo)
  • 5 Coro e cavatina Sorgete, in sì bel giorno (Maometto)
  • 6 Finale primo Giusto ciel, che strazio è questo (Erisso, Calbo, Maometto, Selimo, Anna, Coro)

Acto 2[editar | editar a fonte]

  • 7 Coro di donne È follia sul fior degli anni
  • 8 Duetto Anna, tu piangi? (Anna, Maometto)
  • 9 Scena ed aria Non temer, d'un basso affetto (Calbo)
  • 10 Scena e terzetto Pria svenar con ferme ciglia (Calbo, Erisso, Maometto)
  • 11 Gran scena ed aria Alfin compiuta è una metà dell'opra (Anna, Coro)
  • 12 Finale secondo e rondò I puri voti accogli - Tanti affetti in tal momento (Anna, Coro)

Discografía[editar | editar a fonte]

Ano Reparto
(Maometto, Anna,
Calbo, Erisso)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Sello discográfico[6]
1983 Samuel Ramey,
June Anderson,
Margherita Zimmermann,
Ernesto Palacio
Claudio Scimone,
Orquesta Philharmonia e Coro de Ópera Ambrosiano
Audio CD: Phillips
Cat: 475 509-2
1985 Samuel Ramey,
Cecilia Gasdia,
Lucia Valentini-Terrani,
Chris Merritt
Claudio Scimone,
Orquestra Filarmónica de Praga e Coro do Festival Europeo
(Grabación en video dunha interpretación no Festival Rossini de Pésaro)
DVD: Premiere Opera
Cat: 5187
2005 Lorenzo Regazzo,
Carmen Giannattasio,
Maxim Mironov,
Annarita Gemmabella
Claudio Scimone,
Orquestra e Coro do Gran Teatro La Fenice
(Grabación en video dunha interpretación no Gran Teatro La Fenice de Venecia da versión interpretada naquel teatro en febreiro de 1822).
DVD: Dynamic
Cat: DV 33492
2008 Michele Pertusi,
Marina Rebeka,
Daniela Barcellona,
Francesco Meli
Gustav Kuhn,
Orquestra Haydn de Bolzano e Trento e Coro de Cámara Praga
(Grabación duna interpretación no Arena Adriático, Pésaro, agosto)
Audio CD: Celestial Audio
Cat: CA 831

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Osborne, p. 101
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Osborne, p. 102
  3. 3,0 3,1 Holden p. 787
  4. estadísticas de Operabase
  5. Premiere cast from Casaglia (2005)
  6. Grabaciones de Maometto II en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: