Bedřich Smetana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bedřich Smetana, nado o 2 de marzo de 1824 e finado o 12 de maio de 1884, foi un compositor checo.
Traxectoria [editar]
Foi pioneiro no desenvolvemento dun estilo musical que quedou intimamente ligado ás aspiracións independentistas do seu país. É por iso que se lle recoñece no seu país como o pai da música checa. Internacionalmente é coñecido pola súa ópera A noiva vendida e polo ciclo de poemas sinfónicos Má vlast («A miña patria») que representan a historia, lendas e paisaxes da patria natal do compositor.