Il turco in Italia
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Il turco in Italia O turco en Italia |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Felice Romani |
| Fontes literarias | Baseado nun libreto preexistente de Caterino Mazzolà para a ópera de 1788 de Joseph Seydelman[1] |
| Estrea | 14 de agosto de 1814 |
| Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
| Lugar da estrea | Milán |
| Duración | 2 horas 15 minutos[2] |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Personaxes | |
Il turco in Italia (en galego O turco en Italia) é unha ópera buffa ou dramma buffo per musica en dous actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en italiano de Felice Romani, baseado nunha peza homónima de Caterino Mazzolà coa que se fixo unha ópera do mesmo título, obra do compositor alemán Franz Seydelmann en 1788. Foi estreada o 14 de agosto de 1814, no Teatro alla Scala de Milán.
Esta ópera non ten ningunha relación coa ópera L'italiana in Argeli, composta tamén por Rossini un ano antes, e mesmo para algúns é superior musicalmente; xústamente, o público na época viu unha similitude entre as dúas obras, pensando que vían unha segunda versión. Trátase dunha ópera buffa moi influída por Così fan tutte de Wolfgang Amadeus Mozart, estreada no mesmo teatro pouco antes que a obra de Rossini. A obertura extráñamente harmonizad, aínda que infrecuéntemente gravada, é un dos mellores exemplos do estilo característico de Rossini. Unha introdución inusualmente longa mostra un solo melancólico e amplo cun pleno acompañamento orquestral, antes de pasar a un tema principal púramente cómico e vivaz.
Un home tolo, unha dona caprichosa, un amigo celoso, unha bohemia descontenta, un turco sedutor e un poeta sen inspiración non presentan de todo o mellor argumento para unha ópera. Sen embargo, a música e o libreto son tan encantadores un como o outro. En principio, hai que considerar que a música do turco non foi tomada doutra obra, como Rossini tiña por costume. En cambio, máis tarde serviríase do comezo da obertura para a súa ópera Otello, ossia il moro di Venezia.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 14 de agosto de 1814 Director: Alessandro Rolla |
|---|---|---|
| Selim (Príncipe turco) | baixo | Filippo Galli |
| Don Geronio (cabaleiro napolitano) | baixo | Luigi Pacini |
| Fiorilla (dona de Don Geronio) | soprano | Francesca Maffei Festa |
| Don Narciso (namorado de Fiorilla) | tenor | Giovanni David |
| Prodoscimo (un poeta) | barítono | Pietro Vasoli |
| Zaída (antiga amante de Selim) | mezzosoprano | Adelaide Carpano |
| Albazar (amigo de Selim) | tenor | Gaetano Pozzi |
| Cidadáns, xitanos, vendedores, sirvientes, etc. | ||
Notas [editar]
- ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.
- ↑ Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.