Le comte Ory
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Le comte Ory O conde Ory |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Francés | |
| Libretista | Scribe e Delestre-Poirson |
| Fontes literarias | Segundo a obra dos libretistas de 1816 inspirada nunha balada medieval[1] |
| Estrea | 20 de agosto de 1828 |
| Teatro da estrea | Théâtre de l'Académie Royale de Musique[2] |
| Lugar da estrea | París |
| Duración | 2 horas 15 minutos[3] |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Localización da partitura | Biblioteca da Ópera, París (só o Prélude) |
| Personaxes | |
Le comte Ory (en galego, O conde Ory) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en francés de Eugène Scribe e Charles-Gaspard Delestre-Poirson, segundo o seu vodevil Le Comte Ory do ano 1817, inspirado á súa vez nunha balada medieval. Foi estreada no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París o 20 de agosto de 1828.[5]
Parte da música procede da súa ópera Il viaggio a Reims escrita tres anos antes para a coroación de Carlos X.[6] A obra é ostensiblemente unha ópera cómica no sentido de que a historia é humorística, mesmo pura farsa. Sen embargo, pensouse máis na Opéra que no Teatro da Opéra-Comique e hai inconsistencias estruturais co xénero contemporáneo da opéra comique: mentres que esta última está formada por números líricos relativamente curtos e diálogo falado, Le comte Ory está formado por "altamente desenvolviadas, mesmo macizas formas musicais unidas por recitativo acompañado.[7]Aínda que a ópera contén parte da escritura orquestral máis colorida de Rossini, a pintoresca e breve obertura é extrañamente contenida e sen pretensións, acabando cun susurro de cordas en pizzicato.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 20 de agosto de 1828 (Director: François Antoine Habeneck) |
|---|---|---|
| Conde Ory | Tenor | Adolphe Nourrit |
| Tutor | Barítono | Nicolas Levasseur |
| Isolier | Mezzosoprano | Constance Jawureck |
| Raimbaud | Barítono | Henri-Bernard Dabadie |
| Adèle, condesa de Formoutiers | Soprano | Laure Cinti-Damoreau |
| Ragonde | Mezzosoprano | Mori |
| Alice | Soprano | |
| Primeiro cabaleiro | Tenor | Alexis Dupont |
| Segundo cabaleiro | Barítono | Jean-Étienne-August Eugène Massol |
| Terceiro cabaleiro | Barítono | Henri-Bernard Dabadie el joven |
| Cuarto cabaleiro | Barítono | Ferdinand Prévôt |
| Coro dos cabaleiros de Ory, damas, cruzados, campesiños | ||