Un ballo in maschera
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Un ballo in maschera Un baile de máscaras |
|
|---|---|
| Forma | Ópera seria |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Antonio Somma |
| Fontes literarias | Baseado no libreto de Eugène Scribe para Daniel-François Auber: Gustave III, ou Le Bal masqué (1833). |
| Estrea | 17 de febreiro de 1859 |
| Teatro da estrea | Teatro Apollo |
| Lugar da estrea | Roma |
| Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Personaxes | |
|
Riccardo (tenor lírico-spinto) |
|
Un ballo in maschera (en galego, Un baile de máscaras) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Antonio Somma, baseado no libreto de Eugène Scribe para a ópera Gustave III (1833) de Daniel-François Auber, que se baseou vágamente no asasinato histórico do rei Gustavo III de Suecia. O tema era ben coñecido por ter sido empregado por outros compositores, incluíndo a Daniel-François Auber para a súa ópera de 1833 Gustavo III, ou O baile de máscaras e máis tarde por Saverio Mercadante para a súa ópera Il reggente en 1843. A estrea da ópera tivo lugar no Teatro Apollo de Roma o 17 de febreiro de 1859
En 1792, o rei de Suecia, Gustavo III, foi asasinado como resultado dunha conspiración política contra el. Recibiu un disparo mentres estaba nun baile de máscaras e morreu 13 días máis tarde polas súas feridas. Para o libreto, Scribe conservou os nomes de algunhas das figuras históricas implicadas, a conspiración e o asasinato nun baile de máscaras. O resto da obra -as caracterizacións, o romance, a adeviñación do futuro, etc.- é invención de Scribe e a ópera non é exacta históricamente.
Un ballo in maschera foi unha das óperas máis problemáticas de Verdi, xa que para convertirse no Un ballo in maschera que se coñece hoxe, a ópera de Verdi (e o seu libreto) viuse obrigada a sufrir unha serie de transformacións, causadas por unha combinación de normas de censura tanto en Nápoles como en Roma (pedindo mesmo máis alteracións das que Verdi estaba disposto a aceptar), así como pola situación política en Francia en xaneiro de 1858. O feito da censura fixo a Verdi rachar o contrato co teatro, que o demandou, e Verdi contraatacou cunha demanda por difamación. Finalmente a loita legal concluiu coa retirada das acusacións por parte do teatro, e co compromiso de Verdi de terminar la ópera. Sen embargo, antes da estrea en Roma, a acción tivo que trasladarse de Estocolmo a Boston, e o rei Gustavo tivo que ser sustituido polo conde de Warwick, dado que as autoridades non permitían que unha obra de teatro incluíra cun rexicidio .
A pesar do seu desenlace dramático, Un ballo in maschera conta con moitos momentos de brillantismo e ironía asociada á comedia -unha mestura que levou aos críticos a denominala "Shakespeariana".
Personaxes [editar]
| Personaxe BO: Ambientación orixinal en Boston SW: Ambientación e personaxes suecos |
Tesitura | Reparto na estrea (ambientación en Boston), 17 de febreiro de 1859[3] (Director: - ) |
|---|---|---|
| BO: Riccardo, conde de Warwick e gobernador de Boston SW: Gustavo, rei de Suecia |
tenor | Gaetano Fraschini |
| BO: Amelia, dona de Renato, namorada de Riccardo SW: Amelia, dona de Anckarström, namorada de Gustavo |
soprano | Eugenia Julienne-Dejean |
| BO: Renato, home de Amelia e secretario de Riccardo, mellor amigo e confidente SW: Conde Anckarström, home de Amelia e secretario de Gustavo, mellor amigo e confidente |
barítono | Leone Giraldoni |
| BO: Oscar, paxe de Riccardo SW: Oscar, paxe de Gustavo |
soprano de coloratura | Pamela Scotti |
| BO: Ulrica SW: Madame Arvidson, unha adeviñadora |
contralto | Zelina Sbriscia |
| Un xuiz | tenor | Giuseppe Bazzoli |
| BO: Silvano SW: Cristiano |
baixo | Stefano Santucci |
| Sirvienta de Amelia | tenor | Luigi Fossi |
| BO: Samuel SW: Conde Ribbing |
baixo | Cesare Rossi |
| BO: Tom SW: Conde Horn |
baixo | Giovanni Bernardoni |
Notas [editar]
- ↑ Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 360
Véxase tamén [editar]
|
|||||||