Rigoletto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rigoletto
Forma Ópera
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Francesco Maria Piave
Fontes literarias Víctor Hugo, Le roi s'amuse (1832)
Estrea 11 de marzo de 1851
Teatro da estrea La Fenice
Lugar da estrea Venecia
Duración 2 horas
Música
Compositor Giuseppe Verdi
Localización da partitura Archivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

O duque de Mantua (tenor lírico)
Rigoletto (barítono dramático)
Gilda (soprano lírica ou lixeira)
Sparafucile (baixo)
Maddalena (mezzosoprano ou contralto)
O conde Monterone (barítono)
Nobles, cortesáns[1]
Giovanna (mezzosoprano)
Condesa Ceprano (mezzosoprano)[2]

Rigoletto é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Roi s'amuse de Víctor Hugo, mais a ópera desvíase lixeiramente da obra a causa da censura, xa que o personaxe do Duque era orixinalmente o Rei, e algunha parte do texto tivo que ser trocada debido ao contido político. Foi estreada o 11 de marzo de 1851 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. Está considerada por moitos unha das primeiras obras mestras operísticas de mediados da carreira de Verdi.

Trátase dun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza que ten como protagonista a Rigoletto, un bufón chepudo da corte do Ducado de Mantua.

Esta ópera converteuse na actualidade nun fito do repertorio operístico estándar, aparecendo no décimo posto na lista de Operabase das óperas máis interpretadas mundialmente, sendo a 6.ª en Italia e a segunda de Verdi, logo de La Traviata.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 11 de marzo de 1851[3][4]
(Director: - )
Rigoletto, o bufón do duque barítono Felice Varesi
Gilda, súa filla soprano Teresa Brambilla
Duque de Mantua tenor Raffaele Mirate
Sparafucile, un asasino baixo Paolo Damini[5]
Maddalena, súa irmá contralto Annetta Casaloni
Giovanna, aia de Gilda mezzosoprano Laura Saini
Conde Ceprano baixo Andrea Bellini
Condesa Ceprano, sáu dona mezzosoprano Luigia Morselli
Matteo Borsa, un cortesán tenor Angelo Zuliani
Conde Monterone barítono Feliciano Ponz[6]
Marullo barítono Francesco De Kunnerth
Un subalterno da corte baixo Giovanni Rizzi
Un paxe mezzosoprano Modes Lovati[7]
Coro: cidadáns

Orquestración[editar | editar a fonte]

A orquesta esixe: 2 frautas (Frauta 2 dobra ao piccolo); 2 óboes (Óboe 2 dobla ao corno inglés); 2 clarinetes; 2 fagotes; 4 trompas en Mib, Re, Do, Lab, Sol, e Fa; 2 trompetas en Do, Re, e Mib; 3 trombóns, cimbasso,[8] timbais, bombo e pratos, e cordas.

Fóra de escena: Banda, bombo, 2 campás, máquina de tronos. En escena: Violíns (I e II), violas e contrabaixos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  2. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
  3. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 476.
  4. San Diego Opera Operapaedia - Rigoletto (Cast)
  5. Operas every child should know, Dolores Bacon, Nueva York, 1911, Doubleday, Page & Company, sinala como o Sparafucile da estrea a Ponz.
  6. Operas every child should know, Dolores Bacon, indica como intérprete de Monterone a Damini.
  7. Operas every child should know, Dolores Bacon.
  8. o cimbasso é un instrumento de metal da familia do trombón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: