Alban Berg
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Alban Maria Johannes Berg, nado en Viena o 9 de febreiro de 1885 e finado o 24 de decembro de 1935, foi un compositor austriaco. Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena xunto co seu mestre, Arnold Schönberg, e Anton Webern, tamén alumno de Schönberg. Compuxo nos distintos estilos de principios do século XX, pasando polo atonalismo primeiro, e logo polo dodecafonismo, con obras vencelladas á estética expresionista. Foi denominado o Romántico do dodecafonismo porque as súas composicións combinan o romanticismo Mahleriano cunha adaptación persoal do dodecafonismo de Schönberg, a súa música ten unha sonoridade que sempre evoca á tonalidade, o espítito romántico e unha inclinación marcádamente dramática e expresiva. As súas obras máis coñecidas son o seu Concerto para violín e as óperas Lulu e Wozzeck (composta a partir da obra teatral Woyzeck de Georg Büchner e estreada en 1924 en Viena con grande éxito).
Berg formaba parte da elite cultural vienesa a principios do século XX, encontrándose entre o seu círculo de amigos os músicos Alexander von Zemlinsky e Franz Schreker, o pintor Gustav Klimt, o escritor e sátiro Karl Kraus, o arquitecto Adolf Loos, e o poeta Peter Altenberg.
Faleceu provablemente a causa da picada dun insecto e o consecuente envelenamento sanguíneo, aos 50 anos.