Tiefland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tiefland
Terra baixa
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libreto Alemán
Libretista Rudolf Lothar
Fontes literarias Terra baixa, de Àngel Guimerà
Estrea 15 de novembro de 1903
Teatro da estrea Neue Deutsche Theater
Lugar da estrea Praga
Duración 2 horas 30 minutos
Música
Compositor Eugen d'Albert
Personaxes

Sebastián (barítono)
Pedro (tenor)
Marta (soprano)
Nuri (soprano)
Tomás (baixo
Pepa (soprano)
Antonia (mezzosoprano)
Rosalía (contralto)
Moruccio (baixo)
Nando (tenor)

Tiefland (en galego Terra baixa) é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Eugen d'Albert e libreto en alemán de Rudolf Lothar, baseado na obra teatral do escritor catalán Ángel Guimerá Terra baix. Foi estreada o 15 de novembro de 1903 no Neue Deutsche Theater de Praga.

A ópera trata un tema realista na que dous pastores (Pedro e Nando) pastorean nos Pirineos. Pedro desexa unha muller, daquela Tomás (un ancián aldeán) chega con Marta (amante forzosa do seu amo Sebastián) para que se convirta na súa dona, mais Nando advírtelle dos perigos que lle esperan ao pé das montañas. Cando Pedro descubre a condición de Marta, queda desolado, masi pronto a perdoa. Xa casados, Marta négase a ceder aos desexos de Sebastián e incita a Pedro a que o mate. Tomás declara entón o matrimonio desfeito e durante un enfrontamento entre os dous, Pedro mata a Sebastián.

Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 168 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 27.ª en Alemaña e a primeira de d'Albert, con 18 representacións no período, principalmente en Alemaña e Austria.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 15 de novembro de 1903
Director:
Sebastián (rico facendado) barítono
Pedro (un pastor ao servizo de Sebastián) tenor
Marta (amante de Sebastián, cortexada por Pedro) soprano
Nuri (amiga de Marta) soprano
Tomás (venerable ancián) baixo
Pepa (sirvienta de Sebastián) soprano
Antonia (sirvienta de Sebastián) mezzosoprano
Rosalía (sirvienta de Sebastián) contralto
Moruccio (un muiñeiro) baixo
Nando (un pastor) tenor

Bibliografía[editar | editar a fonte]