Salomé (ópera)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Salome Salomé |
|
|---|---|
Salomé, óleo de Franz von Stuck (1863-1928). Städtische Galerie im Lenbachhaus de München. |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 1 acto |
| Alemán | |
| Libretista | Richard Strauss |
| Fontes literarias | a obra teatral Salomé de O. Wilde |
| Estrea | 9 de decembro de 1905 |
| Teatro da estrea | Semperoper |
| Lugar da estrea | Dresden |
| Duración | 90 minutos |
| Música | |
| Compositor | Richard Strauss |
| Personaxes | |
|
Salomé (soprano dramática ou lírico-spinto) |
|
Salome é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. Foi estreada o 9 de decembro de 1905 no Königliches Opernhaus de Dresden, logo de ser prohibida en Viena, con Ernst von Schuch como director e Marie Wittich no papel de Salomé. Está baseada na tradución alemana de Hedwig Lachmann da obra en francés Salomé de Oscar Wilde. Strauss adicoulle a ópera ao seu amigo Sir Edgar Speyer.[2]
A ópera é famosa (en tempos da súa estrea, foi considerada infame) pola súa "Danza dos Sete Velos", considerada na escandalosa na época. Actualmente é máis coñecida pola sorprendente escena final (de cotío peza de concerto para sopranos dramáticas), onde Salomé declara o seu amor á cabeza cortada de Xoán o Bautista.
Salomé é a primeira ópera que abre novos camiños ao xénero tralo impacto wagneriano e sintonizou coas novas correntes que o mundo de Berlín incorporara ao teatro, no que coexisten simbolismo e decadentismo cun expresionismo incipiente. Acollida con entusiasme —a pesar do escándalo que logo suscitaría en Berlín, Londres ou Nova York—, converteuse nunha das óperas do século XX máis admiradas e representadas.[3]
Personaxes [editar]
| Personaxes | Tesitura | Reparto na estrea, 9 de decembro de 1905 Director: Ernst von Schuch |
|---|---|---|
| Herodes, Tetrarca de Xudea e Perea | tenor | Karel Burian |
| Herodías, súa dona (e cuñada) | mezzosoprano | Irene von Chavanne |
| Salomé, súa fillastra (e sobriña) | soprano | Marie Wittich |
| Jochanaan (Xoán o Bautista) | barítono | Karl Perron |
| Narraboth, Capitán da garda | tenor | Rudolf Ferdinand Jäger |
| O paxe de Herodías | contralto | Riza Eibenschütz |
| Primeiro xudeo | tenor | Hans Rüdiger |
| Segundo xudeo | tenor | Hans Saville |
| Terceiro xudeo | tenor | Grosch |
| Cuarto xudeo | tenor | Anton Erl |
| Quinto xudeo | baixo | Léon Rains |
| Primeiro nazareno | baixo | Theodor Kruis |
| Segundo nazareno | tenor | Friedrich Plaschke |
| Primeiro soldado | baixo | Franz Nebuschka |
| Segundo soldado | baixo | Erwin |
| Un capadocio | baixo | Ernst Wachter |
| Un escravo | soprano/tenor | Maria Keldorfer |
| Invitados reais (exipcios e romanos), e o seu séquito, sirvientes, soldados (todos mudos) | ||
Notas [editar]
- ↑ El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Salome de Boosey & Hawkes
- ↑ [1]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||