Otello (Rossini)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otello ossia Il Moro di Venezia
Otello ou o mouro de Venecia
Forma Ópera
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Francesco Berio, marqués de Salsa
Fontes literarias Otello do barón Carlo Cosenza, adaptación de Othello, or the Moor of Venice, Shakespeare
Estrea 4 de decembro de 1816
Teatro da estrea Teatro del Fondo
Lugar da estrea Nápoles
Duración 3 horas 30 minutos
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Fondazione Rossini, Pésaro
Personaxes

Otello (tenor)
Desdemona (mezzosoprano)
Rodrigo (tenor)
Jago (tenor)
Emilia (mezzosoprano)
Elmiro (baixo)
O dogo de Venecia (tenor)
Lucio (tenor)
Un gondoleiro (tenor)

Otello, ossia il moro di Venezia (en galego Otello, ou o mouro de Venecia é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Francesco Maria Berio di Salsi, baseado na traxedia Otelo de Shakespeare. Foi estreada no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816.

É a única obra rossiniana baseada nun drama de Shakespeare. A ópera adáptase bastante á obra orixinal, ten lugar en Venecia e non en Chipre, e o drama desenvólvese doutro xeito. O papel de Jago é nalgún sentido menos importante e diabólico que na obra orixinal e que na versión de Verdi, estreada en 1887. O Otello de Rossini é un fito importante no desenvolvemento da ópera como drama musical, ademais proporcionou a Verdi un punto de referencia para as súas propias adaptacións de Shakespeare.

Otello, como moitas outras óperas de Rossini, foi caendo pouco a pouco no esquecemento e chegando no século XX a ser a súa presenza prácticamente nula. Como noutros casos houbo que agardar ao renacemento de Rossini para que a obra volvese coller voo. É curioso que o propio Rossini afirmaba que, da súa extensa produción operística, tan só sobrevivirían no tempo Il barbiere di Siviglia completo, o acto II de Guillaume Tell e o acto III de Otello.

Esta ópera represéntase pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto nº 222 das óperas representadas no período 2005-2010 e sendo a 65ª en Italia e a novena de Rossini con 12 representacións nese período[1].

Historia das representación[editar | editar a fonte]

A estrea do Otello de Rossini tivo lugar no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816. A súa estrea no Reino Unido foi o 16 de maio de 1822 no King's Theatre de Londres, e a premier americana tivo lugar o 7 de febreiro de 1826 en Park Theatre in New York on 7 February 1826.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 4 de decembro de 1816
(Director: - )
Otello tenor Andrea Nozzari
Desdemona mezzosoprano Isabella Colbran
Rodrigo tenor Giovanni David
Jago tenor Giuseppe Ciccimarra
Emilia mezzosoprano Maria Manzi
Elmiro baixo Michele Benedetti
O dogo de Venecia tenor Gaetano Chizzola
Lucio tenor Nicola Mollo
Un gondoleiro tenor Nicola Mollo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otello