Roberto Devereux
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Roberto Devereux, ossia Il conte d'Essex | |
|---|---|
Robert Devereux, 2º conde de Essex, óleo de Marcus Gheeraerts o Xove |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Salvatore Cammarano |
| Fontes literarias | Elisabeth d'Angleterre de François Andelot |
| Estrea | 29 de outubro de 1837 |
| Teatro da estrea | Teatro di San Carlo |
| Lugar da estrea | Nápoles |
| Duración | 2 horas 15 minutos |
| Música | |
| Compositor | Gaetano Donizetti |
| Personaxes | |
Roberto Devereux ou Roberto Devereux, ossia Il conte di Essex (en galego Roberto Devereux, ou o conde de Essex) é unha traxedia lírica, ou ópera tráxica, de Gaetano Donizetti con libreto en italiano de Salvatore Cammarano baseado na traxedia Elisabeth d'Angleterre, de François Ancelot, aínda que Devereux foi o tema de alo menos outras dúas obras francesas: Le Comte d'Essex de Thomas Corneille e Le Comte d'Essex de La Calprenede. Esta ópera foi estreada o 29 de outubro de 1837 no Teatro di San Carlo de Nápoles protagonizada por Giuseppina Ronzi De Begnis, seguido por Venecia, con Caroline Ungher, Lisboa (1838), París con Giulia Grisi.
A ópera está inspirada libremente na vida de Robert Devereux, segundo conde de Essex, un influente membro da corte de Isabel I de Inglaterra. A trama de Roberto Devereux non era nada orixinal, derivada en principio do libreto de Felice Romani Il Conte d'Essex de 1833, orixinalmente con música de Saverio Mercadante; a viúva de Romani acusou a Cammarano de plaxio, aínda que a práctica de roubar tramas foi moi común entre os teatros de ópera rivais de Italia. É unha das numerosas óperas que Donizetti dicou á Era Tudor inglesa, xunt con Anna Bolena, Maria Stuarda e Il castello di Kenilworth.
Tense sinalado que, "aínda que a trama xoga coa historia, a ópera leva a súa propia marca de convicción dramática".[1]
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 29 de outubro de 1837 (Director: – ) |
|---|---|---|
| Elisabetta, reina de Inglaterra | soprano | Giuseppina Ronzi de Begnis |
| O duque de Nottingham | barítono | Paul Barroilhet |
| Sara, duquesa de Nottingham | mezzosoprano | Almerinda Manzocchi Granchi |
| Roberto Devereux, conde de Essex | tenor | Giovanni Basadonna |
| Lord Cecil | tenor | Timoleone Barattini |
| Sir Gualtiero Raleigh | baixo | Anafesto Rossi |
| Un paxe | contralto | Giuseppe Benedetti |
| Un criado de Nottingham | baixo | |
| Señores do parlamento, cabaleiros, paxes, gardas de Nottingham | ||
Notas [editar]
- ↑ William Ashbrook y Sarah Hibberd, en Holden, p. 239