La cambiale di matrimonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La cambiale di matrimonio
O contrato de matrimonio
Forma Ópera
Actos e escenas 1 acto
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Gaetano Rossi
Fontes literarias Baseado na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia.
Estrea 3 de novembro de 1810
Teatro da estrea Teatro San Moisè
Lugar da estrea Venecia
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Perdida
Personaxes

Tobías Mill (baixo)
Fanny (soprano)
Edward Milfort tenor
Slook (baixo)
Norton (baixo)
Clarina (soprano)

La cambiale di matrimonio (en galego O contrato de matrimonio) é unha ópera buffa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Rossi. O libreto baseouse na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia, Il matrimonio per lettera de cambio (1807). Trátase da primeira ópera composta por Rossini e foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 3 de novembro de 1810.

Composta nuns poucos días cando tiña 18 anos, esta farsa buffa foi a primeira ópera profesional de Rossini, composta seguindo a moda da época, na que se estilaban moito estas pequenas óperas absurdas e cómicas. A abertura, escrita cando era estudante no Liceu Musicale en Boloña, é habitual no repertorio de concerto.[1]

Esta ópera case non se representa na actualidade. Nas estatísticas de Operabase aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.

Representacións[editar | editar a fonte]

A partitura chamou a atención dende o mesmo momento dos ensaios. A orquestra encargada de tocar quedou estrañada ao ver tal cúmulo de notas ata tal punto que chegaron a afirmara que aquilo era imposible de tocar porque non se entendería absolutamente nada. As óperas italianas precedentes non eran tan densas dende o punto de vista orquestral. Sen embargo os ensaios seguiron adiante e finalmente a farsa foi estreada colleitando bos resultados.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 3 de novembro de 1810
(Director: -)
Tobías Mill (un comerciante inglés) baixo buffo Luigi Raffanelli
Fanny (filla de Tobías) soprano Rosa Morandi
Edward Milfort (pretendente de Fanny) tenor Tommaso Ricci
Slook (un comerciante canadiano) baixo buffo Nicola De Grecis
Norton (empregado de Tobías) baixo Domenico Remolini
Clarina (doncella de Fanny) mezzosoprano Clementina Lanari

Argumento[editar | editar a fonte]

Nunha cidade inglesa do século XVIII, un mercader local, Tobias Mill, recibe un contrato de matrimonio en branco dun home de negocios canadiano, Mr. Slook, que ten intención de casar en Inglaterra. A pesar da sorpresa, Mill anuncia aos seus criados Norton e Clarina que pretende aceptar o contrato en favor da súa filla Fanny. Cando Fanny e o seu amante pobre Edward Milfort se enteran, Milfort promete loitar por ela. Slook chega a escena e vese sorprendido tanto pola elaborada recepción como pola prontitude con que Mill quere levar a cabo o matrimonio. Slook diríxese a Fanny nun duetto que pronto se expande cando Milfort se une ameazando a Slook físicamente a non ser que abandone a cidade de inmediato.

Slook ofrece retirar a oferta, mais Mill síntese traizoado e o desafía a un duelo. Slook fai de Milfort o seu herdeiro, cédelle a Fanny e se prepara para dixar a cidade. Fanny e Milfort están agradecidos e Slook reláxase fumando unha pipa. Mill, que non sabe nada do acordo, irrumpe en escea. Todo o asunto é aclarado e consecuentemente celebrado.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini foi escrita para pequena orquestra, composta por:

Para os recitativos:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia
  • 1 Introduzione Non c'è il vecchio sussurrone (Norton, Clarina, Mill)
  • 2 Duetto Tornami a dir che m'ami (Edoardo, Fannì)
  • 3 Aria Grazie, grazie! (Slook)
  • 4 Terzetto Darei per sì bel fondo (Slook, Fannì, Edoardo)
  • 5 Aria Anch'io son giovane (Clarina)
  • 6 Duetto Dite presto dove sta (Mill, Slook)
  • 7 Recitativo e aria Vorrei spiegarvi il giubilo (Fannì)
  • 8 Finale Porterò così il cappello (Mill, Slook, Clarina, Fannì, Norton, Edoardo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0931340713

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: