Il trovatore
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Il trovatore O trabador |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 4 actos (indicados como "partes") |
| Italiano | |
| Libretista | S. Cammarano, rematado por Leone Emanuele Bardare |
| Fontes literarias | Baseado na obra de Antonio García Gutiérrez, El Trovador (1836) |
| Estrea | 19 de xaneiro de 1853 |
| Teatro da estrea | Teatro Apollo |
| Lugar da estrea | Roma |
| Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| coro | Participación destacable[2] |
| Personaxes | |
|
Manrico (tenor lírico-spinto) |
|
Il trovatore (en galego O trobador) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseada na obra de teatro El trovador (1836) de Antonio García Gutiérrez. Foi estreada no Teatro Apollo de Roma, o 19 de xaneiro de 1853.[4] Forma parte, xunto con Rigoletto e La traviata, da chamada "triloxía verdiana", formada polas óperas máis populares de Verdi escritas de xeito consecutivo.
Cammarano morreu a mediados de 1852 antes de rematar o libreto, feito que dou ao compositor a oportunidade de propor revisións significativas, que baixo a súa direción realizou o xove libretista Leone Emanuele Bardare,[5] e se ven en gran medida na ampliación do papel de Leonora.
A trama -intricada e novelesca- desenvólvese entre Biscaia e Aragón, no marco da revolta de Jaume d'Urgel a principios do século XV contra Fernando de Antequera, a raíz do resultado do Compromiso de Casp, ao que se chegou logo da morte sen fillos de Martiño o Humano.[6]
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 19 de enero de 1853[7] (Director: – ) |
Versión revisada en francés (Le trouvère), 12 de enero de 1857[8] (Director: – ) |
|---|---|---|---|
| Conde de Luna, un noble ao servizo do príncipe de Aragón | barítono | Giovanni Guicciardi | Marc Bonnehée |
| Manrico, un trobador e oficial no exército do príncipe de Urgell | tenor | Carlo Baucardé | Louis Guéymard |
| Azucena, unha xitana, supóstamente nai de Manrico | mezzosoprano | Emilia Goggi | Adelaide Borghi-Mamo |
| Leonora, dama noble, namorada de Manrico e cortexada por De Luna | soprano | Rosina Penco | Pauline Guéymard-Lauters |
| Ferrando, oficial de Luna | baixo | Arcangelo Balderi | Prosper Dérivis |
| Ines, confidente de Leonora | soprano | Francesca Quadri | Mme Dameron |
| Ruiz, secuaz de Manrico | tenor | Giuseppe Bazzoli | Sapin |
| Un vello xitano | baixo | Raffaele Marconi | |
| Un mensaxeiro | tenor | Luigi Fani | |
| Amigos de Leonora, monxas, lacaios do conde, guerreiros, xitanos | |||
Notas [editar]
- ↑ Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ Roger Alier, Marc Heilbron e Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Budden, Vol. 2, p. 66
- ↑ Budden, Vol. 2, p. 65
- ↑ Alier, Roger Guia Universal de la ópera. Barcelona, 2007, Edicións Robinbook. Pág. 912. ISBN 978-84-96924-03-1
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 58.
- ↑ Lista de cantantes tomada de Pitou, p. 1335.
Véxase tamén [editar]
|
|||||||