Jaume Aragall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jaume Aragall Garriga, nado en Barcelona o 6 de xuño de 1939, é un tenor español.

Iniciou os seus estudos musicais en Barcelona xunto a Jaime Francisco Puig. Máis tarde mudouse a Milán mercede unha bolsa concedida polo Gran Teatro do Liceo de Barcelona. Alí estudou xunto a Vladimir Badiali.

En 1963 gañou o concurso de voces verdianas de Busseto, e nese mesmo ano debutou en Italia, no Teatro de La Fenice de Venecia coa ópera Gerusalemme de Giuseppe Verdi. Na Scala de Milán debutou con L'amico Fritz de Mascagni. En xaneiro de 1964 interpretou o papel de Rodolfo en La Bohème.

Nas seguintes tempadas cantou no Liceu, así como na Ópera Estatal Húngara, La Fenice de Xénova, no Teatro Massimo de Palermo, o Teatro Regio de Parma, en Módena, Nápoles, Roma e Turín.

En 1966 interpretou o papel de Romeo na ópera de Vincenzo Bellini I Capuleti e i Montecchi na Scala xunto a Renata Scotto e o mozo Luciano Pavarotti.

Aragall actuou nos teatros máis importantes do mundo, interpretando as óperas máis coñecidas. O seu repertorio inclúe tamén algunhas obras menos populares como Esclarmonde de Jules Massenet ou Caterina Cornaro de Gaetano Donizetti, que gravou xunto a Montserrat Caballé.

Recibiu numerosos premios e distincións, como o título de Kammersänger da Wiener Staatsoper, a Cruz de Sant Jordi (1984) e a Medalla de Oro da Generalitat de Cataluña en 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]