Revolución de 1830

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Liberté guidant le peuple de Eugène Delacroix (1833), obra pictórica convertida en símbolo da Revolución de 1830

A Revolución de 1830, tamén coñecida como Revolución de Xullo, foi unha revolta da clase media francesa contra o rei Carlos X que o forzou a abdicar, sendo substituído polo rei orleanista Luís-Filipe co título de rei dos franceses e non o tradicional de rei de Francia.

Contexto[editar | editar a fonte]

Escena da Revolución de 1830

Cando Carlos X subiu ao trono o 16 de setembro de 1824, Francia ía progresando cara a reconstrución tras as guerras napoleónicas, o seu antecesor Luís XVIII aínda que autocrático mantivera unha maior liberdade que a que se gozaba no Antigo Réxime antes da revolución en parte por ser imposible unha volta atrás xa que a alta burguesía era cada volta máis poderosa a consecuencia do desenvolvemento económico, aínda que houbo represión contra os que se distinguiran no réxime anterior coñecido como o terror branco e volveuse á alianza entre a Igrexa e o Estado. Existía unha asemblea electa, a Cámara dos Deputados, pero o seu poder era escaso e a burguesía aspiraba a establecer unha monarquía liberal e Carlos tiña o desexo de volver a unha monarquía absoluta.

Revolta[editar | editar a fonte]

No mes de xullo de 1830 en resposta ao intento do rei de poñer en práctica as teorías da supremacía das prerrogativas reais estoupou en París unha revolta que percorreu os barrios populares pedindo a abdicación do rei e en resposta á saída á rúa do exército

Luís Filipe de Francia

para restablecer a orde a poboación atacou as armerías formando unha milicia para facer fronte ao exército pero o exército negouse a disparar sobre os manifestantes, en resposta o rei abdicou e saiu ao exilio. En só tres días triunfou a revolución que supuxo o triunfo do liberalismo, estableceuse unha monarquía, a de Luís Filipe, sometida ao Parlamento, establecéronse as liberdades públicas e un sistema de elección baseado no sufraxio censitario que lle daba acceso ao voto aos propietarios. A revolución de 1830 tivo unha repercusión internacional extendéndose a outros países e establecéndose monarquías constitucionais.