Vincenzo Bellini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicenzo Bellini

Vincenzo Salvatore Carmelo Francesco Bellini, coñecido simplemente como Vincenzo Bellini, nado o 3 de novembro de 1801 en Catane (Reino de Sicilia) e finado o 23 de setembro de 1835 en Puteaux (Hauts-de-Seine, Francia), foi un compositor italiano do Romanticismo.

Finado case aos 34 anos por un tumor intestinal, Bellini deixou, a pesar da súa curta carreira, algunhas das óperas máis interpretadas do repertorio lírico como La sonnambula (1831), Norma (1831) e I puritani (1835).

Traxectoria [editar]

Bellini formouse no conservatorio de San Pietro a Majella de Nápoles. Pronto encárganlle Bianca e Gernando interpretada con éxito en 1826 no Teatro San Carlo; a obra foi tan ben recibida que invitaron inmediatamente a Bellini a compoñer para a Scala de Milán Il pirata (1827).