Vangardas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vangarda")
The Love of Zero, 35mm film Robert Florey1928.jpg

No seu sentido literal, vangarda (que ven do francés Avant Garde, "garda avante") fai referencia ao batallón militar que precede as tropas en ataque durante unha batalla. De aí dedúcese que vangarda é aquilo que "está á fronte".

Desta dedución xorde a definición adoptada por unha serie de movementos artísticos e políticos do fin do século XIX e inicio do século XX. Os movementos europeos de vangarda eran aqueles que, segundo os seus propios autores, guiaban a cultura dos seus tempos, estando de certa forma á fronte deles. Moitos destes movementos acabaron por asumir un comportamento próximo ao dos partidos políticos: posuían militantes, lanzaban manifestos e consideraban que a verdade se atopaba con eles.

Orixe[editar | editar a fonte]

A pintura de Cézanne abriu camiño para as varias experimentacións estéticas que virían a caracterizar as vangardas do inicio do Século XX.

A expresión comezou a ser usada na década de 1860, por ocasión do Salon des Refusés (O Salón dos Recusados), onde os artistas excluídos do Salón de París estaban expondo.

Orixinalmente, e como moitos destes artistas estaban ligados ao movemento realista, a vangarda estaba identificada coa promoción do progreso social: o individuo ou grupo a ela ligado sería responsábel dun movemento de reformas sociais. Co tempo, o termo pasou a ser usado tamén para referirse a artistas máis preocupados soamente coa experimentación estética (como as vangardas do inicio do século XX, normalmente as máis asociadas á expresión). De calquera forma, sempre se mantivo a idea dun movemento artístico como un movemento político (composto por manifestos, militancia, etc).

O advento do moderno[editar | editar a fonte]

Acostumase a situar o xerminar da arte moderna do século XX cos experimentos estéticos realizados por Paul Cézanne nas décadas de 1870 e 80. A percepción do espazo pictórico estudado por Cézanne é considerado un punto de partida para a obra de diversos artistas vindeiros e xera o inicio de liñas paralelas de evolución da arte europea.

Cada unha das vangardas que xurdirían nas décadas seguintes interpretarían de formas diferentes eses estudos e os seguiría de formas diversas.

Movementos vangardistas[editar | editar a fonte]

Como se cita mais enriba, o termo aplícase a calquera movemento que propoña unha nova visión da arte. Porén, acostúmase a asocialo principalmente aos movementos ocorridos no período post-Impresionismo e anterior á posmodernismo. Nese caso, acostúmase clasificalos en vangardas positivas e vangardas negativas, aínda que moitos movementos (como os expresionismos) fuxan desta división.

Vangardismo Galego[editar | editar a fonte]

Vangardas positivas[editar | editar a fonte]

Cubismo[editar | editar a fonte]

Naceu en Francia no ano 1907, os seus expoñentes principais foron Pablo Picasso e Georges Braque. As súas liñas principais consisten en: a asociación de elementos imposibles de concretar, desdobramento do autor, disposición gráfica das palabras, substitución do sentimental co humor e a alegría e o retrato da realidade a través de figuras xeométricas. Dentro das técnicas usadas atopamos o collage, e principalmente, a descomposición das imaxes en figuras xeométricas de modo de representar o obxecto na súa totalidade, incluídos tódolos seus planos, na obra. Tivo dúas etapas, un cubismo analítico, que buscaba a descomposición total do obxecto, e un cubismo sintético, no cal descártase a perspectiva para representar tódolos planos do obxecto na mesma obra.

Vangardas negativas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ARGAN, Giulio Carlo; Arte moderna; Son Paulo: Editora Compañía das Letras, 1992
  • HELENA, Lucía. Modernismo brasileiro e vangarda. Serie Principios. Son Paulo: Ática, 1986

Outros artigos[editar | editar a fonte]