Falstaff (ópera)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Falstaff | |
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos, 6 cadros |
| Italiano | |
| Libretista | Arrigo Boito |
| Fontes literarias | William Shakespeare, The Merry Wives of Windsor e Henry IV (partes I E II) |
| Estrea | 9 de febreiro de 1893 |
| Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
| Lugar da estrea | Milán |
| Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
| Personaxes | |
|
Sir John Falstaff (barítono) |
|
Falstaff é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, que é unha adaptación da obra teatral de William Shakespeare The Merry Wives of Windsor (As alegres comadres de Windsor) e pequenas pasaxes de Henry IV, tamén de Shakespeare. Así, como en Otello, Falstaff presenta un libreto que, ademais de basearse no texto de Shakespeare, respecta e dialoga coas características do dramaturgo inglés. Foi a última ópera de Verdi, escrita cando o compositor xa tiña 77 anos, e a súa segunda ópera cómica das vinteseis que compuxo. Así como en Macbeth e Otello, esta foi a terceira ópera de Verdi baseada nunha obra de Shakespeare. Foi estreada o 9 de febreiro de 1893 no Teatro alla Scala de Milán cun gran éxito.
Verdi sopesara a posibilidade de escribir unha ópera baseada no Rei Lear, e Arrigo Boito máis tarde tentou interesalo en Antonio e Cleopatra,[4] mais ningún dos proxectos foi levado a término.
Non acadou a gran popularidade doutras óperas de Verdi que a precederon como Aida e Otello. Falstaff foi admirada polo público e a crítica debido á súa brillante orquestración, ao seu chispeante libreto e á súa refinada invención melódica. Esta ópera está no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.De feito esta ópera aínda se representa con frecuencia por todo o mundo, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto n.º 24 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 14.ª en italiano e a sexta de Verdi, logo de La traviata, Rigoletto, Aida, Nabucco e Il trovatore.
Índice |
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 9 de febreiro de 1893[5] (Director: Edoardo Mascheroni)[6] |
|---|---|---|
| Sir John Falstaff, cabaleiro obeso | Barítono | Victor Maurel |
| Mr Ford, cabaleiro rico | Barítono | Antonio Pini-Corsi |
| Alice Ford, súa dona | soprano | Emma Zilli |
| Nannetta, súa filla | soprano | Adelina Stehle |
| Meg Page, dama adiñeirada | mezzosoprano | Virginia Guerrini |
| Mrs Quickly, amiga de Alice | contralto | Giuseppina Pasqua |
| Fenton, namorado de Nannetta | tenor | Edoardo Garbin |
| Dr Cajus, prometido de Nannetta | tenor | Giovanni Paroli |
| Bardolfo, secuaz de Falstaff | tenor | Paolo Pelagelli-Rossetti |
| Pistola, secuaz de Falstaff | baixo | Vittorio Arimondi |
| Pousadeiro | personaxe mudo | Attilio Pulcini |
| Robin, paxe de Falstaff | personaxe mudo |
Orquestración [editar]
Verdi incluiu na orquestra para Falstaff:
- 3 piccolos,
- 2 óboes,
- Corno Inglés,
- 2 clarinetes,
- Clarinete baixo,
- 2 fagots,
- 4 trompas,
- 3 trompetas,
- 3 trombóns,
- Tuba,
- timbais,
- Percusión (Triángulo, Platillos, Bombo),
- Arpa,
- Cordas.
- En escena, guitarra, corno e campás.
Notas [editar]
- ↑ Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala barítono.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Steen, p. 543
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 416.
- ↑ Budden, p. 430
Véxase tamén [editar]
|
|||||||