La Voix humaine (Poulenc)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Voix humaine
A voz humana
Alt Telefon.jpg
La Voix humaine é unha ópera en forma de monólogo que pasa ao teléfono.
Forma Ópera
Actos e escenas 1 acto
Idioma orixinal do libreto Francés
Libretista Jean Cocteau
Fontes literarias La Voix humaine, de Jean Cocteau
Estrea 6 de febreiro de 1959
Teatro da estrea Salle Favart
Lugar da estrea París
Duración 40 minutos
Música
Compositor Francis Poulenc
Personaxes

Elle (soprano)

La Voix humaine (en galego, A voz humana) é unha ópera ("traxedia lírica") nun acto para un so personaxe, con música de Francis Poulenc e libreto en francés de Jean Cocteau, adaptado da súa obra de teatro homónima de 1930. Foi estreada na Salle Favart de París o 6 de febreiro de 1959.

Historia[editar | editar a fonte]

La Voix humaine foi composta no ano 1958, se ben non foi estreada ata o 6 de febreiro do ano seguinte na Salle Favart de París. Poulenc escribiu a ópera para Denise Duval, unha soprano francesa, e a estrea foi dirixida por Georges Prêtre.

Outras sopranos que teñen cantado o papel son Karan Armstrong, Dame Josephine Barstow, June Card, Dame Gwyneth Jones, Dame Felicity Lott, Catherine Malfitano, Audra McDonald, Julia Migenes, Maralin Niska, Jessye Norman, Magda Olivero, Gerlinde Sämann, Renata Scotto, Anja Silja, Elisabeth Söderström, Phyllis Treigle, Galina Vishnevskaya e Carole Farley.

Esta ópera continúa no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto 94 das óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 11ª en Francia e a segunda de Poulenc con 39 representacións.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Soa o teléfono. Moitas persoas ocupan a liña mentres o único personalle -"Elle", unha rapaza nova- agarda unha chamada de quen ten sido o seu amante ("Cheri": Querido) durante cinco anos, o menor sinal pola súa parte. O teléfono soa de novo. Ela fálalle da súa noite anterior, a súa dor de cabeza, a súa comida, as súas compras. El quere cortala, mais ela segue, dille que pode seguir os seus asuntos cando quera, impídelle pedir desculpas. Ela dille "Son eu que son parva" e a enche de loubanzas, «Ti es moi doce», «Non me creo tan forte» e se defende de tomar parte na comedia, de deixarse atrapar por ela. «Non teño a voz dunha persoa que esconde algo». «Decidín ter coraxe, teño o que merezo», «Todo é culpa miña». Ela dille, ao final, que poderá vir buscar o seu bolso á conserxería e que é posible que ela pase algúns días no campo. A liña segue funcionando, «É gracioso porque te escoitho como se estiveras na habitación... ¡Aló, aló! (...) Vamos ben, agora, te escoito ben, pero moi lonxe, moi lonxe, (...) Quero dicir que mellor que nunca en toda esta hora ... Semella que non é seu aparato».

El dille que a deixa por outra, que vai casar ao día seguinte. É a derradeira vez que falarán. Durante a conversa, o público descubre que a muller ten tentado suicidarse. O servizo telefónico de París era tristemente famoso pola súa baixa calidade na época, así que a conversa se interrumpe varias veces durante a desesperante conversa. A pesar dás súas imprecacións rogos e reclamos, el a deixa e ela suicídase.

Características[editar | editar a fonte]

A obra ten forma dun monólogo, con longas pasaxes de canto sen acompañamento musical que requiren particularmente os talentos de actriz da intérprete.

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Reparto (Ella) Director,
Teatro de ópera e orquestra
Sello discográfico
1959 Denise Duval Georges Prêtre,
Orquestra da Opéra-Comique
EMI
1976 Jane Rhodes Jean-Pierre Marty,
Orchestre national de France
(édition du Centenaire, IMVO15, 1994 INA)
1991 Julia Migenes Georges Prêtre,
Orchestre national de France
Erato
1997 Françoise Pollet Jean-Claude Casadesus,
Orchestre national de Lille
Harmonia Mundi
2001 Felicity Lott Armin Jordan,
Orchestre de la Suisse Romande
Harmonia Mundi

A ópera foi rexistrada en video por Carole Farley e Julia Migenes, gravada por Felicity Lott, Francoise Poillet, Jane Rhodes, e interpretada por figuras como Anja Silja, Magda Olivero, Josephine Barstow, Gwyneth Jones, Galina Vishnévskaya, Jessye Norman, Elisabeth Söderström ou Renata Scotto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]