Anton Chekhov

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anton Chekhov
Nome completoАнтонъ Павловичъ Чеховъ
AlcumeБрат моего брата, Человек без селизёнки e Антоша Чехонте
Nacemento29 de xaneiro de 1860, 1860 e 17 de xaneiro de 1860
Lugar de nacementoTaganrog
Falecemento2 de xullo de 1904, 15 de xullo de 1904 e 1904
Lugar de falecementoBadenweiler
Causatuberculose
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso
Alma máterMedical faculty of Moscow University, Chekhov Gymnasium, I.M. Sechenov First Moscow State Medical University e MSU Faculty
Ocupaciónmédico, novelista, xornalista, escritor, prosista, satirico e dramaturgo
PaiPavel Chekhov
NaiEvgenia Chekhova
CónxuxeOlga Knipper
IrmánsMaria Tchékhov, Aleksandr Tchekhov, Nikolai Chekhov e Michail Cechov
Coñecido porA Gaivota, O Jardim das Cerejeiras, Dyádya Ványa, Vanka e As Três Irmãs
PremiosOrder of Saint Stanislaus, 3rd class, Pushkin Prize, Medal for works on the first general census, Honorary Citizen of the Russian Empire e Order of Saint Stanislaus
Na rede
IMDB: nm0155009 Allocine: 74068 Allmovie: p316603 IBDB: 4213
Facebook: AntonChekhovAuthor Musicbrainz: ecf035ed-ecd5-478e-a76e-0b524f0a7dc1 Discogs: 882466 IMSLP: Category:Chekhov,_Anton WikiTree: Chekhov-1 Find a Grave: 193 Genius: Anton-chekhov Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anton Pavlovich Chekhov (en ruso: Антон Павлович Чехов), nado en Taganrog (Rusia) o 29 de xaneiro de 1860 e finado en Badenweiler (Alemaña) o 14 ou 15 de xullo de 1904, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno[1] considerado un dos máis grandes escritores de todos os tempos. A súa carreira como dramaturgo produciu catro clásicos, e os seus mellores relatos son moi apreciados por escritores e críticos.[2][3] Xunto con Henrik Ibsen e August Strindberg, Chekhov é frecuentemente referido como unha das tres figuras fundamentais do nacemento do primeiro modernismo no teatro.[4] Chekhov era médico de profesión. "A medicina é a miña lexítima esposa", dixo unha vez, "e a literatura a miña amante".[5]

Chekhov renunciou ao teatro tras a mala recepción de A gaivota (en ruso: Чайка, Txaika) en 1896, pero a obra foi reestreada con grande éxito en 1898 no Teatro de Arte de Moscova de Constantin Stanislavski, que posteriormente produciu tamén Tío Vania (ruso: Дядя Ваня – Dyadya Vanya) de Chekhov e estreou as súas dúas últimas obras, Tres irmás (en ruso: Три сeстры́, Tri sestry) e O xardín das cerdeiras (en ruso: Вишнëвый сад, Vishniovy sad). Estas catro obras supoñen un reto para o conxunto actoral[6] así como ao público, porque en lugar da acción convencional Chekhov ofrece un "teatro do estado de ánimo" e unha "vida mergullada no texto".[7] As obras que escribiu Chekhov non eran complexas, senón fáciles de seguir, e creaban unha atmosfera un tanto inquietante para o público.[1]

Chekhov ao principio escribía contos para gañar diñeiro, pero a medida que crecía a súa ambición artística, introduciu innovacións formais que influíron na evolución do conto moderno.[8] Non se desculpaba polas dificultades que isto expuña aos lectores, insistindo en que o papel dun artista era expor preguntas, non respondelas.[n. 1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia en Taganrog[editar | editar a fonte]

Casa natal de Anton Chekhov en Taganrog, rúa Chekhova, Rusia
O mozo Chekhov en 1882
O ximnasio de nenos de Taganrog a finais do século XIX. A cruz enriba xa non está presente.
Retrato do mozo Chekhov con roupa de campo
O mozo Chekhov (á esquerda) co irmán Nikolai en 1882

Anton Chekhov naceu no seo dunha familia rusa o día da festividade de san Antón Abade (17 de xaneiro calendario xuliano), o 29 de xaneiro de 1860, en Taganrog, un porto do mar de Azov -na rúa Politseyskaya (Policía), máis tarde rebautizada como rúa Chekhova-, no sur do Imperio ruso. Foi o terceiro de seis fillos.[n. 2] O seu pai, Pável Yegórovich Chekhov, era fillo dun antigo servo e da súa esposa,[9] era natural da aldea Olkhovatka (Gobernación de Vorónezh) e rexentaba unha tenda de comestibles.[n. 3] Director do coro parroquial, devoto cristián ortodoxo e pai que agredía fisicamente o seu fillo, e visto por algúns historiadores como modelo para os moitos personaxes hipócritas creados polo seu fillo[10] A nai de Chekhov, Ievguenia Iacovlevna Morozov, era unha excelente narradora de histprias que entretiña aos nenos con historias das súas viaxes co seu pai, comerciante de teas, por toda Rusia.[11][12][13] "Os nosos talentos obtivemolo do noso pai", recordou Chekhov, "pero a nosa alma obtivemola da nosa nai".[n. 4] O pai, marcado polo estigma dun ex-servo, educou os fillos de forma autocrática, habituándoos a obedecer. Deulles, non obstante, acceso á educación. Posibilitou que os fillos entrasen nun dos mellores liceos da cidade. Tiveron clases de música e francés.

Anton foi acólito. Con todo, pouco lle ficou da inspiración relixiosa (que a propósito era moi marcada no pai, dirixente do coro da Igrexa). Como Anton dixo a este respecto: "o corazón está como que varrido".

Cando adulto, Chekhov criticou o tratamento de seu irmán Aleksandr perante súa esposa e fillos, lembrándolle da tirania do seu pai:

Permíteme que che pida que lembres que foron o despotismo e a mentira os que arruinaron a mocidade da túa nai. O despotismo e a mentira mutilaron tanto a nosa infancia que dá noxo e medo pensalo. Lembra o horror e o noxo que sentiamos naqueles tempos en que papá collía unha perrencha na cea por exceso de sal na sopa e chamaba parva a mamá.'"
Chekhov sobre a tirania de seu pai nunha carta a seu irmán Aleksandr.[n. 5] 2 de xaneiro de 1889, en Malcolm, p. 102.}[n. 6]

Chekhov asistiu á Escola grega de Taganrog e ao Gymnasium' de Taganrog (desde entón rebautizado como Ximnasio Chekhov), onde aos quince anos foi retido durante un ano por suspender un exame de grego antigo.[15] Cantou no mosteiro ortodoxo grego de Taganrog e no coro do seu pai. Un padre que lle deu clase de relixión chamábao con menosprezo "Cech"onte (cech significa servo). A mensaxe: ti non pasas de fillo de servo. Máis tarde, cando publicaba os primeiros contos en xornais, Chekhov usou o pseudónimo "Antosa Cechonte" con ironía.

A partir dos trece anos, ficou fascinado polo teatro da cidade, que dado o pouco diñeiro que tiña non frecuentaba tantas veces como quería. Como estaba prohibida a entrada a rapaces non acompañados de adultos e sen a autorización do liceo, chegou a "disfrazarse" de adulto, usando unha barba postiza.

Nunha carta de 1889 ao seu irmán Aleksandr, Anton Chekhov resume a súa infancia na seguinte frase, plena de ironía: "Fillo dun servo, ... empregado de comercio, cantor na igrexa, estudante do liceo e da universidade, educado para a reverencia de superiores e para beixos de man, para se inclinar perante os pensamentos alleos, para a gratitude por calquera pequeno pedazo de pan, moitas veces sobado, indo á escola sen galochas".

Nunha carta de 1892, utilizou a palabra "sufrimento" para describir a súa infancia e lembrou:

Cando os meus irmáns e máis eu nos poñiamos no medio da igrexa e cantabamos o trío "Que a miña oración sexa exaltada", ou "A voz do arcanxo", todos nos miraban emocionados e envexaban os nosos pais, pero nós nese momento sentiamos como pequenos convictos.
Carta a I.L. Shcheglov, 9 de marzo de 1892. [16]

Crise familiar nos anos despois de 1876[editar | editar a fonte]

En 1876, Pavel, o pai de Anton, decide comprar unha casa maior,[n. 7] ao tempo que alugou un segundo comercio. O seu desexo de ascensión social suplantou a súa prudencia económica. As súas débedas medraron e en breve ficou incapaz das pagar. En abril de 1877 estivo a piques de ser preso. Pavel fuxiu ilegalmente a Moscova, onde os fillos Aleksandr e Nikolaj estudaban. A esposa ficou para vender a casa e pagar as débedas, e despois xuntouse co marido en Moscova. A familia vivía na pobreza en Moscova. A nai de Chekhov estaba física e emocionalmente rota pola experiencia.[17] Anton (con 17 anos de idade) e Mikhail (16) ficaron en Taganrog, para acabar o liceo. A nai escribiulle de Moscova: "vende a cómoda e as cousas, axiña, non nos deixes morrer de angustia". Mikhail foi despois a Moscova en tanto que Anton quedaba en Taganrog, onde tivo que pagarse a súa propia educación, que conseguiu dando clases particulares, cazando e vendendo xílgaros e vendendo breves bosquexos aos xornais, entre outros traballos. Enviaba todos os rublos que lle sobraban á súa familia en Moscova, xunto con cartas humorísticas para animalos. [18] (o que el relatou despois nun conto). Permaneceu en Taganrog durante tres anos máis, albergando cun home chamado Selivanov que, como Lopakhin en A horta de cereixas, rescatara á familia polo prezo da súa casa.[19] En 1876 fora inaugurada a primeira biblioteca pública en Taganrog. As notas de Anton no liceo melloraron nos anos en que viviu soíño.

Durante este tempo, leu moito e de forma analítica, incluídas as obras de Cervantes, Turgenev, Goncharov, e Schopenhauer,[20][21] e escribiu un drama cómico completo, Orfo de pai, que o seu irmán Alexandr tachou de "invención inescusable aínda que inocente".[22] Chekhov tamén viviu unha serie de relacións amorosas, unha coa muller dun profesor.[18] En 1879, Chekhov terminou os seus estudos e reuniuse coa súa familia en Moscova, tras ser admitido na Facultade de Medicina da Primeira Universidade Médica Estatal de Moscova.[23]

En Moscova[editar | editar a fonte]

En agosto de 1879, beneficiándose dun subsidio de 25 rublos mensuais da cidade de Taganrog, Anton Chekhov vai para Moscova, onda a familia, que se atopa nunha situación financeira precaria. O pai está desempregado hai meses, a familia ten sempre dificultades en pagar a renda da casa e foi forzada a mudar de casa 12 veces entre 1876 e 1879. Meses despois da chegada de Anton, o pai atopa un emprego nos arredores de Moscova e para a súa felicidade élle dada a oportunidade de durmir no local de traballo, o que alivia a casa onde a familia vive, absolutamente a abarrotar. O pai vén só as fins de semana a visitar a familia. Anton partilla durante os seus estudos o seu dormitorio cos irmáns Nicolai e Mikhail.

Escritos temperáns[editar | editar a fonte]

Chekhov asumiu entón a responsabilidade de toda a familia.[24] Para mantelos e pagar os seus estudos, escribía a diario viñetas curtas e humorísticas da vida rusa contemporánea, moitas delas baixo pseudónimos como "Antosha Chekhonte" (Антоша Чехонте) e "O home sen bazo" (Человек без селезенки). A súa prodixiosa produción granxeolle aos poucos a reputación de cronista satírico da vida rueira rusa, e en 1882 xa escribía para Oskolki (Fragmentos), propiedade de Nikolai Leykin, un dos principais editores da época.[25] O ton de Chekhov nesta etapa era máis áspero que o familiar da súa ficción de madurez.[26][27]

O escritor e a súa esposa Olga Knipper no 1880

Produción literaria[editar | editar a fonte]

En 1880, Chekhov envía un drama, escrito nos últimos tempos en Taganrog, co título "Os sen-pai", tamén coñecido como o "Platonov" (nome da figura central), a unha famosa actriz de teatro en Moscova, Marija Ermolova, que o devolveu sen comentarios. Despois diso, Chekhov desistiu de tentar traer unha escenificación do drama.

Chekhov estudou medicina, téndose licenciado en maio de 1884. Xa mesmo durante os seus estudos (que duraron 4 anos e medio) publicou centenas de artigos en varios xornais e revistas das metrópoles rusas (Moscova e San Petersburgo). Entre os xornais e revistas onde publicou atópanse o Budilnik, Strekoza, Zritel, Svet i teni, Svertcok ou o Sputnik.[Cómpre referencia] A partir de 1882 publicou tamén no Oskolski.

En 1884 e 1885, Chekhov atopouse tosendo sangue, e en 1886 os ataques empeoraron, pero non admitiu a súa tuberculose á súa familia nin aos seus amigos.[n. 8] Confesoulle a Leykin: "Teño medo de someterme a ser sondado polos meus compañeiros".[28] Continuou escribindo para publicacións periódicas semanais, gañando diñeiro suficiente para trasladar á familia a aloxamentos progresivamente mellores.

A principios de 1886 foi convidado a escribir para un dos xornais máis populares de San Petersburgo, Novoye Vremya] (Novos Tempos), propiedade do magnate millonario Alexey Suvorin, que pagaballe por liña o dobre que Leykin e concedialle o triplo de espazo.[29] Suvorin converteríase nun amigo para toda a vida, quizais o máis próximo a Chekhov.[30][n. 9]

En pouco tempo, Chekhov atraeu tanto a atención literaria como a popular. O sesentón Dmitry Grigorovich, soado escritor ruso da época, escribiu a Chekhov tras ler o seu relato "O cazador" (en ruso Егерь) que:[31] "Tes un talento real, un talento que te sitúa en primeira fila entre os escritores da nova xeración". A continuación aconsellou a Chekhov que baixase o ritmo, escribise menos e se concentrase na calidade literaria.

Chekhov respondeu que a carta lle había golpeado "como un raio" e confesou: "Escribín as miñas historias como os reporteiros escriben as súas notas sobre os incendios: mecanicamente, medio inconscientemente, sen preocuparme polo lector nin por min mesmo"."[32] O eloxio pudo facerlle un fraco favor a Chekhov, xa que os primeiros manuscritos revelan que a miúdo escribía con sumo coidado, revisando continuamente.[33] Con todo, os consellos de Grigorovich inspiraron no mozo de vinte e seis anos unha ambición artística máis seria. En 1888, cun pequeno tirón de orellas de Grigorovich, a colección de contos Á noitiña (V Sumerkakh) valeulle a Chekhov o cobizado Premio Pushkin. "á mellor produción literaria distinguida polo seu alto valor artístico".[34]

Puntos de inflexión[editar | editar a fonte]

Familia e amigos de Chekhov en 1890: (fila superior, de esquerda a dereita) Ivan, Alexander, pai; (segunda fila) Mariya Korniyeeva, Lika Mizinova, Masha, nai, Seryozha Kiselev; (fila inferior) Misha, Anton

En 1887, esgotado polo exceso de traballo e a mala saúde, Chekhov fixo unha viaxe a Ucraína, que lle espertou de novo á beleza da estepa.[n. 10] Ao seu regreso, comezou o relato curto en forma de novela "A estepa'", que cualificou de "algo bastante estraño e demasiado orixinal", e que finalmente publicouse en marzo de 1888 na revista Severny Vestnik (O Heraldo do Norte).[35] Nunha narración que deriva cos procesos de pensamento dos personaxes, Chekhov evoca unha viaxe en chaise pola estepa a través dos ollos dun mozo enviado a vivir lonxe de casa, e dos seus compañeiros, un sacerdote e un comerciante. "A estepa" foi cualificada de "dicionario da poética de Chekhov", e supuxo un avance significativo para Chekhov, xa que exhibía gran parte da calidade da súa ficción de madurez e valeulle a publicación nunha revista literaria en lugar dun xornal.[n. 11]</ref>

En 1889, os síntomas da tuberculose agraváronse, facéndoo máis pesimista sobre o seu estado de saúde. En xuño dese ano morre o seu irmán Nikolai, vítima de tifo e tuberculose, posibelmente infectado polo irmán. Anton Chekhov sentiu remorsos por non ter estado presente nos últimos días de vida do irmán. En xuño, o irmán Aleksandr chegou e substituíno na vixilia ao irmán, tendo Anton decidido facer unha viaxe cos amigos ata Poltaba. Fuxiu da mesma morte que o esperaba, así o describiu.

Despois do enterro do irmán, ("a nosa familia viu un caixón pola primeira vez") decidiu iniciar unha viaxe sen rumbo. Vive en viaxe permanente nos meses seguintes. En xaneiro de 1890 escribe á familia que tenta viaxar ata á distante Sakhalin, a illa do desterro, no afastado leste da Rusia. A familia fica estupefacta.[Cómpre referencia]

Viaxe a Sakhalin[editar | editar a fonte]

Despois de meses de preparación, Chekhov partiu o 21 de abril de 1890 para a longa viaxe. Suvorin deulle un anticipo de 1.500 rublos para a viaxe. O 11 de xullo de 1890 chega finalmente a Fort Aleksandrovsk, na Illa Sakhalin. Pasou dous meses no norte da illa e tres meses no sur desta. Quixo coñecer as xentes da illa, fixo mesmo un diario das visitas que facía, escribindo notas en preto de 10.000 fichas individuais, nun traballo exhaustivo. A illa Sakhalin era usada como zona de desterro, tal como moitos territorios na Siberia. A partir de 1860, o número de "criminais" (incluíndo detidos por "delitos" políticos) enviados a Siberia era de preto de 20.000 por ano. Entre os desterrados estaba o amigo de Chekhov, Vladimir Korolenko, un escritor, que foi enviado a Siberia pola policía, sen xulgamento. O 13 de outubro parte para Vladivostok e un mes despois, chega á illa de Sri Lanka. O 1 de novembro chega a Odesa e o 8 de decembro está de regreso en Moscova.

Novamente en Moscova[editar | editar a fonte]

En 1891, escribe O duelo, que se publica no "Novo tempo" de Suvorin, por capítulos. Neste libro, fluíron as impresións que Chekhov tivo das conversas que tivo cun zoólogo no verán dese ano en Bojimovo, preto de Aleksin. Vladimir Vagner, recentemente licenciado en zooloxía, era un defensor do social-Darwinismo, do dereito dos máis fortes, da selección social.

O verán de 1891 foi particularmente seco no leste de Rusia, provocando unha onda de fame. Chekhov mobilizouse persoalmente para combater a catástrofe, contribuíndo directamente cos honorarios do conto "A miña muller" e participando nas campañas de recolla de fondos. En xaneiro de 1892, viaxou ata Niznij Novgorov, unha cidade afectada, relatando posteriormente as súas vivencias e participando no debate sobre a catástrofe e a necesidade de reunir fondos para as vítimas.

A casa de Melikhovo[editar | editar a fonte]

En 1892, Chekhov decidiu instalarse con parte da familia nunha quinta en Melikhovo, a 60 kms ó sur de Moscova. A idea xa era un soño desde a década de 1880, mais en 1892 Chekhov dispuña do diñeiro necesario, que resultaba en parte das primeiras escenificacións das súas obras. O acceso á quinta a partir de Moscova era razoable: unha hora e media de viaxe en tren ata Lopasnja e unha hora de carroza a partir de alí.

A compra da quinta foi un mal negocio, gastou 13.000 rublos, máis do dobre do que pretendía gastar inicialmente. O anterior dono, un pintor, aproveitouse da ocasión. Chekhov pasa a ter agora unha casa, 60 cerdeiras e 80 maceiras e pode saborear aquilo que desexaba: a vida no campo. Tornouse un elemento benvido na comunidade dos labradores dos arredores, en especial por ser médico e practicar a profesión sen esixir pago.

Entre as moitas visitas recibidas na nova casa estivo a de Lidija Mizinova, con quen Chekhov tivo unha relación afectiva máis ou menos íntima e máis ou menos pasaxeira. Foi unha figura inspiradora de personaxes das súas obras.

No verán de 1892 Rusia sofre unha epidemia de cólera. Como no pasado, Chekhov mobilízase na recolleita de fondos ("mostreime un bo mendigo"), participa na construción de barracas para a corentena e traballa na administración local. Felizmente, non obstante, Melikhovo non foi afectada polo cólera.

En 1893 volve a xurdir o cólera e Chekhov volve a mobilizarse, participando en campañas de información sanitaria e traballando como médico. Foi membro da cemstvo local.

En 1894 fai unha viaxe pola Europa occidental.

A partir de 1895 Chekhov comprou libros para ofrecer á biblioteca da súa terra natal, Taganrog, unha práctica que manterá nos próximos anos. Mesmo en viaxe por Europa lembrouse de comprar libros para a biblioteca da súa terra.

A súa integración na comunidade local mantense moi viva nos anos seguintes. En 1894 tórnase membro da cemstvo de Serpuchov. En decembro dese ano exerce de médico dunha escola en Talez. En 1896 financia cos seus propios medios a construción dunha nova escola en Talez. En 1897 financia a construción da escola nunha aldea chamada Novoselki. Apoia tamén unha sociedade de beneficencia que trata pacientes que recibiron a alta nos hospitais. Aínda en 1897 actúa como médico tamén na escola da aldea de Cirkovskoje.

Desprezo polos Narodniks[editar | editar a fonte]

En 1896 xorde a novela "A miña vida", e en 1897 "Os labradores". Son obras que testemuñan a ruptura coas visións utópicas e románticas tan comúns nestes anos en Rusia: o ideal da vida no campo faille a algúns intelectuais rusos, os Narodniks, premonitorios da revolución soviética, soñar cunha saída para todos os problemas: o regreso ao pasado, o regreso á agricultura.

Chekhov, que vive el mesmo no campo e asiste á vida rural "in loco", ten acceso a unha perspectiva que a elite intelectual das cidades non adiviña: alcoholismo, ignorancia, brutalidade, maldade. Para Chekhov os homes do campo non son ningún modelo, ao contrario do que Lev Tolstoi poida pensar. Esta visión, contraria aos ideais da maioría da "intelectualidade" rusa, espellada naquelas obras, tornará impopular a Chekhov. Mikhajlovski acusa a Chekhov de falsificar a gloriosa vida dos labregos debido á súa ignorancia.

Éxitos[editar | editar a fonte]

Despois da produción con éxito de "A Gaivota" polo teatro de arte de Moscova, escribiu outras tres pezas para a mesma compañía: "O Tío Vania", "As tres irmás", e "O pomar de cereixas".

En 1901, casou con Olga Leonardovna Knipper (1870-1959), unha actriz que foi intérprete nas súas pezas.

A influencia do naturalismo no teatro que se facía sentir por toda Europa atinxiu o seu expoñente artístico en Rusia en 1898, coa formación do Teatro Artístico de Moscova (máis tarde chamado de Teatro da Academia das Artes de Moscova). O seu nome tornouse un sinónimo de Chekhov, cuxas pezas acerca da vida cotiá da aristocracia posuidora de terras adquiriron un delicado realismo poético que estaba anos por diante do seu tempo. Konstantin Stanislavsky, o director do teatro, converteuse no máis importante teórico da arte teatral do século XX.

Chekhov visitou Europa Occidental na compaña de A. S. Suvorin, un rico propietario dun xornal e o editor de moitos dos traballos de Chekhov. A súa longa e íntima amizade foi motivo dalgunha impopularidade para Chekhov, dado que o xornal de Suvorin, Novoye vremya (O novo tempo) era tido por moitos rusos como de carácter conservador e reaccionario. Chekhov acabou por cortar relacións con Suvorin por causa da posición do xornal en relación ao Caso Alfred Dreyfus en Francia, sendo Chekhov un defensor de Dreyfus.

Chekhov morreu vítima da tuberculose. Foi sepultado no cemiterio Novodevichy.

Obra[editar | editar a fonte]

Os seus libros máis coñecidos son: Contos e narrativas, Un duelo, A sala número seis, Unha historia sen importancia. Escribiu para o teatro, primeiramente a farsa, despois o drama. Entre as súas pezas, destacan: Sobre os males que provoca o tabaco,[36] O tío Vania, As tres irmás, O canto do cisne, Un tráxico á forza, Ivanov etc.

Citas de terceiros sobre Chekhov[editar | editar a fonte]

El é o analítico máis sutil das relacións humanas. Cando lemos estas "Historias sobre case-nada", o noso horizonte esténdese e gañamos un espantoso sentido de liberdade

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ten vostede razón ao esixir que un artista adopte unha actitude intelixente #ante a súa obra, pero confunde dúas cousas: resolver un problema e expolo correctamente. Só o segundo é obrigatorio para o artista". Carta a Suvorin, 27 de outubro de 1888. Letters of Anton Chekhov.
  2. Tivo 4 irmáns (Aleksandr (1855), Nikolai (1858), Ivan (1861) e Mikhail (1865)), e unha irmá, Marija (1863). Unha segunda irmá nacida en 1869, Evgenija, morreu con dous anos de idade.
  3. Pavel Chekhov traballou tres anos de aprendiz de comerciante, traballando despois como comerciante e contable. En 1857 fíxose dono dunha tenda, que comprou por un bo prezo mais nun momento inoportuno, xa que como consecuencia da perda da guerra de Crimea desmilitarizouse a rexión do Mar Negro, polo que os mariñeiros e militares, que foran os principais clientes ata entón, deixaron a rexión.
  4. Do esbozo biográfico, adaptado das memorias de Mihail, o irmán de Chekhov, que precede á tradución das cartas de Chekhov por Constance Garnett, 1920.
  5. Unha tradución libre para: "Let me ask you to recall that it was despotism and lying that ruined your mother's youth. Despotism and lying so mutilated our childhood that it's sickening and frightening to think about it. Remember the horror and disgust we felt in those times when Father threw a tantrum at dinner over too much salt in the soup and called Mother a fool."
  6. Outra visión de Chekhov sobre a infancia foi mostrada nunha carta a seu editor e amigo Alexei Suvorin: "Desde a miña infancia eu crin no progreso, e eu non podería deixar de crer nel, unha vez que, a diferenza entre o tempo en que eu acostumaba ser mal tratado e cando eles desistiron de me mal tratar foi tremendo." Carta a Suvorin, 27 de marzo de 1984. [14]
  7. El foi enganado por un empresario chamado Mironov. Rayfield, 31.
  8. Da reseña biográfica, adaptada das memorias de Mihail, o irmán de Chekhov, que precede á tradución das cartas de Chekhov po parte de Constance Garnett , 1920.
  9. En moitos sentidos, o dereitista Suvorin, a quen Lenin chamou máis tarde "O can corredor do Tsar" (Payne, XXXV), era o oposto de Chekhov; "Chekhov tiña que funcionar como o ril de Suvorin, extraendo os velenos do home de negocios..." (Payne, XXXV).."Wood 2000, p. 79
  10. "Hai cheiro a estepa e óese cantar aos paxaros. Vexo aos meus vellos amigos os corvos voando sobre a estepa". Carta á irmá Masha, 2 de abril de 1887. [https://www.gutenberg.org/ebooks/6408 Cartas de Anton Chekhov.
  11. "'A Estepa", como suxire Michael Finke, é "unha especie de dicionario da poética de Chekhov", unha especie de mostrario das armas literarias ocultas que Chekhov despregaría na súa obra posterior." Malcolm 2004, p. 147.
Referencias
  1. 1,0 1,1 Hingley, Ronald Francis (25 de xaneiro de 2022). "Anton Chekhov – Biography, Plays, Short Stories, & Facts". Encyclopedia Britannica. Consultado o 24 de abril do 2023. 
  2. "Greatest short story writer who ever lived." Raymond Carver (in Rosamund Bartlett's introduction to About Love and Other Stories, XX); "Quite probably. the best short-story writer ever." A Chekhov Lexicon, by William Boyd, The Guardian, 3 de xullo de 2004. Retrieved 16 February 2007.
  3. "Stories ... which are among the supreme achievements in prose narrative." Vodka miniatures, belching and angry cats, George Steiner's review of The Undiscovered Chekhov, in The Observer, 13 de maio de 2001. recuperado o 16 de febreiro de 2007.
  4. Harold Bloom, Genius: A Study of One Hundred Exemplary Authors.
  5. Letter to Alexei Suvorin, 11 de setembro de 1888. Letters of Anton Chekhov. On Wikiquote.
  6. "Os actores soben a Chekhov a unha montaña, atadados xuntos, compartindo a gloria se algunha vez chegan ao cume". O actor Ian McKellen, citado en Miles, 9.
  7. "Chekhov's art demands a theatre of mood." Vsevolod Meyerhold, quoted in Allen, 13; "A richer submerged life in the text is characteristic of a more profound drama of realism, one which depends less on the externals of presentation." Styan, 84.
  8. "Dise que Chéjov é o pai do conto moderno". Malcolm 2004, p. 87; "He brought something new into literature." James Joyce, in Arthur Power, Conversations with James Joyce, Usborne Publishing Ltd, 1974, ISBN 978-0-86000-006-8, 57; "Tchehov's breach with the classical tradition is the most significant event in modern literature", John Middleton Murry, in Athenaeum, 8 April 1922, cited in Bartlett's introduction to About Love.
  9. Rayfield 1997, pp. 3–4: Egor Mikhailovich Chekhov and Efrosinia Emelianovna
  10. Wood 2000, p. 78
  11. Payne 1991, p. XVII.
  12. Simmons 1970, p. 18.
  13. Chekhov and Taganrog, Taganrog city website.
  14. Garnett, Constance. "Letters of Anton Chekhov" (en inglés). Consultado o 25 de abril do 2023. 
  15. Bartlett, pp. 4–5.
  16. Letters of Anton Chekhov.
  17. Carta ao curmán Mihail, 10 de maio de 1877. Letters of Anton Chekhov.
  18. 18,0 18,1 Payne 1991, p. XX.
  19. Malcolm 2004, p. 25.
  20. Carta ao irmán Mihail, 1 de xullo de 1876. Letters of Anton Chekhov.
  21. Simmons 1970, p. 26.
  22. Simmons 1970, p. 33.
  23. Rayfield 1997, p. 69.
  24. Wood 2000, p. 79.
  25. Rayfield 1997, p. 91.
  26. "Hai nestas miniaturas unha cativadora poción de crueldade ... O marabillosamente compasivo Chekhov aínda estaba por madurar." "Vodka Miniatures, Belching and Angry Cats", reseña de George Steiner sobre The Undiscovered Chekhov en The Observer, 13 de maio de 2001. Consultado o 28 de febreiro do 2024.
  27. Willis, Louis (27 de xaneiro de 2013). "Chekhov's Crime Stories". Literary and Genre. Knoxville: SleuthSayers. 
  28. Letter to N.A.Leykin, 6 April 1886. Letters of Anton Chekhov.
  29. Rayfield 1997, p. 128.
  30. Rayfield 1997, pp. 448–450: Só se enfadaron unha vez, cando Chekhov opúxose aos ataques antisemitas publicados en New Times contra Dreyfus e Zola en 1898.
  31. O cazador.. Recuperado o 16 de febreiro de 2007.
  32. Malcolm 2004, pp. 32–33.
  33. Payne 1991, p. XXIV.
  34. Simmons 1970, p. 160.
  35. Carta a Grigorovich, 12 de xaneiro de 1888. Citado por Malcolm 2004, p. 137.
  36. Incluído na Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]