Stiffelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stiffelio
Forma Ópera
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Francesco Maria Piave
Fontes literarias Baseada en Le Pasteur, ou L'Évangile et le Foyer de Émile Souvestre e Eugène Bourgeois (1848).
Estrea 16 de novembro de 1850
Teatro da estrea Teatro Grande
Lugar da estrea Trieste
Duración 110 minutos
Música
Compositor Giuseppe Verdi
Personaxes

Stiffelio (tenor)
Lina (soprano)
Stankar (barítono)
Raffaele (tenor)
Jorg (baixo)
Federico di Frengel (tenor)
Dorotea (mezzosoprano)
Fritz (personaxe mudo)

Stiffelio é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Pasteur, ou l'Évangile et le Foyer de Émile Souvestre e Eugène Bourgeois. Foi estreada o 16 de novembro de 1850 no Teatro Grande de Trieste, resultando un fracaso que obrigou a Verdi a alterar radicalmente a ópera aumentándoa nun acto (pasando polo tanto a ter catro actos) e pasando a acción a transcurrir na Idade Media; esta nova versión foi presentada baixo o título de Aroldo en 1857 cun gran éxito e cunha crítica máis favorable.

Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 7 representacións no período 2005-2010, sendo a 79ª ópera máis representada en Italia e a 20ª de Verdi.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 16 de novembro de 1850
(Director: -)
Stiffelio, Pastor tenor Gaetano Fraschini
Lina, dona de Stiffelio soprano Marietta Gazzaniga
Conde Stankar, pai de Lina barítono Filippo Colini
Raffaele, amante de Lina tenor Ranieri Dei
Jorg, Pastor baixo Francesco Reduzzi
Dorotea, curmá de Lina mezzosoprano Viezzoli de Silvesstrini
Federico, amante de Dorotea tenor Giovanni Petrovich

Argumento[editar | editar a fonte]

Acto I[editar | editar a fonte]

Stiffelio, un pastor protestante, volve ao castelo do seu sogro Stankar logo de terse adicado á predicación. É acollido co calor da súa familia e os seus amigos. Só a súa dona Lina mostra un comportamento axitado. O pastor é reclamado para ofrecer o seu parecer esclarecedor sobre unha cuestión delicada: viuse fuxir a un home, na noite, por un balcón do castelo, mais na fuxida perdeu unhas follas. Stiffelio sospeita que se trata dun adulterio -sen sospeitar mínimamente da súa muller- e decide magnánimamente lanzar as follas ao lume. Lina suspira aliviada, mais logo, soa na súa habitación, decide escribir ao seu home para revelarlle o seu segredo. Entón aparece Stankar, que lle impón á súa filla a prohibición de revelarlle ao seu home un asunto tan vergoñento. Entrementres, Raffaele, o sedutor, tenta comunicarse con Lina deixando soltando un billete nun libro (O Mesías de Klopstock) que o curmán Federico deberá facer chegar a Lina. O ancián Jorg, ministro protestante e amigo de Stiffelio, asiste á escena sen ser visto e, engañándose, conclúe que o amante é Federico e denuncia o feito a Stiffelio. Durante unha cerimonia na súa honra, Stiffelio diríxese con severidade a Federico, esixíndolle o a entrega de O Mesías. Entón cae o billete de Raffaello, Stankar apresúrase a recollelo para que o xenro non poda ler o seu contido.

Acto II[editar | editar a fonte]

De noite. Lina prega á súa nai no antigo camposanto do castelo. Aquí é sorprendida por Raffaello, que lle declaro o seu amor. Chega Stankar e impón ao sedutor baterse en duelo. Mais o ruido das espadas fai que chegue Stiffelio, quen ordena aos contendentes que se reconcilien no nome de Deus. Stankar, furibundo, non pode conterse e revela ao seu xenro a verdade. Stiffelio, transtornado, quere matar a Raffaele coas súas propias mans, cando sinte sinte a un coro de penitentes que entona un salmo. Jorg pídelle a Stiffelio que entre na igrexa para celebrar a función. Aturdido por todo o ocorrido, e polo violento contraste entre o seu instinto e a súa fe, Stiffelio cae ao pé da Cruz.

Acto III[editar | editar a fonte]

Nunha sala do castelo, Stankar reflexiona sobre a deshonra que caeu sobre a súa familia, pensando no sucedido: mais cando Jorg lle comunica que Raffaele está voltando ao castelo para entrevistarse con Stiffelio, decide aproveitar a situación para asasinalo. Stiffelio entrégalle á súa dona un escrito para que o asine, autorizando o divorcio. Lina prégalle entre bágoas que abandone esa idea, mais finalmente cede e asina. Dirixíndose non ao home, senón ao pastor, pídelle confesión. A muller admite o adulterio mais afirma ter permanecido sempre fiel ao seu home no máis profundo do seu corazón. Cando queda só, Stiffelio pregúntase cómo debe comportarse ante o seu rival, cando ve aparecer a Stankar coa espada ensanguentada coa que acaba de matar a Raffaele. Stiffelio, absorto nos seus pensamentos, disponse a celebrar a misa, mentres o sabio Jorg recoméndalle deixarse inspirar pola Biblia. Dende o alto do púlpito, Stiffelio le públicamente a parábola da adúltera, que dirixida a Lina, equivale ao perdón.

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione
    • Introduzione Oh santo libro (Jorg, Stiffelio, Stankar) Escena I-II
    • Racconto Di qua varcando sul primo albore (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina) Escena II
    • Scena Son molti giorni? (Stankar, Stiffelio, Lina, Raffaele, Jorg) Escena II
    • Settimino Colla cenere disperso (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico) Escena II
    • Seguito e Stretta dell'Introduzione Viva Stiffelio! viva! (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico, Coro) Escena III
  • 2 Scena e Aria di Stiffelio
    • Scena Non ha per me un accento!... (Stiffelio, Lina) Escena IV
    • Aria Vidi dovunque gemere (Stiffelio) Escena IV
    • Tempo di mezzo Cielo, che orror! (Lina, Stiffelio) Escena IV
    • Cabaletta Ah, v'appare in fronte scritto (Stiffelio, Lina, Stankar) Escena IV-V
  • 3 Scena e Preghiera di Lina
    • Scena Tosto ei disse!... (Lina) Escena VI
    • Preghiera A te ascenda, o Dio clemente (Lina) Escena VI
  • 4 Scena e Duetto di Lina e Stankar
    • Scena Verrà... dovrò risponder! (Lina, Stankar) Escena VI-VII
    • Duetto Dite che il fallo a tergere (Stankar, Lina) Escena VII
    • Tempo di mezzo Basti adesso, quel pianto tergete (Stankar, Lina) Escena VII
    • Cabaletta Or meco venite, il pianto non vale (Stankar, Lina) Escena VII
  • 5 Scena, Coro, Finale I
    • Scena M'evitan!... ma il colloquio (Raffaele, Jorg, Federico) Escena VII-IX
    • Coro Plaudiam! Di Stiffelio - s'allegri il soggiorno (Coro, Stiffelio, Jorg) Escena X-XI
    • Finale I Cugino, pensate al sermone? (Dorotea, Federico, Lina, Raffaele, Stiffelio, Coro) Escena XI
    • Settimino Oh, qual m'invade ed agita (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico) Escena XI
    • Stretta del Finale I Chi ti salva, o sciagurato (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico, Coro) Escena XI

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 6 Scena e Aria di Lina
    • Scena Oh cielo!... ove son io!... (Lina) Escena I
    • Aria Ah, dagli scanni eterei (Lina) Escena I
    • Tempo di mezzo Lina... Lina? (Raffaele, Lina) Escena II
    • Cabaletta Perder dunque voi volete (Lina) Escena II
  • 7 Duetto di Raffaele e Stankar, Quartetto e Finale II
    • Scena Io resto. - Allor Rodolfo saprà tutto. (Raffaele, Lina, Stankar) Escena III
    • Duetto Scegli... - Un duello? (Stankar, Raffaele) Escena IV
    • Scena Qual rumore!... Un duello!... (Stiffelio, Raffaele, Stankar, Lina) Escena V-VI
    • Quartetto Ah!... Era vero?... (Stiffelio, Raffaele, Stankar, Lina) Escena VI
    • Finale II Dessa non è, comprendilo (Stankar, Stiffelio, Raffaele) Escena VI
    • Preghiera nel Finale II Non punirmi, Signor, nel tuo furore (Coro, Jorg, Stiffelio) Escena VI-VII

Acto III[editar | editar a fonte]

  • 8 Scena e Aria di Stankar
    • Scena Ei fugge!... e con tal foglio (Stankar) Escena I
    • Aria Lina, pensai che un angelo (Stankar) Escena I
    • Tempo di mezzo Ah, si finisca... (Stankar, Jorg) Escena II-III
    • Cabaletta Oh gioia inesprimibile (Stankar) Escena III
  • 9 Scena e Duetto di Lina e Stiffelio
    • Scena Dite ai fratei che al tempio (Stankar, Jorg, Stiffelio, Raffaele, Lina) Escena IV-V-VI
    • Duetto Opposto è il calle che in avvenire (Stiffelio, Lina) Escena VI
    • Tempo di mezzo Ma colui!... - Fu tradimento... (Stiffelio, Lina, Stankar) Escena VI-VII
    • Cabaletta Ah sì, voliamo al tempio (Stiffelio, Lina) Escena VIII
  • 10 Preghiera e Finale ultimo
    • Preghiera Non punirmi, Signor, nel tuo furore (Coro, Dorotea, Federico, Stankar, Lina) Escena IX
    • Scena finale Stiffelio? - Eccomi... (Jorg, Stiffelio, Lina, Coro) Escena X

Edición crítica[editar | editar a fonte]

A edición crítica de Stiffelio, editada por Kathleen Kuzmick Hansell, foi publicada por University of Chicago Press e Ricordi.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]