Isaac Albéniz
| Isaac Albéniz | |
Isaac Albéniz |
|
| Nome completo | Isaac Manuel Francisco Albéniz i Pascual |
| Data de nacemento | 29 de maio de 1860 |
| Lugar de nacemento | Camprodon Girona |
| Data de falecemento | 18 de maio de 1909 |
| Lugar de falecemento | Cambo-les-Bains Aquitania |
| Instrumento(s) | piano |
| Composicións máis destacadas |
|
Isaac Manuel Francisco Albéniz, nado en Camprodon en 1860 e finado en Cambo-les-Bains en 1909, foi un pianista e compositor español, coñecido polas súas obras para piano baseadas na música popular española.
Non soamente se dedicou á música para este instrumento: tamén escribiu obras para teatro, seis óperas (máis unha inacabada e tres esbozadas) e máis de dúas ducias de cancións, así como varios temas orquestrais e de música de cámara
Traxectoria [editar]
Neno prodixio, debuta como pianista con só catro anos nun recital en Barcelona, nesa cidade vai estudar piano, tenta entrar no conservatorio de París, sen éxito, en 1869 a súa familia trasládase a Madrid, en 1876 recibe unha bolsa de estudos de Alfonso XII para estudar no conservatorio de Bruxelas, en 1879 regresa a España e en 1883 establécese en Barcelona, onde coñece a Felipe Pedrell quen o convence para escribir música española tal como a Suite Española, Op. 47, o quinto movemento, Asturias (Leyenda) é a máis famosa das obra dese tempo no mundo da guitarra clásica, aínda que orixinalmente fora composta para piano, e só máis tarde transcrita para guitarra por Francisco Tárrega.
Entre 1889 e 1900 viviu en Londres e París e escribiu sobre todo obras teatrais. Iberia, composta entre 1905 e 1908, é a súa obra máis coñecida.