Don Carlos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Carlos (en francés)
Don Carlo (en italiano)
Don Carlos
Don Carlo poster.jpg
Portada do libreto da versión italiana.
Forma Grand ópera
Actos e escenas 5 actos
Idioma orixinal do libreto Francés
Libretista J. Mèry e C. du Locle
Fontes literarias F. Schiller: Don Carlos (1787)
Estrea 11 de marzo de 1867
Teatro da estrea Ópera de París
Lugar da estrea París
Duración 3 horas 30 minutos (versión en 4 actos, 3 horas)[1]
Música
Compositor Giuseppe Verdi
Personaxes

Don Carlos (tenor lírico-spinto)
Felipe II (baixo)
Rodrigo (barítono dramático)
O gran Inquisidor (baixo profundo)
O conde de Lerma (tenor)
Heraldo real (tenor)
Isabel de Valois (soprano lírico-spinto)
Princesa de Éboli (mezzosoprano)
Teobaldo (soprano lixeira)
Un frade (baixo)
Unha voz celestial (soprano lírica ou lixeira)[2]

Don Carlos ou Don Carlo na versión en italiano é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de François Joseph Méry e Camille du Locle, baseado no drama Dom Karlos, Infant von Spanien de Schiller. Foi estreada o 11 de marzo de 1867 no Teatro Imperial da Ópera de París.

Os acontecementos históricos rodean e dirixen boa parte do drama. Para Verdi esta ópera representaba a loita da liberdade contra a opresión política e religiosa, representadas nos personaxes de Felipe II e o Gran Inquisidor. A historia está baseada en conflitos na vida de Carlos de Austria e Portugal (1545–1568) logo de que a súa prometida, Isabel de Valois, casara co seu pai, el rey Felipe II como parte do tratado de paz que puxo fin á guerra italiana de 1551-1559 entre as Casas de Habsburgo e Valois; aparecen a Contrarreforma, a Inquisición e a rebelión dos calvinistas en Flandres, Brabante e Países Baixos.

Ao longo de vinte años, realizáronselle cortes e adicións á ópera, o que deu como resultado unha gran diversidade de versións dispoñibles para directores. Ningunha otra ópera de Verdi ten tantas versións. Coa súa duración íntegra (incluíndo o ballet e os cortes feitos antes da primeira representación), contén arredor de catro horas de música, sendo a ópera máis longa de Verdi.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea
11 de marzo de 1867[4][5]
(Director:
François George-Hainl)
Versión revisada
Reparto na estrea
10 de xaneiro de 1884[4]
(Director: - )
Felipe II (Philippe/Filippo) o Rei de España, fillo de Carlos I e pai de Don Carlos baixo Louis-Henri Obin Alessandro Silvestri
Don Carlos (Don Carlo), Infante de España, fillo e hedeiro do Rei tenor Jean Morère Francesco Tamagno
Rodrigue (Rodrigo), Marqués de Posa, un amigo do Infante Don Carlos barítono Jean-Baptiste Faure Paul Lhérie
O Gran Inquisidor de España (Diego, cardenal de Espinosa na época, mais non mencionado como tal na ópera) baixo Joseph David Francesco Navarini
Isabel de Valois, unha princesa francesa, inicialmente prometida a Don Carlos, mais logo casada co Rei Felipe soprano Marie-Constance Sass Abigaille Bruschi-Chiatti
La princesa de Éboli, unha aristócrata na corte mezzosoprano Pauline Guéymard-Lauters Giuseppina Pasqua
Un monxe (a aparición do defunto emperador Carlos V, ou Carlo Quinto) baixo Armand Castelmary Leopoldo Cromberg
Thibault (Tebaldo), paxe de Isabel soprano Leonia Levielly Amelia Garten
Unha voz do Ceo soprano
O conde de Lerma, un delegado español en Francia tenor Gaspard Angelo Fiorentini
Heraldo real tenor Mermant Angelo Fiorentini
Condesa de Aremberg, unha dama de compañía de Isabel papel mudo Dominique
Representantes flamencos, inquisidores, damas e cabaleiros da corte española, o pobo, gardas, paxes, monxes, soldados - coro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  3. Budden, pp. 23-25
  4. 4,0 4,1 Budden, p. 4
  5. Don Carlos, Instituto Nazionale di Studi Verdiani

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: