Arrigo Boito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arrigo Boito

Arrigo Boito, nado en Padua o 4 de febreiro de 1842 e finado en Milán o 10 de xuño de 1918, foi un poeta, narrador e compositor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou violín, piano e composición no Conservatorio de Milán, dende 1854. Rematados os seus estudos, parte con Franco Faccio a París onde entra en contacto con Gioachino Rossini. Visita despois Polonia, Alemaña, Bélxica e Inglaterra. Hoxe é lembrado sobre todo polos seus libretos e a súa ópera Mefistofele.