O amor das tres laranxas
| Любовь к трём апельсинам, Lyubov' k tryom apel'sinam (en ruso) L'amour des trois oranges (en francés) O amor das tres laranxas |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 4 actos cun prólogo |
| Ruso | |
| Libretista | Sergei Prokofiev e Vera Janacopoulos |
| Fontes literarias | Unha fábula de Carlo Gozzi: Fiaba dell'amore delle tre melarance (1761) |
| Estrea | 30 de decembro de 1921 |
| Teatro da estrea | Lyric Opera of Chicago |
| Lugar da estrea | Chicago |
| Duración | 1 horas 45 minutos |
| Música | |
| Compositor | Sergei Prokofiev |
| Personaxes | |
O amor das tres laranxas (título orixinal en ruso Любовь к трём апельсинам ou Lyubov' k tryom apel'sinam) é unha ópera satírica en catro actos e un prólogo con música e libreto en ruso de Sergei Prokofiev composta en 1919.[2] O seu libreto está baseado na obra teatral L'Amore delle tre melarance escrita por Carlo Gozzi en 1761, e baseada así mesmo no conto de fadas italiano homónimo escrito por Giambattista Basile. O libreto existe en dúas versións: unha en ruso (o orixinal) e unha en francés, traducido do ruso polo mesmo Prokofiev.
Índice |
Estrea [editar]
A ópera foi estreada pola Lyric Opera of Chicago o 30 de decembro de 1921 no Teatro Auditorium baixo a dirección do mesmo compositor[2] na versión francesa (titulada L'Amour des trois oranges) que realizara xunto con Vora Janacopulos. O éxito de público foi grande, mais a crítica reprochou a ausencia de melodía. A súa primeira produción en ruso en tivo lugar en Petrogrado (actual San Petersburgo) en 1926, e dende aquela entrou no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.
Unha suite sinfónica, que contiña algunhas das mellores partes da ópera, conseguiu sen embargo conquistar rapidamente as salas de concertos de todo o mundo. Só un cuarto de século máis tarde, e co crecente prestixio do compositor, os teatros de ópera recoñeceron o valor desta obra extraordinaria. É a ópera máis representada de Prokofiev, e aínda o sería máis de non ser pola súa complexidade e o gran número de personaxes que interveñen.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto o 30 de decembro de 1921 Director: Sergei Prokofiev |
|---|---|---|
| Rei de Trévos (Monarca dun reino imaxinario) | baixo | James Francis |
| O Príncipe (fillo do Rei de Tréboles) | tenor | José Mojica |
| Fata Morgana (unha bruxa) | soprano | Nina Koshetz |
| Truffaldino (bufón da Corte) | tenor | Octave Dua |
| Leandro (Primeiro Ministro) | barítono | William Beck |
| Princesa Clarissa (sobriña do Rei) | contralto | Irène Pavlovska |
| Pantalón (conselleiro do Rei) | barítono | Désiré Defrère |
| Chelio (un mago) | baixo | Hector Dufranne |
| Princesa Ninetta | soprano | Jeanne Dusseau |
| Princesa Linetta | contralto | Philine Falco |
| Princesa Nicoletta | mezzosoprano | Frances Paperte |
| Esmeraldina (doncela de Fata Morgana) | soprano | Jeanne Schneider |
| Cleonte (cociñeiro da Corte) | baixo | Constantin Nikolay |
| Farfanello (un demo) | baixo | James Wolf |
| Mestre de cerimonias | tenor | Lodovico Oliviero |
| Un Heraldo | baixo | Jerome Uhl |
| Bailaríns, comediantes, cortesáns, demos, criados, soldados, etc. | ||
Notas [editar]
- ↑ Riding, Alan (2008). "Ópera rusa". Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). pp. 331. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ 2,0 2,1 The Love for Three Oranges, Op 33