Ópera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Scala de Milán, un dos principais de teatro de Ópera do mundo

A ópera é un xénero dramático no que a historia se canta na súa maior parte. Para a súa elaboración precísase dun compositor/a así coma dun escritor/a, que recolle a historia no libreto, polo que se chama tamén libretista. L'Orfeo (1607) de Claudio Monteverdi, está considerada coma a primeira ópera da historia.

Para a súa representación precísase de cantantes para interpretar os personaxes e dunha orquestra, así coma todo o persoal necesario para calquera produción escénica, liderado polo director/a de escena.

Adoita comezar por unha obertura e estrutúrase en arias, recitativos, coros, dúos, tríos, cuartetos, fragmentos orquestrais...

Índice

[editar] Historia

[editar] Orixes

A fins do século XVI algúns madrigalistas como Orazio Vecchi experimentaban coas posibilidades expresivas do diálogo coincidindo co interese pola arte dramática en Europa, e en Florencia un grupo de intelectuais protexidos polo conde Bardi intentaban resucitar a antiga traxedia grega, síntese de música, poesía e danza, sen conseguilo pero si crearon un novo estilo recitativo, onde a melodía pretendía refletir literalmente as inflexións e o ritmo naturais da voz e o acompañamento limítase a un baixo sobrio, Dafne (1597) de Jacopo Peri é para algúns a primeira ópera. Pero foi Monteverdi quen sacou ao novo xénero do seu contexto aridamente intelectual para inserilo no gusto veneciano con intervención de coros, multitude de instrumentos, danzas e un recitativo máis musical e variado e o resultado foi L'Orfeo (1607) que tivo un éxito enorme e axiña Venecia abriu o primeiro teatro de Ópera do mundo, a burguesía fixo desta nova arte algo propio.

[editar] No Barroco

[editar] No Clasicismo

[editar] No Romanticismo

[editar] Século XX

[editar] A ópera en Galiza

A ópera chegou a Galiza en 1767, cando o empresario de ópera Nicolás Settaro chegou a Galiza e se instalou en Santiago de Compostela, cidade na que pouco despois se representaría a ópera de Pietro Aulaga O mestre de capela. Dende aquela comezou unha importante tradición operística que se desenvolveu principalmente na cidade da Coruña. En 1858 estreouse no Teatro Principal de Compostela a ópera de Giuseppe Verdi Il trovatore, tan só cinco anos despois da súa estrea en Roma (1853).

A pesar de todo, actualmente non hai ningunha cidade galega cunha tempada operística estable, amais de non existir moitos auditorios que podan acoller representacións operísticas. Actualmente o principal foco da ópera en Galiza é a cidade da Coruña, onde se representan óperas tódolos anos no seo do Festival Mozart e do Festival de Ópera da Coruña, este último con máis de medio século de historia e polo que pasaron voces como Montserrat Caballé, Alfredo Kraus ou Leo Nucci entre outros. Actualmente algunhas Asociacións de Amigos da Ópera que traballan pola difusión deste xénero, sendo as máis importantes as das cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas