Der Rosenkavalier
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Der Rosenkavalier O cabaleiro da rosa |
|
|---|---|
Robert Sterl Schuch dirixindo unha representación de Der Rosenkavalier. |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Alemán | |
| Libretista | Hugo von Hofmannsthal |
| Estrea | 26 de xaneiro de 1911 |
| Teatro da estrea | Semperoper |
| Lugar da estrea | Dresden |
| Duración | 4 horas |
| Música | |
| Compositor | Richard Strauss |
| Personaxes | |
|
María Teresa (soprano lírico-spinto) |
|
Der Rosenkavalier (en galego, O cabaleiro da rosa) é unha ópera cómica en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal e o propio compositor. Foi estreada no Semperoper de Dresden o 26 de xaneiro de 1911 baixo a dirección de Ernest von Schuch e a dirección artística de Alfred Roller.
Logo de compoñer óperas como Salomé (1905) e Elektra (1909), onde asomaba a politonalidade, a atonalidade e o paroxismo expresionista, cun texto dramático influído polo vocabulario freudiano daas paixóns humanas, Strauss comunicou a Von Hofmannsthal o seu desexo de compoñer unha ópera distinta, ao estilo da ópera mozartiana, ligxeira, humorística e ambientada na sociedade do século XVIII (Le nozze di Figaro).
A diferenza das óperas anteriores, o libreto de Von Hofmannsthal é orixinal; é dicir, non está baseado en obras literarias existentes. No bosquexo inicial, os protagonistas ían ser o barón Ochs e Octavian. Sen embargo, a medida que foi avanzando a escritura da obra, o personaxe da Mariscala foi crecendo e afirmándose ata transformarse nun rol protagonista.
O título da ópera alude a un costume inexistente inventado por Von Hofmannsthal, que serve de escusa para o desenvolvemento argumental.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 26 de xaneiro de 1911 Director: Ernst von Schuch |
|---|---|---|
| Octavian (Conde de Rofrano, xove de 17anos) | mezzosoprano | Eva von der Osten |
| La Mariscala (Princesa de Werdenberg, dona dun mariscal imperial) | soprano | Margarethe Siems |
| Barón Ochs von Lerchenau (curmán da Mariscala) | baixo | Karl Perron |
| Sophie von Faninal (Xove e rica casadeira) | soprano | Minnie Nast |
| Faninal (Rico burgués, pai de Sophie) | barítono | Karl Scheidemantel |
| Marianne Leitmetzerin (Doncella de Sophie) | soprano | Riza Eibenschütz |
| Annina (Intrigante ao servizo del Barón) | contralto | Erna Freund |
| Valzacchi (Compañeiro de Anninna) | tenor | Hans Rüdiger |
| Cantante italiano | tenor | Fritz Soot |
| Un notario | baixo | Ludwig Ermold |
| Un pousadeiro | tenor | Josef Pauli |
| Sirvientes, policías, camareiros, etc. | ||
Notas [editar]
- ↑ El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
Véxase tamén [editar]
|
|||||||