Intermezzo (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Intermezzo
A casa de Garmisch onde teoricamente transcorre a ópera "doméstica".
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Strauss
Estrea4 de novembro de 1924
Teatro da estreaSemperoper
Lugar da estreaDresden
Duración2 horas 30 minutos
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

Véxase Personaxes

Intermezzo (Op. 72) é unha ópera en 2 actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor, descrita como Bürgerliche Komödie mit sinfonischen Zwischenspielen (comedia burguesa con interludios sinfónicos). A súa estrea tivo lugar o 4 de novembro de 1924 na Semperoper de Dresden baixo a dirección de Fritz Busch.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A ópera estreouse o 4 de novembro de 1924 na Semperoper de Dresden baixo a batuta de Fritz Busch, cun decorado que reproducía a casa de Strauss en Garmisch-Partenkirchen. A súa primeira representación en Viena realizouse en xaneiro de 1927,[1] mentres que a primeira produción profesional nos Estados Unidos non se realizou ata 1984, cando foi representada nunha tradución ao inglés na Santa Fe Opera.[2]

A historia describe de xeito ficticio ao propio Strauss (baixo o nome "Robert Storch") e a súa dona Pauline de Ahna (como "Christine"),[3] e baséase nun incidente da súa vida matrimonial. A temperamental Pauline non coñecía o argumento da ópera ata que asistiu á primeira representación. Cando Lotte Lehmann, a célebre soprano que a estreou, felicitou a Pauline polo marabilloso agasallo que lle fixera o seu home, esta respondeu que lle daba igual.[4] A música máis coñecida desta ópera corresponde aos interludios orquestrais entre escenas.

Hugo von Hofmannsthal, o seu libretista daquela época, negouse a traballar na ópera e suxeriulle a Strauss que escribise el mesmo o libreto; tralo rexeitamento de varios escritores, que encontraban delicado escribir unha historia baseada nun conflito real da parella, o compositor acabou por redactalo. Por esta razón, o libreto está en prosa en lugar de en verso e emprega variantes dialectais nalgúns personaxes.

O título da ópera fai referencia aos Intermezzi, representacións cómicas breves que se intercalaban nos descansos da ópera seria durante o século XVIII e que adoitaban tratar conflitos matrimoniais ou enredos lixeiros.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só dúas representacións no período 2005-2010.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 4 de novembro de 1924
(Director: Fritz Busch)
Christine Storch soprano Lotte Lehmann
Robert Storch, seu home, un director de orquestra barítono Joseph Correck
Anna, súa criada soprano Liesel v. Schuch
Franzl, seu fillo de 18 anos papel falado
Barón Lummer tenor Theo Strack
O notario barítono Robert Büssel
Súa muller soprano Elfriede Haberkorn
Stroh, outro director de orquestra tenor Hanns Lange
Un conselleiro comercial barítono Ludwig Ermold
Un conselleiro legal barítono Adolph Schoepflin
Un cantante baixo Willy Bader
Fanny, a cociñeira de Storch papel falado Anna Bolze
Marie e Therese, criadas papeis falados Erna Frese
Resi, unha rapaza nova soprano

Argumento[editar | editar a fonte]

Lugar: Viena e Grundlsee durante o inverno de 1920.

O director de orquestra Robert Storch está a piques de dirixir un concerto unha noite. Christine, a súa dona, séntese pouco apreciada e non lle gusta o feito de que o traballo do seu home o manteña arredado dela todas as tardes. Christine vai a un centro turístico de inverno onde coñece ao Barón Lummer, co que flirtea. O Barón Lummer resulta ser un nobre sen recursos en busca dun empréstito. Nese momento, Christine recibe unha carta aparentemente dirixida ao seu home, e ábrea, descubrindo que é unha carta de amor que lle enviou unha moza, Mitzi Meyer. Christine está furiosa e decide divorciarse de Storch.

Robert e os seus amigos, incluíndo o director Stroh, xogan as cartas unha tarde e falan da personalidade voluble de Christine. Christine envía unha carta a Robert para dicirlle que o abandona. Ela visita a un notario para conseguir o divorcio. No entanto, o notario sospeita que a verdadeira motivación é a súa relación co Barón Lummer. Stroh e Storch finalmente descobren que Mitzi Meyer confundira os seus nomes e que en realidade a carta ía dirixida a Stroh. Christine é informada da confusión e ela e Storch reconcílianse.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Strauss require da utilización de:

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Elenco:
Christine Storch,
Robert Storch,
Anna,
Baron Lummer
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[6]
1963 Hanny Steffek,
Hermann Prey,
Gertrud Freedman,
Ferry Gruber
Joseph Keilberth,
Orquestra e Coro da Bayerische Staatsoper
VHS Video Casete: Lyric Distribution (Legato)
Cat: 1818;
DVD Video: Legato Classics[7]
1980 Lucia Popp,
Dietrich Fischer-Dieskau,
Gabriele Fuchs,
Adolf Dallapozza
Wolfgang Sawallisch,
Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks
CD de son: EMI Classics
Cat: 7 49337-2
1983 Felicity Lott,
John Pringle,
Elizabeth Gale,
Ian Caley
Gustav Kuhn,
London Philharmonic Orchestra
VHS / DVD? Video: Kultur
Cat: CVI 2024

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Intermezzo". Time, 27 January 1927". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  2. Bernard Holland, "Strauss' Intermezzo at Santa Fe Opera". The New York Times, 6 August 1984
  3. Griffel, Margaret Ross, Review of Norman Del Mar's Richard Strauss: A Critical Commentary on His Life and Works. Volume 2: Notes (2nd ser.), 27(4), pp. 726-726 (1971)
  4. Norman Del Mar, Richard Strauss: A Critical Commentary on His Life and Work, Volume 2. Cornell University Press (Ithaca, New York; 1986), p. 262.
  5. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 
  6. Gravacións de Intermezzo en operadis-opera-discography.org.uk
  7. Beth Hart, Reviews of video releases of Intermezzo. The Opera Quarterly, 15(3), pp. 608-612 (1999)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Del Mar, Norman, Richard Strauss: A Critical Commentary on His Life and Work, Vol. 2. Ithaca, Nova York: Cornell University Press, 1986)
  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]