La Fille du régiment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Fille du régiment
A Filla do rexemento
Forma Ópera cómica
Actos e escenas 2 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libreto Francés
Libretista Jean François Bayard e J.H. Vernoy de Saint-Georges
Fontes literarias Unha obra de Gollmick.
Estrea 14 de febreiro de 1840
Teatro da estrea Opéra-Comique
Lugar da estrea París
Duración 1 hora 15 minutos[1]
Música
Compositor Gaetano Donizetti
Personaxes

A marquesa de Berkenfield (mezzosoprano)
Marie (soprano)
A duquesa de Krackenthorp (papel falado)
Sulpice (barítono)[2]
Tonio (tenor)
Hortensius (barítono)[3]
Un notario (papel falado)
Un oficial (barítono)

La Fille du régiment (en galego, A filla do rexemento) é unha ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en francés de Jean François Bayard e J. H. Vernoy de Saint-Georges, baseado nuna peza de Gollmick. Foi estreada o 11 de febreiro de 1840 na Opéra-Comique de París. Unha versión lixeiramente diferente en italiano (en tradución de Callisto Bassi: La figlia del reggimento) foi adaptada aos gustos do público italiano.

Esta obra segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 76 entre as 100 óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a número 31 en Italia e a cuarta de Donizetti, con 53 representacións.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 11 de febreiro de 1840
(Director: Gaetano Donizetti)
Marie, unha vivandière soprano de coloratura Giulietta Borghese
Tonio, un xove tirolés tenor Mécène Marié de l'Isle
Sargento Sulpice baixo Henry Deshaynes ("Henri")
A marquesa de Birkenfeld contralto Marie-Julie Halligner ("Boulanger")
Hortensius, un carniceiro baixo D. Delaunay-Ricquier
Un cabo baixo Georges-Marie-Vincent Palianti
Un campesiño tenor Henry Blanchard
A duquesa de Krakenthorp papel falado Marguerite Blanchard
Un notario papel falado Léon
Soldados franceses, pobo tirolés, sirvientes domésticos da duquesa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.
  3. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: