Mezzosoprano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teclado de piano indicando a tesitura de mezzosoprano.

A mezzosoprano é a voz intermedia entre a soprano e a contralto. O termo emprégase tamén como sinónimo para a persoa que canta con esa voz. A mezzosoprano presenta maior extensión na rexión media-grave. Ao igual que as demais voces adoita denominarse co termo italiano. Salientar que independentemente do termo, mezzosoprano pode ter grandes extensións [1] e a tesitura é particular. Un bo exemplo é a lendaria María Malibrán que cantou papeis de soprano coloratura e de contralto, e acredítase que o seu rexistro abarcaba dende un Re2 ao Sol5. Esta denominación vén da lingua italiana mezzosoprano (medio soprano ou máis alto).

É unha voz de timbre rotundo e algo máis grave que a da soprano. O seu rexistro esténdese dende un La3 a un Fa5 (segundo o New Harvard Dictionary of Music). Porén, a tesitura varía moito segundo o matiz individual de cada papel. Unha mezzosoprano pode cantar algúns papeis de soprano ou de alto, mais o que diferencia a unha mezzo dunha soprano ou unha alto é a cor da voz.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Dentro da voz de soprano atopamos tres rexistros:

Notas[editar | editar a fonte]