Wolfgang Amadeus Mozart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mozart")
Wolfgang Amadeus Mozart
Wolfgang-amadeus-mozart 1.jpg
Wolfgang Amadeus Mozart, retrato póstumo, obra de Barbara Krafft, 1819.
Nome completo Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart
Data de nacemento 27 de xaneiro de 1756
Lugar de nacemento Salzburgo Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svgSacro Imperio Romano Xermánico
Data de falecemento 5 de decembro de 1791
Lugar de falecemento Viena Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg
Instrumento(s) piano, clavicémbalo, violín
Composicións máis destacadas comprende 626 opus, codificadas con un número do 1 o 626 precedido polo sufixo KV.
Parella/s Constanze Mozart
Wolfgang Amadeus Mozart Signature.svg

Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart máis coñecido co nome de Wolfgang Amadeus Mozart, nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea.

A obra mozartiana abarca todos os xéneros musicais da súa época e alcanza máis de seiscentas creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión universais.

Na súa nenez máis temperá en Salzburgo, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e do violín. Con tan só cinco anos xa compuña obras musicais e as súas interpretacións eran do aprecio da aristocracia e realeza europea. Aos dezasete anos foi contratado como músico na corte de Salzburgo, pero a súa inquietude levoulle a viaxar en busca dunha mellor posición, sempre compondo de forma prolífica. Durante a súa visita a Viena en 1781, tras ser despedido do seu posto na corte, decidiu instalarse nesta cidade onde alcanzou a fama que mantivo o resto da súa vida, a pesar de pasar por situacións financeiras difíciles. Nos seus anos finais, compuxo moitas das súas sinfonías, concertos e óperas máis coñecidas, así como a súa Réquiem. As circunstancias da súa temperá morte foron obxecto de numerosas especulacións e elevada á categoría de mito.

En palabras de críticos de música como Nicholas Till, Mozart sempre aprendía vorazmente doutros músicos e desenvolveu un esplendor e unha madurez de estilo que abarcou desde a luz e a elegancia, á escuridade e a paixón -todo ben fundado por unha visión da humanidade «redimida pola arte, perdoada e reconciliada coa natureza e o absoluto»-.[1]A súa influencia en toda a música occidental posterior é profunda; Ludwig van Beethoven escribiu as súas primeiras composicións á sombra de Mozart, de quen Joseph Haydn escribiu que «a posteridade non verá tal talento outra vez en cen anos».[2]

Índice

[editar] Traxectoria

W.A. Mozart foi o neno prodixio por excelencia, como compositor e como intérprete. Aos catro anos recibe leccións de música do seu pai, Leopold, e aos cinco escribe as súas primeiras obras. Con oito compón as primeiras sinfonías e con doce as óperas. O seu pai exhibiuno polas principais cortes europeas, e nestas viaxes coñecerá a Haydn e os músicos de Mannheim. En 1769 entrou ao servizo do arcebispo de Salzburgo, pero a personalidade de Mozart non estaba feita para servir a unha persoa en concreto. O seu espírito liberal chocou cunha sociedade que se resistía a abandonar o Antigo Réxime. Morreu con trinta e cinco anos e foi enterrado nun foxo común.


[editar] Características da súa obra

Mozart 1789

Resume a tradición contrapuntística alemá, o melodismo italiano e as conquistas técnicas de Haydn e dos sinfonistas de Mannheim. Foi innovador nas formas e no contido, gozou dunha marabillosa inspiración melódica e foi atrevido na harmonía. Empregou o cromatismo coma elemento de tensión. Nas súas últimas obras, atópase un brote emocional que semella querer emanciparse do Clasicismo.

[editar] Obras

[editar] Óperas

Cultivou a ópera seria, a ópera cómica e o singspiel. Na ópera cómica realizou un fondo estudo psicolóxico dos personaxes humanizándoos. Dentro do singspiel destacan O rapto no serrallo e, sobre todo, A frauta máxica, a translación dos valores da Ilustración e da masonería ao teatro musical. Na ópera cómica destaca a colaboración do libretista Lorenzo da Ponte, froito disto foron As vodas de Fígaro, Così fan tutte e Don Giovanni. La clemenza di Tito é o exemplo máis acabado de ópera seria italiana.

[editar] Sinfonías

Mozart experimentou unha considerábel evolución dende a primeira sinfonía (escrita con oito anos) ata a corenta e un Xúpiter (con trinta e dous). Foise despegando das convencións da época até desenvolver un estilo persoal. A expresividade das seis últimas anúncianos que o Romanticismo non tardará en chegar. Mozart deulle unha personalidade propia aos instrumentos de vento, particularmente ao clarinete.

[editar] Concertos

Mozart adoptará xeralmente unha estrutura tripartita: un primeiro movemento con forma sonata, un movemento lento, e un rondó final. O instrumento para o que máis compuxo este xénero foi o piano (el mesmo interpretaba a parte solista, ademais: o seu virtuosismo no estaba ao alcance de calquera), pero tamén o fixo para violino, para trompa ou para clarinete.

[editar] Notas

  1. Till, p. 320
  2. Robbins Landon, p. 171

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas