Carl Nielsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nielsen

Carl August Nielsen, nado o 9 de xuño de 1865 e finado o 3 de outubro de 1931, é un dos meirandes compositores clásicos de Dinamarca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nielsen naceu en Sortelung, unha vila próxima a Odense. Aínda que a súa familia era relativamente pobre, Carl puido estudar violin e piano. Aprendeu tamén a tocar diversos instrumentos de vento grazas ao seu traballo nunha banda militar de Odense. Estudou violín e teoría da música no conservatorio de Copenhaguen mais nunca tomou clases de composición. A pesar diso, empezou a compoñer. O 10 de abril de 1891, Nielsen casou coa escultora danesa Anne Marie Brodersen. A súa primeira sinfonía estreouse o 14 de marzo de 1894 sen maior éxito. Non obstante, a mesma obra obtivo un grande éxito cando se interpretou en Berlín en 1896. A partir daquela, a súa sona comezou a medrar. Seguiu a tocar o violín no Teatro Real de Copenhaguenn até 1905, data na que atopou editor para as súas composicións. A partir de 1916 empezou a dar clases no Conservatorio Real Danés de Copenhaguen, traballo no que continuou até o seu pasamento.